lunes, 24 de diciembre de 2012

Libro de fundacións XLII

1 de febreiro de 1754



Cuadraxésima segunda fundación.

No inverno de 1754, Domingo Martínez veciño da Punxeira, cédelle a Francisco de Gosende, a súa vez veciño da Condomiña un anaco de terreo no paraxe da Tarroeira para que constrúa unha casa. Dóallo ca obriga de unha misa perpetua pola alma del a partir de cando morra.
A Tarroeira era ata aquel momento un monte pertencente a Punxeiras altas. Ó seu carón discorría o camiño real que ía de Santiago a Noia pasando pola ponte da Condomiña. É precisamente por este tempo, a mediados do s. XVIII cando empeza a habitarse.



domingo, 9 de diciembre de 2012

Libro de fundacións XLI


Cuadraxésima primeira fundación



1 de xaneiro de 1747.

Diego Antonio García e a súa muller María Rey, din que antes de agora, D. Carlos Bermúdez de Castro, por un codicilo que fixo a favor dela, cando era criada solteira ó seu servizo compensouna con varios bens.  Entre eles legoulle unha leira de un ferrado chamada “A horta” e unha casa terreña sita nas Punxeiras de arriba. Por todo isto impoñiase unha misa rezada por defuntos.
O tal D. Carlos casara en Ortoño a primeiros do s. XVIII con Dª Melchora González de Solís, veciña da Condomiña. Sen embargo a súa muller morreulle sen descendencia e en 1718 contraeu matrimonio con Dª María Suárez de Figueroa, natural de San Lourenzo de Agrón, precisamente de onde era Diego Antonio García, que veu casar con María Reyna a Ortoño en 1727. María Rey ou Reyna seguramente era unha orfa do Real Hospital de Santiago que se tería criado na parroquia de Ortoño e de moza entrou a servir a esta xente. Deste modo, e aínda antes de casar, D. Carlos déixalle uns bens nos que poder vivir a cambio de unha misa. Misa que por outro lado habíalle facer falla, xa que na década dos 20 do s. XVIII, este era o meriño e xustiza maior das xurisdicións de Altamira e Barcala, nomeado polo conde de Altamira, e fora deposto por goberno deplorable e malversación das contas.


domingo, 2 de diciembre de 2012

Historia do culto a Virxe Peregrina en Bertamiráns V



Comezos do s. XIX.

En 1801 morre D. Benito Piñeiro, o fundador e primeiro propietario da Granxa da Peregrina, como xa tiñamos dito. Dende 1790 fora un grande entusiasta da pequena capela que fundara e dotara na súa casa, e naquel período de tempo sempre pideu novos permisos para o culto nela. A súa dona Dª Cayetana Fernández Cordero, pontevedresa de orixe, mantivo o interese do seu defunto marido a lo menos ó principio.
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=3414&ctre=31
Dª Cayetana herda así ó seu home, na casa de Bertamiráns, e nas propiedades e casas que tiña en Santiago, entre elas unha nas inmediacións da Porta Faxeira. E en Santiago sería onde coñeceu o seu segundo marido, D. José Pedralves. Este era un oficial médico do Rexemento Provincial de Santiago, oriúndo da cidade de Barcelona que cara 1801 contaba con 25 anos de idade. Era fillo de D. Gervasio Brendell de Pedralvez e Dª Theresa Estapez del Mas. Sen embargo habían de pasar varios anos ata que casan en Ortoño en 1807, pero xa desta relación nacera en 1803 un fillo chamado José Leandro, que foi bautizado en Santa Susana sen quedar inscrita a súa partida.
D. Cayetana deixaría preferentemente de vivir en Bertamiráns, por gardar as formas da época. Seguramente o seu sentir fora o de regularizar todas estas cousas, pero o ser unha viúva tiña que manter as formas durante un tempo. Deste xeito atopase casada en 1807 con un neno de catro anos que acaba de lexitimar ó casar ela, pero do que tampouco podía dar a coñecer. Non é si non ata 1818 cando se inscribe a súa partida de bautismo en Ortoño, á que teñen que comparecer testemuñas e disposicións do provisor do arcebispado. É normal que nestes anos se perdera un pouco o interese pola capela da súa casa en Bertamiráns.
Contrasta moito, por exemplo, co caso da prima de Rosalía de Castro, Lauréana que tamén ó nacer seus pais non estaban casados sendo ó pouco tempo lexitimada. Pasoulle o mesmo o marido de Rosalía, Manuel Murguía. Sen embargo non sucedeu o mesmo con Rosalía. José Leandro foi lexitimado os catro anos e regularizado os seus papeis cando tiña 15. É un caso máis deste tipo de situacións dadas nesa época e que xiran en torno a persoaxe de Rosalía, xa que esta familia da Granxa de Bertamiráns tivo certa vinculación ca presunta familia paterna da escritora.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Historia do Culto a Virxe Peregrina en Bertamiráns IV


Novas sobre a fundación da capela da Virxe Peregrina, en Bertamiráns.

Velaquí un novo descubrimento sobre a capela da Peregrina, que bota un pouco máis de luz sobre as súas orixes.
Sabiamos que os fundadores desta, e do hoxe denominado pazo da Peregrina, non eran si non outros que D. Benito Piñeiro e Lago e a súa dona D. Cayetana Fernández Cordero, natural da cidade de Pontevedra de onde veu esta devoción.
Cara 1801 morre Benito e a súa dona viúva escribe ó arcebispo de entón, D. Rafael Muzquiz Aldunate, co animo de que lle manteña o culto na súa capela. Esta é a petición:


Excelentismo e Yllustrisimo Señor Arzobispo de esta Diocesis de Santiago.
Excelentisimo Sr.
Dª María Cayetana Fernández Cordero viuda de D. Benito Piñeyro y Lago, vecina de la parroquia de San Juan de Ortoño, con la debida beneración a Vuestra Excelencia expone que el Exmo. Sr. D. F. Sevastian Malvar, concedio el que pudiese celebrarse en una capilla que tiene en su casa de Bertamiráns distante cerca de media legua de la rectoral de la dicha de Ortoño, y separada por un río que en tiempos de invierno se toma el puente frecuentemente impidiendo toda comunicación por cuyos motivos la consintieron gustosos el Sr. cura párroco que fue en aquel entonces y el actual pensando aquel en hacer un anexo en este sitio para el debido socorro espiritual de que carecen en invierno una gran parte de sus feligreses, por la citada causa, por tanto y en atención citan relevantes motivos y no ser la exponente de un natural robusto para sufrir en lo demas del año los soles y las lluvias rendidamente suplica y espera de celo y bondad de Vuestra Excelencia se sirva ratificar la expresada licencia, para poder decir misa en dicha capilla en lo que recivira m. d. de V. Excª.
Su mas atenta servidora María Cayetana Fernández Cordero.

Efectivamente, en 1790, D. Benito Piñeiro doa catro ferrados de renda á Igrexa e pide que se consagre a capela, ca advocación de Nuestra Señora del Refugio, e se diga misa nela. É neste ano cando parece rematarse tanto a casa da granxa da Peregrina como a capela. O arcebispo Malvar dálle facultade o cura párroco para inspecionar a capela, consagrala e dicir nela una soa misa, e todo esto sen menoscabo do dereito parroquial. Naquel tempo o cura párroco non era si non D. Simón Antonio de Lago, o tío de D. Benito e por tanto familia del. Tanto é así, que esta familia compostelán pasaba grandes tempadas residindo co seu tío na reitoral de Ortoño. D. Benito mesmamente estudara para cura co animo de suceder a seu tío en Ortoño, pero co tempo acabou casando.
Esta familia tentou en máis ocasións aumentar as licencias sobre a súa capela. Así en 1793 conseguen que se puidera expoñer o Santísimo Sacramento despois de unha misa solemne, e repetilo ó seguinte ano.
En 1797 morre o seu protector, o párroco de Ortoño, e dous anos despois o seu sucesor  D. Vicente Duran e Varela, mantén unha posición conservadora respecto a esta capela. Da licenza a calquera cura para que diga misa nela os días festivos, pero só para que asistan a ela o propietario, a súa familia, e os seus invitados. Os demais feligreses quedáballes prohibido asistir, xa que non podían faltar á parroquial.
No mesmo ano da morte de Benito, este pide permiso para expoñer na súa capela unha reliquia que ten de San Simón apóstolo, do que posúe certificación dun cardeal de Roma. Ese permiso concedéselle en uns determinados días festivos, pero non sabemos se durante un ano ou máis tempo.
Sen embargo, a carta que lle manda Dª Cayeta

lunes, 5 de noviembre de 2012

Libro de fundaciones XL


Cuadraxésima fundación.

14 de novembro de 1740






Alberta de Lamiño, veciña do lugar de Lapido, había pouco que lle morrera o seu home Pedro Teiga. Este deixaralle os bens que tiña en Laraño, parroquia de onde seguramente procedía, a súa irmán María Teiga pola pensión de unha misa de fundación a San Pedro, ou na súa oitava.

O certo é que aínda que súa irmán María puido levar os bens de seu irmán en Laraño, quen comezou a paga foi a súa cuñada Alberta. Posteriormente entre 1773 e 1791 pagou Agustín de Tembra, veciño seguramente de Lapido, a onde aínda hoxe chegou o tal apelido.

O derradeiro cumpridor desta fundación foi Baltasar Lorenzo, que pagou ata 1827.

sábado, 13 de octubre de 2012

D. José Landeira Mouro


1940-1951


Na entrada de “Párrocos IV”, faciamos un pequeno resume dos curas que foran de Ortoño no século XX. Así puidemos aportar as fotografías de D. José Sanmartín Coto, a do seu sobriño D. José Sanmartín Chao, D. Juan Bueno Bueno e D. Manuel Campos Varela. Catro dos 37 párrocos, rectores e vicerrectores dos que temos novas dende o século XVI.

Hoxe damos a coñecer a fotografía de D. José Landeira Mouro. Sucedeu a D. José Sanmartin Chao cara 1940 e estivo en Ortoño toda a década dos cuarenta. O seu segundo apelido supoñiamos que era Moure confundidos pola súa particular caligrafía. A súa foto foi aportada amablemente por D José Feáns.


D. José Landeira Mouro

sábado, 29 de septiembre de 2012

Arreglo parroquial. (1854-1864)




Unha das nosas arelas é atopar e definilos límites parroquiais de Ortoño, así como os dos lugares que o forman. Deste xeito vimos como ó longo da historia, o coñecemento destes estivo en grande medida preservado na tradición oral e viva da xente, sendo escasos os documentos que os definían.
Polo momento non atopamos para a parroquia de Ortoño unha descrición pormenorizada de ata onde chega. Si atopamos novas da demarcación dos seus lugares a través dos documentos de foro que emitían os dominios que había. E semella que era o lugar e a súa extensión mellor definida o que se empregaba como unidade na articulación do territorio, pois é constante a definición da parroquia ó enumerar os lugares que a forman.
Este feito atopámolo no denominado “Arreglo parroquial” de entre 1854 e 1864 dado no arcebispado de Santiago. A situación da Igrexa a mediados do s. XIX mudara moito dende comezos do século. A abolición dos señoríos e as antigas xurisdición, a creación dos concellos e os partidos xudiciais, deixara obsoletas moitas das estruturas que vertebraban o territorio. Así as parroquias por mor dos dominios que posuían o territorio arrastraban límites e demarcacións impostas por intereses herdados destes. Posteriormente a 1850, en que se firma un concordato entre España e o Vaticano, empézanse a separar e ter máis en consideración os aspectos espirituais e de comunidade parroquial, respecto os intereses territoriais que rexían anteriormente. Así había multitude de casos en que as parroquias tiñan formas estrañas, habendo aldeas moi alonxadas da igrexa parroquial, e sen embargo paradoxicamente cerca da outra igrexa da parroquia veciña. Aquel arranxo parroquial da década dos 50-60 do s. XIX intentou facer unha redistribución da poboación con respecto os centros de culto, de xeito que se aliviasen os inconvintes de esta alonxados.
Aínda que a idea era boa, e que se fixo partindo de toma de datos previas realización de enquisas, o tal “Arreglo parroquial” non veu a gustar moito no animo de moitos feligreses. Así, en moitas parroquias que se propoñían un cambio, sobre todo unha perda de unha aldea a favor da parroquia veciña, comezaba unha serie de protestas e apelacións ó arcebispo rebatendo as razóns do cambio. En outros casos desestimáronse os cambios, sen semellar ter sido postos en coñecemento dos feligreses, e outras veces prosperaron.
Na Maía mudaron límites, como en Cobas e nos Ánxeles, pero en Ortoño as súas fronteiras centenarias permaneceron inalteradas por este cambio, pero por moi pouco. No proceso, antes de nada, fixéronse averiguacións de distancias, e tamén se lle pediu a opinión dos párrocos, pois supoñiase que estes tiñan un bo coñecemento do terreo. Isto é o que nos di o párroco dos Ánxeles da súa parroquia:

“Angeles, Santa María y San Salvador de Bastavales de provisión en concurso; dista un cuarto de legua las iglesias y compone el curato 1510 almas en la extensión de media legua y hay ademas en un extremo de la principal junto a los baños del Tremo la capilla de la Guadalupe.
Propone este cura que se le agregen los lugares de Carballido, Castrigo, Pedregal y Casaliño pertenecientes a Ortoño, de cuya yglesia distan mucho, y se hallan incomunicados por la interposición de un río...”

Non debeu comunicar o cura dos Ánxeles o seu parecer ó de Ortoño, porque este non debía saber nada, para cando se escribe a reseña a Ortoño:

Ortoño, San Juan
Parroquia de 1200 almas, urbana de entrada y de presentación del conde de Altamira. Segregamos de ella y unimos a la de los Angeles algunas aldeas cuya comunicación con la parroquia de Ortoño es interumpida por un río. Ascribimos dos sacerdotes y establecemos un coadjutor con 2000 reales. Señalamos al párroco 5500 reales de dotación y 1000 para el culto.

A verdade e que esta nova non debeu facerse publica. Tan pronto como a debeu saber o cura de Ortoño desestimouse o proxecto. Xa que posteriormente a parte “Segregamos de ella y unimos a la de los Angeles algunas aldeas cuya comunicación con la parroquia de Ortoño es interumpida por un río.”, foi tachado.

Ortoño, o cabo, quedou intacta, a pesar do cura dos Ánxeles. Ós Ánxeles tentáronlle tamén segregar Gundín e Cabanelas a favor da parroquia de Boullón, pero neste caso foron os veciños os que non quixeron. Sen embargo suprimiuse o anexo do Divino Salvador de Bastavales dividíndoa entre os Ánxeles e San Xulián de Bastavales. Os Ánxeles fíxose máis grande, pero o seu cura perdeu o Anexo.

sábado, 15 de septiembre de 2012

Un ortoñes en Ribeira no s. XIX.


Don Manuel Antonio Vilacova García (Párroco de San Paio de Carreira do 1849 ó 1884).

Tratase de Manuel Antonio Vilacoba García, da casa de Ventura da Punxeira, que chegoua a ser párroco de San Paio de Carreira, no actual concello de Ribeira. A nova esta tirada do libro Historia de Carreira, de Javier Crugeiras Sampedro. Ed. Cardeñoso (Vigo) 2007:

Chegou á parroquia no mes de outubro do ano 1847 exercendo de cura ecónomo, e así estivo ata o ano 1849 no cal pasou a dirixir a mesma como párroco.
Era natural da parroquia de San Xoán de Ortoño (Ames). Mentres foi ecónomo viviu no lugar do Outeiro, e cando pasou a párroco arranxou a casa reitoral de Sampaio para irse vivir alí.
A este crego tocoulle vivir quizais dous dos peores intres da historia do pobo de Carreira, xa que durante o seu curato foi cando tivo un preito cos fregueses pola falla de pagamento dos tributos á Igrexa e máis cando se expandiu a epidemia de cólera por estas terras e que deixou na parroquia a cifra de 146 mortos.
Corrían os primeiros días do mes de xullo do ano 1854 cando comezaban a xurdir casos desta enfermidade no porto de Santa Uxía de Ribeira. De súpeto, o cólera estendeuse polas poboacións, atemorizando a tódolos veciños e deixando ó seu paso unha ringleira de cadáveres de toda condición social. Organizáronse por tódolos pobos procesións e rogativas co xeito de que serviran para deter as iras divinas. O cura Vilacova relatou así o dramático acontecemento no libro de rexistro parroquial :

«Peste del cólera morbo-asiático. Piadoso lector, no te asuste encabezar con este epígrafe las numerosas partidas que le siguen, antes bien adora los designios de la divina Providencia que para castigar los excesos e impiedad de los mortales aplica con rigor sobre los pueblos los males de guerras, hambres y peste: de los dos primeros estuvieron libres en los últimos años los pueblos de estas rías, pero Dios, para castigo de nuestros pecados y nuestra encomienda, nos mandó la terrible peste del cólera morbo-asiático, traído según se cree por un vapor de guerra que venía de La Habana al puerto de Vigo, en donde empezó a hacer estragos en sus alrededores y en toda la provincia de Pontevedra siguió durante la primavera de este año. A esta parroquia también le tocó su vez, empezando en el lugar de Castiñeiras, y los recorrió casi todos sin respetar clases, edades ni secsos. El Soberano Redentor en su infinita misericordia tenga piedad de los que sucumbieron al ataque de tan extraño y terrible mal, y liberte a los que sobrevivan de un castigo tan severo, horrible y angustioso, que apenas da lugar a recibir los Santos Sacramentos de Penitencia y Extremaunción. Vale».

Para uns meses despois, logo do caloroso e terrible verán que pasara, rematar de documentar a traxedia deste xeito macabro pero afortunado:

«Fin del cólera Morbo: Piadoso lector, en diez de setiembre terminaron las defunciones del terrible cólera morbo-asiático que, en corto espacio de tiempo, arrastró al sepulcro 146 víctimas de todo estado y condición, resultando haber fallecido de tan terrible enfermedad un nueve por ciento de la población de este pueblo, habiendo sido acometidas más de 600 personas. Debo decirte que, alarmados con tan funestos estragos, hemos salido en procesión por todos los lugares de la parroquia con las sagradas imágenes de Ntra. Señora del Rosario, Ntra. Señora de La Guía, San Pelayo y San Roque, y por último salió también Nuestro Divino Jesús Sacramentado, acompañados de centenares de afligidos que pedían misericordia. Por fin desde aquel día memorable que fue el siete de setiembre cesaron los casos fulminantes pereciendo solo los que ya casi estaban en la agonía. Ruega al Soberano Criador por el eterno descanso de tantos como sucumbieron a los rigores de tan terrible calamidad y que no vuelvan a repetirse días tan aciagos y funestos. Así te lo suplica este afligido cura párroco que tuvo la dicha de sobrevivir a tan funesta catástrofe. Carrª y Septiembre 24 de 1854».

