domingo, 14 de marzo de 2010

As xurisdiccións antigas na Maía X

Remate
Para rematar este tema no blog de historia de Ortoño e a Maía como a súa comarca, engadiremos os territorios que faltaban da antiga xurisdicción de Altamira, e deste xeito poderemos mostrar a cartografía conxunta da Maía e Altamira no antigo réxime.




Parroquias da Luaña e Cornanda


Eran tamén de Altamira as parroquias de San Xulián da Luaña e o seu anexo Santa María de Cornanda, no extremo oeste da bisbarra e na conca do río Tambre polo que son bañadas. Nestas parroquias tiñan moitos bens dende antigo o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, pero os bens do conde superábanos polo que engadiría a terra da Luaña a súa xurisdicción de Altamira




Couto de Macedos, en Urdilde




Couto de Francos, en Calo.



Posuía o conde tamén outros dous coutos engadidos a Altamira, que eran o de Macedos en Santa María de Urdilde (parroquia da xurisdicción de Quinta, que era do arzobispo) e o máis importante de todos o de Francos en San Xoán de Calo (da x. do Xiro da Rocha, tamén do arcebispo). A importancia de Francos era que en este lugar celebrábanse tres grandes feiras das que hoxe aínda pervive a de San Martiño.

Deste xeito rematamos mostrando a cartografía completa das dúas xurisdiccións, que antes de agora xa fora publicada pero dun xeito moi deficiente como se pode comprobar.


Cartografía das xurisdicción de Altamira e Maía




Mapa das xurisdiccións publicado por Clodio González en Brión, historia, economía, cultura e arte. 1998



Segue a ser patente que Altamira era máis grande que a Maía pero, que esta tronzaba en varios anacos a xurisdicción dos condes. Ambas proveñen do moi antigo arciprestazgo da Maía e este do antigo parroquial suevo, que a súa vez era herdeiro do pobos prerromanos.


Arciprestazgo da Maía ata principios dos anos 80 do século pasado.


Vimos pois, como o territorio dividíase no eclesiástico en parroquias e arciprestazgos e no civil en coutos, e xurisdicións, que podían ou non coincidir, pero que de todas estas divisións a unidade básica viñan a ser os lugares ou aldeas. Estes tiñan donos que os agrupaban nos seus señoríos, e independentemente a esto grupos de lugares formaban no eclesiástico as parroquias, que son as entidades territoriais máis antigas.
Había veciños que vivindo na mesma parroquia eran vasallos de distintos señores. Tamén se daba que no eclesiástico pertencesen o arciprestazgo do Xiro da Rocha, como era o caso de Bugallido e Ortoño, pero no civil podían estar en Altamira, a Maía ou incluso no Xiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario