sábado, 29 de septiembre de 2012

Arreglo parroquial. (1854-1864)




Unha das nosas arelas é atopar e definilos límites parroquiais de Ortoño, así como os dos lugares que o forman. Deste xeito vimos como ó longo da historia, o coñecemento destes estivo en grande medida preservado na tradición oral e viva da xente, sendo escasos os documentos que os definían.
Polo momento non atopamos para a parroquia de Ortoño unha descrición pormenorizada de ata onde chega. Si atopamos novas da demarcación dos seus lugares a través dos documentos de foro que emitían os dominios que había. E semella que era o lugar e a súa extensión mellor definida o que se empregaba como unidade na articulación do territorio, pois é constante a definición da parroquia ó enumerar os lugares que a forman.
Este feito atopámolo no denominado “Arreglo parroquial” de entre 1854 e 1864 dado no arcebispado de Santiago. A situación da Igrexa a mediados do s. XIX mudara moito dende comezos do século. A abolición dos señoríos e as antigas xurisdición, a creación dos concellos e os partidos xudiciais, deixara obsoletas moitas das estruturas que vertebraban o territorio. Así as parroquias por mor dos dominios que posuían o territorio arrastraban límites e demarcacións impostas por intereses herdados destes. Posteriormente a 1850, en que se firma un concordato entre España e o Vaticano, empézanse a separar e ter máis en consideración os aspectos espirituais e de comunidade parroquial, respecto os intereses territoriais que rexían anteriormente. Así había multitude de casos en que as parroquias tiñan formas estrañas, habendo aldeas moi alonxadas da igrexa parroquial, e sen embargo paradoxicamente cerca da outra igrexa da parroquia veciña. Aquel arranxo parroquial da década dos 50-60 do s. XIX intentou facer unha redistribución da poboación con respecto os centros de culto, de xeito que se aliviasen os inconvintes de esta alonxados.
Aínda que a idea era boa, e que se fixo partindo de toma de datos previas realización de enquisas, o tal “Arreglo parroquial” non veu a gustar moito no animo de moitos feligreses. Así, en moitas parroquias que se propoñían un cambio, sobre todo unha perda de unha aldea a favor da parroquia veciña, comezaba unha serie de protestas e apelacións ó arcebispo rebatendo as razóns do cambio. En outros casos desestimáronse os cambios, sen semellar ter sido postos en coñecemento dos feligreses, e outras veces prosperaron.
Na Maía mudaron límites, como en Cobas e nos Ánxeles, pero en Ortoño as súas fronteiras centenarias permaneceron inalteradas por este cambio, pero por moi pouco. No proceso, antes de nada, fixéronse averiguacións de distancias, e tamén se lle pediu a opinión dos párrocos, pois supoñiase que estes tiñan un bo coñecemento do terreo. Isto é o que nos di o párroco dos Ánxeles da súa parroquia:

“Angeles, Santa María y San Salvador de Bastavales de provisión en concurso; dista un cuarto de legua las iglesias y compone el curato 1510 almas en la extensión de media legua y hay ademas en un extremo de la principal junto a los baños del Tremo la capilla de la Guadalupe.
Propone este cura que se le agregen los lugares de Carballido, Castrigo, Pedregal y Casaliño pertenecientes a Ortoño, de cuya yglesia distan mucho, y se hallan incomunicados por la interposición de un río...”

Non debeu comunicar o cura dos Ánxeles o seu parecer ó de Ortoño, porque este non debía saber nada, para cando se escribe a reseña a Ortoño:

Ortoño, San Juan
Parroquia de 1200 almas, urbana de entrada y de presentación del conde de Altamira. Segregamos de ella y unimos a la de los Angeles algunas aldeas cuya comunicación con la parroquia de Ortoño es interumpida por un río. Ascribimos dos sacerdotes y establecemos un coadjutor con 2000 reales. Señalamos al párroco 5500 reales de dotación y 1000 para el culto.

A verdade e que esta nova non debeu facerse publica. Tan pronto como a debeu saber o cura de Ortoño desestimouse o proxecto. Xa que posteriormente a parte “Segregamos de ella y unimos a la de los Angeles algunas aldeas cuya comunicación con la parroquia de Ortoño es interumpida por un río.”, foi tachado.

Ortoño, o cabo, quedou intacta, a pesar do cura dos Ánxeles. Ós Ánxeles tentáronlle tamén segregar Gundín e Cabanelas a favor da parroquia de Boullón, pero neste caso foron os veciños os que non quixeron. Sen embargo suprimiuse o anexo do Divino Salvador de Bastavales dividíndoa entre os Ánxeles e San Xulián de Bastavales. Os Ánxeles fíxose máis grande, pero o seu cura perdeu o Anexo.

sábado, 15 de septiembre de 2012

Un ortoñes en Ribeira no s. XIX.


Don Manuel Antonio Vilacova García (Párroco de San Paio de Carreira do 1849 ó 1884).

Tratase de Manuel Antonio Vilacoba García, da casa de Ventura da Punxeira, que chegoua a ser párroco de San Paio de Carreira, no actual concello de Ribeira. A nova esta tirada do libro Historia de Carreira, de Javier Crugeiras Sampedro. Ed. Cardeñoso (Vigo) 2007:

Chegou á parroquia no mes de outubro do ano 1847 exercendo de cura ecónomo, e así estivo ata o ano 1849 no cal pasou a dirixir a mesma como párroco.
Era natural da parroquia de San Xoán de Ortoño (Ames). Mentres foi ecónomo viviu no lugar do Outeiro, e cando pasou a párroco arranxou a casa reitoral de Sampaio para irse vivir alí.
A este crego tocoulle vivir quizais dous dos peores intres da historia do pobo de Carreira, xa que durante o seu curato foi cando tivo un preito cos fregueses pola falla de pagamento dos tributos á Igrexa e máis cando se expandiu a epidemia de cólera por estas terras e que deixou na parroquia a cifra de 146 mortos.
Corrían os primeiros días do mes de xullo do ano 1854 cando comezaban a xurdir casos desta enfermidade no porto de Santa Uxía de Ribeira. De súpeto, o cólera estendeuse polas poboacións, atemorizando a tódolos veciños e deixando ó seu paso unha ringleira de cadáveres de toda condición social. Organizáronse por tódolos pobos procesións e rogativas co xeito de que serviran para deter as iras divinas. O cura Vilacova relatou así o dramático acontecemento no libro de rexistro parroquial :

«Peste del cólera morbo-asiático. Piadoso lector, no te asuste encabezar con este epígrafe las numerosas partidas que le siguen, antes bien adora los designios de la divina Providencia que para castigar los excesos e impiedad de los mortales aplica con rigor sobre los pueblos los males de guerras, hambres y peste: de los dos primeros estuvieron libres en los últimos años los pueblos de estas rías, pero Dios, para castigo de nuestros pecados y nuestra encomienda, nos mandó la terrible peste del cólera morbo-asiático, traído según se cree por un vapor de guerra que venía de La Habana al puerto de Vigo, en donde empezó a hacer estragos en sus alrededores y en toda la provincia de Pontevedra siguió durante la primavera de este año. A esta parroquia también le tocó su vez, empezando en el lugar de Castiñeiras, y los recorrió casi todos sin respetar clases, edades ni secsos. El Soberano Redentor en su infinita misericordia tenga piedad de los que sucumbieron al ataque de tan extraño y terrible mal, y liberte a los que sobrevivan de un castigo tan severo, horrible y angustioso, que apenas da lugar a recibir los Santos Sacramentos de Penitencia y Extremaunción. Vale».

Para uns meses despois, logo do caloroso e terrible verán que pasara, rematar de documentar a traxedia deste xeito macabro pero afortunado:

«Fin del cólera Morbo: Piadoso lector, en diez de setiembre terminaron las defunciones del terrible cólera morbo-asiático que, en corto espacio de tiempo, arrastró al sepulcro 146 víctimas de todo estado y condición, resultando haber fallecido de tan terrible enfermedad un nueve por ciento de la población de este pueblo, habiendo sido acometidas más de 600 personas. Debo decirte que, alarmados con tan funestos estragos, hemos salido en procesión por todos los lugares de la parroquia con las sagradas imágenes de Ntra. Señora del Rosario, Ntra. Señora de La Guía, San Pelayo y San Roque, y por último salió también Nuestro Divino Jesús Sacramentado, acompañados de centenares de afligidos que pedían misericordia. Por fin desde aquel día memorable que fue el siete de setiembre cesaron los casos fulminantes pereciendo solo los que ya casi estaban en la agonía. Ruega al Soberano Criador por el eterno descanso de tantos como sucumbieron a los rigores de tan terrible calamidad y que no vuelvan a repetirse días tan aciagos y funestos. Así te lo suplica este afligido cura párroco que tuvo la dicha de sobrevivir a tan funesta catástrofe. Carrª y Septiembre 24 de 1854».

Pero un ano antes, o outro episodio tráxico deste cura fora poñerse na contra dos humildes e traballadores veciños do pobo que se negaban a pagar os tributos á Igrexa en forma de oblatas, que eran os conceptos de pagamento ó párroco polos dereitos das misas de bautismos, casamentos e enterros, e que se correspondían basicamente en entregarlle ademais das cantidades de diñeiro correspondentes, outros espécimes tales como galiñas, aceite, millo, etc. Chegou a levalos a xuízo ata o xulgado de Noia, e ante a apelación destes, á Coruña, sendo as dúas causas perdidas polos fregueses de Carreira, tendo que cederen e voltaren a facer efectivas as devanditas taxas.
Foi o señor Vilacova un párroco que logo do seu pasamento non tivo unha boa lembranza dos veciños da parroquia, ó contrario do que pasara con algúns dos seus antecesores.

Fonte orixinal:
Fco. Javier Crugeiras Sampedro.
Historia de Carreira. Ed. Cardeñoso (Vigo). 2007.