Pero un ano antes, o outro episodio tráxico deste cura fora poñerse na contra dos humildes e traballadores veciños do pobo que se negaban a pagar os tributos á Igrexa en forma de oblatas, que eran os conceptos de pagamento ó párroco polos dereitos das misas de bautismos, casamentos e enterros, e que se correspondían basicamente en entregarlle ademais das cantidades de diñeiro correspondentes, outros espécimes tales como galiñas, aceite, millo, etc. Chegou a levalos a xuízo ata o xulgado de Noia, e ante a apelación destes, á Coruña, sendo as dúas causas perdidas polos fregueses de Carreira, tendo que cederen e voltaren a facer efectivas as devanditas taxas.
Foi o señor Vilacova un párroco que logo do seu pasamento non tivo unha boa lembranza dos veciños da parroquia, ó contrario do que pasara con algúns dos seus antecesores.

Fonte orixinal:
Fco. Javier Crugeiras Sampedro.
Historia de Carreira. Ed. Cardeñoso (Vigo). 2007.

sábado, 25 de agosto de 2012

Un antigo lugar: Ribas de mar.




Xa en algunha ocasión falouse de este lugar tan enigmático, do que non se dou topado a súa ubicación.
Como outros nomes de lugares este indica cercanía. Así os topónimos coma Ribadulla, Ribadumia, Ribadeo, Ribasar, falan dun lugar achegado o cauce de un río. No caso de Ribas de mar, dísenos que estamos ó carón de algo tan xenérico e pouco especifico coma o mar. E sen embargo, non se atopan por ningún lugar da costa ningún topónimo coma este.
Del tiñamos novas polo xa sabido libro primeiro da cofradía de San Antonio e San Roque, que fora fundada ala polo ano de 1696. Daquela aparecen os primeiros cofrades agrupados polos lugares da parroquia onde moraban. Descubríase que non aparecía ningún veciño de Castrigo nin do Instrumento, pero si o tal Ribas de Mar. Este dato fíxonos sospeitar que o Instrumento podía ser Ribas de Mar, xa que esta a carón do río Sar, ou sexa da auga.
O Instrumento, desvelouse como un asentamento dentro do lugar de Lapido, que correspondía a unha concordia dos veciños do lugar plasmada por escrito, ou sexa nun instrumento.
Aquel acordo debeuse dar na segunda metade do século XVII. Pero parece ser que hai novas que falan de Ribas de Mar xa primeiros do XVI. Máis concretamente, descubríronse documentos que falan dun lugar con ese nome na veciña parroquia de Santa María dos Ánxeles. Fora de Ortoño ou dos Ánxeles, preguntámonos a que se lle podía chamar mar nestas dúas parroquias da Maía.
Mar propiamente non, pero un mar intermitente si. O curso do río Sar ó chegar a ponte da Condomiña, torce ó sur cara Padrón e ata adentrarse ben na parroquia de Bastavales, discorre por unhas agras completamente chans con unha mínima pendente. Cando chove moito o río tende a desbordarse e anegar as agras ocasionando o que na bisbarra se lle chaman as cheas. Deste xeito as agras quedan cheas de auga parecéndose a un mar, onde moitas especies de aves migratorias recalan no inverno. É posible que este sexa o mar de Ribas de Mar.

http://www.terrasdesantiago.com/img/noticias/20100105/tiep7f03272532_327141.jpg

Deste xeito o lugar dos Ánxeles que máis achegado esta, e que moitas veces sufre estas mesmas inundacións é o Rial. Poida que o Rial fose o interesante Ribas de Mar, pero aínda así queda a hipótese de que tivera outro emprazamento e co tempo se deshabitara e esquencera.

sábado, 14 de julio de 2012

Libro de fundacións XXXIX

Fundación trixesimo novena.


8 de outubro de 1717.




Esta é a fundación número 39 do libro de fundacións e obras pías da parroquia de Ortoño. Sen embargo semella ser en todo idéntica a número 38.
Naquela comparecía D. Carlos Bermúdez de Castro, veciño da Condomiña e Meiriño e Xustiza maior de Altamira para facer cumprir unha cláusula do testamento da súa defunta primeira muller, Dona Melchora González de Solís.
Agora o que se expón é aquela escritura outorgada por ámbolos dous, Carlos e Melchora. Nela dicían que non tiveran fillos e que se doaban mutuamente os seus bens. Ademais ela fundaba unha misa o día da Natividade da Virxe María ou na súa outaba, dando por ela dous reais de limosna. Para que se levara a cabo hipotecaba tódolos seus bens, especialmente as labranzas e casas da Condomiña.



lunes, 4 de junio de 2012

A defensa de un menor en 1801.


Na entrada anterior falábamos da Inclusa de Santiago, e como repartía os nenos que se entregaban nesa institución entre os veciños circundantes de Santiago para que foran criados.
Aqueles nenos, deparáballes unha lastimenta vida.  Como vimos, moitos rexeitábanos. Eran criados entre os extractos máis humildes da poboación e moitos xa de corta idade acababan mendigando.
Velaquí temos en 1801 un de aqueles nenos recala en Ortoño exercendo a mendicidade. Chamábase Mauricio Rey e tiña 10 anos. Estivo traballando dous meses para Domingo Martínez, zapateiro. Despois entrou ó servizo de Juana Rodríguez na taberna do Santo pouco máis de sete meses. Deixou este traballo, pero como a taberneira non pagaba o que lle debía, saíu o zapateiro na súa defensa ante a xustiza de Altamira.
Fíxose un proceso para a protección de este menor, do cal tampouco obtivo moito o pequeno Mauricio. Pois a taberneira ata lle ten en conta a máis da roupa que lle dera a rotura de un vaso. Ó cabo despois dos descontos quedáronlle ó seu favor 14 reais de vellón, que ó ser menor mantivéronse retidos ata que aparecese o seu titor ou chegase a maioría de idade.

Sabemos desta historia, por un documento privado gardado nos arquivos dos veciños da parroquia, que son uns verdadeiros cofres de tesouros esquecidos. Este é o texto:

Digo yo Mouricio Rey, que soy menor y de edad diez años poco mas o menos que habiendo llegado a mendigar por la parroquia de San Juan de Ortoño, llegue a casa de Domingo Martínez maestro zapatero en cuyo poder estuve le sirviendo dos meses al cavo de ellos, me salí y entre a servir con Juana Rodrigues tabernera en la taberna de San Cipriano, en cuyo poder le estuve sirviendo siete meses y medio, al ultimo de los cuales me salí de su compañía, y para cobrar mi soldada salio el Domingo Martínez en mi compañía ante su mrd la justicia ordinaria de la jurisdicción de Altamira, esta comisiono a Gabriel de torres ministro con orden para que para el fin de tasar siete meses y medio, que serví a la Juana se nombrasen peritos para su regulación que tubo efecto, y por tales fueron Fermín de Reyno y Pedro de Seve, y estos conformes y estando presentes declarar deben la Juana a su criado cincuenta y seis reales de vellón, y de estos me ante la Juana le tiene entregado una camisa en cinco reales otros cinco reales por unos calzoncillos ,un calzón otros cuatro reales por ser roto y veinte y cinco reales, por una chupeta a lo militar que le compro por conveniencia con lo cual y dos reales mas por un vaso que rompió, resta la Juana, al Mouricio Rey catorce reales de vellón, los que ahora encontrado entrego al señor Fermín Reyno perito actual para que los tenga en su poder a ley de deposito hasta que el menor o persona que le conozca sen su defensor o curador los retenga en si por la menor edad. Y para que conste se pone por escrito recibo y carta de pago, que presente el Fermín lo acepta y prometió cumplir con el deposito y Pagar en llegando el caso dichos catorce reales al referido Mouricio o quien su facultad tenga, de que fueron testigos Ygnacio de la Yglesia dichos comisionado y peritos Pedro Vilacoba y Francisco de Torres de esta vecindad, y de Santa Maria de Trasmonte fecha a diez y siete de marzo de mil ochocientos y uno.


Foto: http://lh4.ggpht.com/_-p4TWnh5zEc/S4GccUoxFGI/AAAAAAAAE_w/k4-edWmje-c/IMG_1928.JPG
Actual establecemento hosteleiro do Santo.


lunes, 28 de mayo de 2012

A inclusa e Ortoño


Coincidindo co recordo dos 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro traemos hoxe aquí un documento interesante.
Rosalía naceu unha noite de inverno e foi levada a bautizar ó daquela Real Hospital, hoxe Hostal dos Reis Católicos. Naquel edificio co tempo tamén chegou a albergar a inclusa, lugar onde se recollían os nenos expósitos que se deixaban abandonados. A piedade cristián obrigaba a coidar a aqueles nenos nados fora das formas sociais imperantes, ou tamén na máis absoluta miseria.
Foto: https://encrypted-tbn3.google.com/images?q=tbn:ANd9GcQ__FwPNRgSAsLmr0DbN1ADOiNc6KdoCSSbC1NMh6PO7XoKBCpJaA


Moitos morrían de curta idade, e os que superaban uns días de vida, eran conducidos polas parroquias do contorno de Santiago, a buscar algunha nai que puidese compartir o leite do seu fillo durante a lactancia.
Evidentemente, ninguén quería tal ter tal obriga, de forma que eran as clases máis desfavorecidas as que acababan coidando a estes nenos e nenas sen pais.
Deste xeito atopamos cara 1789 un documento de un feligrés de Ortoño que protesta porque lle cargen con un neno da inclusa:


Gran Real Hospital de Santiago,
 Diciembre 25 de 1789

Señor administrador del Grande y Real Hospital

Señor


Siempre que el susodicho sea tal estanquero y como tal actualmente esté ejerciendo este empleo, el Mayordomo no le moleste a ayudar, ni cuidar niños expósitos.
Así lo mando S. S. el  señor administrador

Neyra
 
Fermín Reyno vecino de la feligresía de San Juan de Ortoño, y estanquero del tabaco en ella, con mayor veneración que debe representa Vuestra Señoría que por el Mayordomo pedaneo de dicha feligresía, no obstante de constarle esto mismo, y que por ello se halla exento de toda carga consejil, máxime de cuidar niños expósitos, se le cargó uno en día de ayer, y no siendo justo a Vuestra Señoría con todo rendimiento.

