domingo, 26 de junio de 2011

Pedregal II

Os límites.

Aínda que o teñamos por titulo desta entrada, o certo é que non están consignados en ningún documento. Así como os lugares de Carballido, As Cortes, Sisalde, Maguxe, Ortoño, A Condomiña e incluso dun xeito moi esquemático Lapido, teñen todos a través da documentación descricións dos seus límites, sen embargo o Pedregal é un dos lugares que non o ten. A razón debeu ser que como dentro do seu contorno había agros e terras de distintos dominios e ningún deles mencionou características comúns do dito lugar. De todos os xeitos xuntando os bens de todos eles, o nome dos agros e fincas pertencentes ó Pedregal sáenos o plano xa mostrado.

O Pedregal estaba enclavado entre outros lugares dos que hoxe xa non existe moito acordo dalgún. Referímonos o lugar do Sisto. O Sisto interpretase hoxe polos seus moradores como unha parte do Pedregal, e deste xeito seguramente se ven considerando dende xa hai máis de dous séculos, ó non ser mencionado no arquivo parroquial.

O límite sur do Pedregal era o camiño real de Santiago a Muros e Noia. Este camiño perdeuse hoxe e pasaba cerca do actual tanatorio situado na rúa Fontaldeiro. Ó sur deste camiño real estaban os agros de Fontaldeiro que pertencían o lugar do Sisto e que supoñían unha illa en medio do Pedregal e Carballido.

Polo leste, estaban os lugares de Bertamiráns que lindaba pola zona de Chavian. Subindo aparecía o pequeno casal do Sisto, abrazando o Pedragal e separándoo de Bertamiráns e o Casal xa un pouco máis o norte. Na parte máis setentrional limitaba co lugar de Castrigo. O resto son os límites que o dividen dos lugares das parroquias do Ánxeles e Brión pertencentes o veciño concello de Brión. Estas fronteiras tiráronse da demarcación municipal. Sen embargo puidera non ter sido deste xeito no pasado.
A avenida da Maía en Bertamiráns, é en un bo treito parte do lugar de Pedregal, máis concretamente dende Chavian ata o cruce da rúa que ven do centro medico. De alí ata o Tremo, na parroquia dos Ánxeles, ven sendo a dívisión entre Pedregal e Carballido. Bertamiráns empeza de Chavian cara abaixo. Foto: http://www.panoramio.com/user/830935?with_photo_id=27504455


No inventario do conde de Altamira no preito cos veciños de Ortoño a mediados do s. XVIII, afirmábase que xa nos Chanciños do monte do Marante era onde confluían as parroquias de Ortoño, Ánxeles e Brión, dando a entender que daquela o Pedregal e por tanto Ortoño neste punto era menos extenso que na actualidade. No s. XIX todo o monte do Marante, Montelle e a Revolta do Cotón, que viñan sendo monte abertos e comunais repártense entre os veciños, iso si, despois de varios preitos sobre o asunto cos veciños dos Ánxeles e Brión. Quizais coincidindo a formación dos concellos, os veciños do Pedregal anexionaran as súas toxeiras nas parroquias veciñas ó seu novo concello.

lunes, 20 de junio de 2011

Pedregal I

Mostramos por primeira vez a cartografía e toponimia do lugar de Pedregal, pertencente como non podía ser de outra forma a parroquia de San Xoán de Ortoño.


Este é un lugar peculiar xa que nel entraban dende antigo varios dominios dos cales o máis importante era o conde de Altamira. De feito gran parte dos topónimos atopados foron contrastados co prorrateo de renda do foro do conde.

Pero sen dubida o aquel máis interesante é comprobar como non todo o que semella ou parece Bertamiráns era aquel lugar.

É certo que Bertamiráns é grande pero non tanto...


Cartografía do lugar de Pedregal. As casas, camiños e agras son as que ainda había a mediados do s. XX. Hoxe a metade sur, ó longo da Avenida da Maía, está moi edificada.
 
Topónimos:  

Normal. Topónimos do catastro
Cursiva: engadidos do prorrateo de 1931

1 Agro dos Paramos
2 Brañas do Pumariño, ou Pumariño
3 Brea ou Lameiras
4 Cacharelo do Marante
5 Cacharelo do monte
6 Chanciños
7 Chanciños do monte do Marante
8 Chavian
9 Chavian de afora
10 Codeseira
11 Cotón
12 Fonte de Moutelle
13 Gatañeira
14 Horta do Piñeiro
15 Horta dos Cobos
16 Lagos
17 Monte do Marante
18 Monte
19 Montelle
20 Montelle de abaixo
21 Montelle de arriba
22 Paloma
23 Pedregal
24 Revolta do Cotón
25 Riba da fonte
26 Sobre das Cortiñas
27 Sobre Montelle
28 Soutiño
29 Tras do Cotón

martes, 14 de junio de 2011

Apéndice documental IX

1843 Acordo do veciños para facer un prorrateo do lugar de Sisalde e a Cachela.

Velaquí a copia da acta feita para a contratación dun prorrateo de renda do lugar de Sisalde no ano 1843. Os veciños xuntáronse para facer un prorrateo como o das Cortes, dándolle o traballo a Jacobo Martínez de Babenzo, en Bastavales. Como se pode ver a ortografía deixa moito que desexar.


Comezo do prorrateo dos bens do Cabildo en Sisalde.

En el lugar de Sisalde parroquia de San Juan de ortoño a los veinte seis dias del mes de diciembre año de mil ochocientos cuarena y tres por ante los testigos que abajo firman parecieron presentes todos los vecinos del lugar de Sisalde y los de afuera del lugar que poseen bienes en dicho lugar de Sisalde y son los exibidos siguientes Manuel Calbo, Fernando Martinez, Maria Antonia Martinez, Manuela Miguez, Dominga Martinez, Manuela Miguez, Dominga Martinez, Angela Sardiña, Maria Josefa Berde, José García, Jose Miraso, José do sebe, Maria Pazos, Tereda Pachon, Manuela Rey, Gabino Amigo, Juana Bilanoba, Ramon Bilanoba, Visenta Garcia, y sus hermanas, Manuela Bareyro, Franco Sardiña, Bernarda Trasmonte, Manuel Pazos, Andres Nuñez, Pedro Alvarez, Manuela Blanco, Benito TrasMonte, Antonio Fernandez, ..... Mariño das Cortes, Manuel Tores, Baltasara Nuñez, estos todos guntos y ..... eligieron por perito A Jacobo Martinez vecino del lugar de Babenso parroquia de San Julian de Bastabales para poretear el foro del selintisimo señor Conde de Altamira y los de la Cachela y del Cabildo cada foro sobre si son quatro foros y dicho perito pondera un cupo a cada endibido con la pinsion a cada piesa y senbradura y confines dibiran dichos foros los visinos Aconpañados con el perito presentando apeo o documientos para de bidirlos y dicho perito lo agustamos a quatro rrº y quartillo por ferado de renta y el que cante las demoras al perito las pagara al otro dia / las dibisiones de los foros no cobrara de Mora ningunas el perito a dibidirlos y las ba..es las pondera el perito acompañados con las partes, y dicho porateyo sera me...ado de la misma echura del porateyo del lugar das Cortes que sirbira de plan para dicho perito y dicho porateyo se dara echo para la primera renta del año de mil ochocientos quarenta y quatro y principiando en el mes de enero En los principios y firman los que saben y por los que no saben firma uno de los tistigos que los fueron Bisente Nuñez Jacobo Bilas Simon de Castro vecinos del lugar de Babenso de la parroquia de San Julian de Bastabales en dicho dia mes y año de su otorgamiento = A ruego de mi madre Ramon Gerpe, A rruego de Andres Nuñez, Ramon Gerpe, por mi madre, Manuel Vidal, Manuel de Pazos, Josef Miraso, Jose Salaño, Jose do sebe, Juan Tramonte, A ruego de Gavino Amigo Ramon Gerpe, A ruego de mi abuela Felipe Pedro, A ruego de Maria Antonia Martinez Jose Vidal, Pedro Alvarez, Angel Sardiña, A ruego de Manuel ori.. Josef Mirazo, Ramon Vilanova, Fernando Martinez, Jacobo Martinez, Manuel do Pazo, A ruego de los que no saben Vicente Nuñez, Simon de Castro, Jacobo de Vilas.

lunes, 13 de junio de 2011

Sisalde V

De Sisalde non temos moitos datos no s. XVIII. Sabemos, iso si, que ó igual que a gran parte da parroquia os seus veciños foran denunciados a mediados de século por estar ocupando bens do conde de Altamira sen ningún título. Estes bens eran a metade do lugar, xa que a outra metade era propiedade do Cabildo compostelán.

Sen embargo a pesar de non ter chegado a atopar os novos instrumentos respecto a propiedade, sabemos que aló menos os foros do condado foron renovados cara 1757. Os do Cabildo seguramente tamén se renovaran, xa que coincidirían cos que se fixeran para os lugares das Punxeiras, tamén de aquel dominio.

Estas renovacións e aumento de renda foron seguramente as últimas feitas sobre todos aqueles bens. O réxime de foros empezou a caer, na nosa bisbarra cara o segundo terzo do s. XIX, sen ter esperado a lei de desamortización de 1926. De todos os xeitos os bens do Cabildo xa foran desamortizados cara mediados do s. XIX.
Copia de unha redención de un ben de orixe eclesiástico, con motivo das desamortizacións dos bens da Igrexa.

Sisalde e os seus veciños son un bo exemplo neste eido, habida conta das habilidades mostradas para saír o mellor parados posible de estes procesos.

Polos prorrateos de Sisalde de 1843, o lugar estaba dividido pro indiviso entre os dous dominios, ou aló menos estaba tan partido e mesturado que as mesmas partidas aparecen en ambos repartos de renda, iso si, con unha baremación diferente para cada foro. Os veciños, pedíronlle o perito agrícola que lles confeccionou estes instrumentos, que introducise todas as casas do lugar, cos seus bens anexos, ou sexa, hortas, palletes, cortes, etc, no foro e prorrateo do Cabildo. Deste xeito asegúranse a súa adquisición e liberdade definitiva, xa que os bens eclesiásticos ó ser desamortizados poderíanse redimir como bens propios.

domingo, 12 de junio de 2011

Libro de Fundacións XXII

Vixésimo segunda fundación.




30 de abril de 1702.



Juan de Trayglesia, veciño de Lapido, e fillo que fora de Antonio de Trayglesia, defunto xa en 1702, achegase a reitoral de Ortoño a impoñer unha misa que deixara seu pai. Esta, era unha máis das condicións postas nas concordias ou capitulacións matrimoniais que fixera ó tempo do casamento dos seus fillos Juan e Antonia que o fora nun matrimonio dobre, ou sexa, os conxugues eran familiares entre si, con case toda seguridade irmáns. Soamente coñecemos o nome do marido de Antonia que o era Domingo Rodríguez de Mourigade, veciño de aquel lugar da parroquia de Bugallido.


Antonio de Trasyglesia, fixera o documento en novembro de 1668 ante Martín Fernández de Pazos, notario de Santiago, na que fixo a mellora en terzo e quinto dos seus bens, ó seu fillo Juan, sobre terreos sitos en Lapido, Punxeiras altas e Capeáns, lugar da feligresía de San Estevo de Cobas.

Para que aquela escritura, que obrigaba os seus herdeiros, tivese efecto había que cumprir tódalas condicións, e entre elas estaba a dicirlle unha misa perpetua pola alma do finado.

Non sabemos a data da morte de Antonio, pero é de supoñer que fora anos antes de 1702. De tódolos xeitos a fundación cumpriuse durante máis dun século en xentes que non eran de Lapido, pero si de lugares máis achegados ós bens hipotecados, signo de seren eles os novos posuidores de tales fincas.

domingo, 5 de junio de 2011

A emigración en Ortoño IV

Xa temos falado en outras ocasións como a historia da emigración na nosa parroquia, e en xeral no val da Maía, é un continuo vir e ir de persoas. Así a Maía foi receptora de xentes de outras partes de Galicia, e tamén de aquí partiron moitas veces as mesmas ou os seus descendentes para outras partes.


Xa dende finais do s. XVIII, pero sobre todo no XIX, detectase unha chegada de xentes dende as terras altas do río Tambre e tamén dende outras comarcas ó norte deste río a zona do suroeste de Santiago, máis concretamente o val do Sar. Coincidían aquelas migracións con tempos moi malos. Os anos malos para o agro, a situación de inestabilidade económica e política, en medio das guerras carlistas e gavillas de bandoleiros, chegaron a encher Santiago de pobres cara a metade do século. Moitos viñeron como caseiros ou arrendados de veciños do val. Outros chegaron a emparentar con xentes naturais do val. Deste xeito chegaron ata hoxe moitos apelidos orixinarios de outras comarcas.

Sen embargo, houbo outros grupos de emigrantes chegados ás nosas terras de outras partes máis lonxanas. Referinos nesta ocasión dos maragatos que deixaron tamén o seu rastro en Ortoño. Os maragatos son orixinarios da comarca leonesa da Maragatería, antes chamada da Somoza, sendo a súa capital a cidade de Astorga. Unha das posibles explicacións o seu nome podería vir de que os somozanos foran durante moito tempo arrieiros ou carreteiros, de pescado salgado dos portos galegos (Mar) cara as cidades do interior, sobre todo a Madrid (Gatos). Así o seu nome significaría do mar ós gatos, quedando maragatos. Sen dubida, deberon ter traballado moitos outros xéneros e mercadorías, como a roupa e os panos, de xeito que aínda hoxe quedou en Ortoño o nome de Paneiros.

Vista actual de Astorga. http://enxebreordedavieira.blogspot.com/2010/06/diario-de-una-pareja-de-peregrinos_24.html

Parece que deberon facer a ruta dos portos de Muros e Noia cara Santiago e despois cara Ourense, o que os obrigaba a atravesar a Maía pola parroquia de Ortoño. Xentes de aquelas latitudes, asentáronse as veces ó longo dos camiños que andaba, como sucedeu por exemplo ca familia de Melchora de la Losa, filla de Esteban e de María Ysabel Peral veciños de Santa María de la Asunción de Quintanilla de la Cuesta, no actual axuntamento de Truchas, comarca de La Cabrera, lindante con la Maragatería, que se asentou no lugar de Lapido. En 1887 Melchora se casa con un ortoñés, Domingo Cordero, veciño igual que ela de Lapido.

De todos os xeitos, moitas veces non se atopa acougo ou boa sorte nun novo lugar, xa que Domingo e Melchora remataron emigrando de novo, desta volta a Arxentina, onde tiveron, ó parecer, gran descendencia.