Suplica se digne mandar a dicho Mayordomo que yn continenti se lo remueva y tomar contra el la provisión de su mayor agrado, para que a lo futuro se abstenga de semejante atentado.



sábado, 12 de mayo de 2012

Libro de fundacións XXXVIII

Fundación trixesimo octaba.


8 de outubro de 1717.





Na Condomiña o oito de outubro de 1717 ante o escriban de número da Maia, Antonio Freire, compareceu D. Carlos Bermúdez de Castro, meriño e xuíz ordinario de Altamira e Barcala, que era por aquel entón. Había pouco que quedara só, pois había pouco morréralle a Muller, Dona Melchora González de Solis, natural do mesmo lugar. Melchora antes de morrer testara ante Juan Turreira, escriban e veciño de Bertamiráns, deixando a intención de que recordara e rezara pola súa anima todos os anos a través de unha misa de fundación sobre as rendas dos bens que tiña no lugar da súa veciñanza.

Deste fundación e dos descendentes desta familia sábese bastante pouco. Dona Melchora descendía da xa tratada familia dos González da Condomiña, pero hai incertezas aínda sobre a relación dos seus antepasados. En canto os seus descendentes descoñecemos si tivo fillos. O seu home contraeu segundo matrimonio ó ano seguinte da súa morte con Dona María Suárez de Figueroa, ausentándose e pasando a vivir na parroquia de Trasmonte dende entón. De D. Carlos non sabemos case nada da súa ascendencia. Sen embargo uns anos despois é desposuído dos seus cargos de xuíz e meriño, nas xurisdicións de Altamira e Barcala, polo conde de Altamira, debido a abuso de poder e malversación das rendas das xurisdición. Sobre este tema hai un preito na Real Audiencia de Galicia moi interesante, que nos leva a considerar de novo aquel vello dito latino: nihil novum sub sole.

jueves, 26 de abril de 2012

Outros curas VII

Toma de posesión da capelania do Santo Anxo da Garda.




Esta é a toma de posesión de Miguel Gómez Barreyro como capelán en Ortoño en 1730. Resulta interesante todo o ceremonial que se levaba a cabo para facela efectiva e sobre todo visible a todos os presentes. Realmente é desta forma como aínda se lles da ós párrocos novos a parroquia en onde entran.  No pasado existían máis ceremonias coma estas para moitos outros asuntos da vida cotían, hoxe xa en desuso.


Dentro del Atrio de la yglesia de San Juan de Hortoño a diez y ocho dias del mes de Diziembre Año de mil setecientos y treinta. el Lizenciado D Miguel Gomez Barreyro clerigo de menores Ordenes vecino de dha frª Requirio por Ante mi Notario, a Dn Ygnacio Antonio Zearez cura de dha frª, con el titulo y Despacho que precede expedido por su merced el Señor Provisor de este Arzobispado a favor de dho Don Miguel como capellan de la Capellania ad vocacion del Angel de la guarda yncusa en el colateral de la parroquial de esta frª de Hortoño que se halla al lado de la Epistola, para que en el o en uno de los dos colaterales de ella de la possesion y cumpla con lo mas que por dho titulo y despacho se manda que visto por dho crua y con asistencia de mi Notario dijo esta presete lo acepta. E luego incontinenti y estando a la puerta Principal de dha Parroquial tomo por la mano a dho D Miguel y desde ella le llebo en derechra Al colateral de la Epistola de dha Parroquial advocacion del Angel de la guarda y en el le dio y entrego misal, calix y patena y mas vestimentas y con campana tañida por vias insignias y mas que el Derecho permite dijo: daba y dio a dho Cappellan la possesion real Corporal Cevil, sen quasi de dho Colateral para que en el pueda Cumplir con la fundación que fundo D Juan Gomez Barreyro su tio en la conformidad que requiere dho titulo y despacho a su favor expedido. Y mando que ninguna persona en ella no le inquiete ni perturbe pena de excomunion Maior, y de los diez mil maraveides que refiere aplicados en la conformidad que ella lo previene, y mando que debajo de dhas censuras y pena los caseros y colonos y redituarios de dha cappellania lo tengan por tal capellan y le acudan y recudan con todos los frutos y rentas a ella devida y pertenecientes assi los que se hallaren en esta frª como fuera de ella, presente dho D Miguel Que dijo: y requirio a dho cura y presente notario y apressencia de los testigos que lo fueron a ello presentes Lorenzo García, Andres de Hortoño, y Domingo Barreyro vecinos de dha frª de como tomaba dha Posesion de dho colaterla advocación de Angel de la guarda que quieta y pacificamente y sin contradicion de persona Alguna se lo diessen por testimonio que es el presente que firmamos y de todo ello yo Notario doi fee= (rubricado) Ygnacio Antº Seares, Miguel Gomez Barrº

lunes, 23 de abril de 2012

Outros curas VI


Miguel Gómez Barreyro.

Tratamos desta volta con un unha persoa que nos deixou moitos interrogantes na súa vida, dos que iremos dando conta pouco a pouco.
Naceu no lugar das Cortes, na parroquia de Ortoño, o día 29 de setembro de 1695, festividade de San Miguel. Coincidiu o seu nacemento con unha visita de seu tío Juan Gómez Barreyro, que había pouco que era párroco en Vilariño e Fefiñáns. Foi el mesmo o que o bautizou, sen saber, si se fixo na mesma casa, por urxencia en caso de morte, ou na igrexa. De tódolos xeitos a irregularidade tomou forma, e a súa partida de bautismo quedou sen asentar. A todo esto, Miguel era fillo de Joseph Gómez Barreyro, un dos rexedores da xurisdicción de Altamira e de Francisca de Castrigo, xentes das que xa temos falado.
Dos seus primeiros anos e estudios non temos novas ningunhas. É precisamente en 1724, cando xa lle van facendo falta os papeis, cando vemos que se abrira un proceso para investigar o seu nacemento e bautismo, xa que non aparecía nos libros. Entre esta data e 1730, é cando recibe as ordes sacras. Descubrimos polos expedientes de Sagradas Ordes, que había tempo marchara da súa terra e se asentara en San Felix de los Gallegos, bispado de Ciudad Rodrigo, actual provincia de Salamanca. Así cara mediados da década dos 20 pasa algúns anos nesta pequena vila onde exerce como profesor de nenos. Sabemos polo seu testamento que incluso é cofrade penitenciario na cofradia de Roque Amador daquela vila. Parece ser que ó cabo de tres ou catro anos volta a súa terra e a Santiago e ordease, chegando a ordearse de prima tonsura cara 1730.

Foto:http://esphoto500x500.mnstatic.com/san-felices-de-los-gallegos-arribes-del-duero_513126.jpg
Vista da praza de San Felices de los Gallegos.


É precisamente neste ano cando temos xa máis novas del. Daquela presenta ante o provisor de Santiago a escritura de fundación da capela do Santo Anxo que fundara en 1708 seu tío cura. Nunca antes fora presentada, o que nos indica que nin se erixira nin houbera ningún capelán. Os papeis parecían estar ben e o provisor D. Antonio Fernández de Traba, Arcediano de Olmedo, aproba a capela e noméao capelán. Así que dende aquel momento foi o patrón de unha fundación de bens en Ortoño e en Vilariño e Corbillón, parroquias do actual concello de Cambados, que o catapultou a unha posición moi desafogada durante toda a súa vida.
Non o sabemos, pero quizais esta posición tamén contribuíse a que o seu caracter e a súa relación ca súa familia e máis veciños fose distante e quizais salpicada de certa soberbia, como iremos contando.
Dende 1730 ata 1738 non presenta copia da escritura de fundación na parroquia. Ata ese momento tiña que pagarlle a outro cura para facer dicir as catro misas anuais, xa que aínda non era sacerdote. Despois ata poucos anos antes da súa morte non temos máis novas del que nos indicasen mais datos biográficos. Sen embargo, por varias escrituras daquel período sabemos que tiña casa en Ortoño e tamén en Corbillón. En Ortoño vivía xunto con unha sobriña chamada Antonia Díaz, viúva de Andrés da Vila e Andrade escriban, e veciños de Lapido. En Corbillón vivía cos descendentes da sobriña de seu tío Juan Gómez Barreyro, filla do irmán deste casado en San Cristovo de Reis. Xentes estas das que se perdeu toda relación no s. XIX.
O caso é que sempre debeu ser moi independente e non lle importaron moito os seus familiares. Abandonou o sentir de seu tío de favorecer o solar primitivo, e mellorou a sobriños que saíron del, deixando ós da casa matriz un pouco de lado. Tampouco lle importou deixar en suspense herdanzas que dependían del durante décadas e crear problemas cos seus mesmos sobriños. En 1769 acaba por amañar estes asuntos con Francisco García, seu sobriño do Instrumento, despois de que el o denunciara en varias ocasións ante o xuíz eclesiástico de Santiago, por terse apropiado das lexitimas das súas irmáns defuntas. Daquela chegan a acordo, pero obriga por escrito ó sobriño a pedirlle perdón polas formas empregadas. Crea incluso problemas futuros, ó dividir e extraer da casa primitiva o padroado da fundación e darllo o descendente da irmán máis vella. Este chamado Antonio Míguez, vivía a poucos metros da casa que fora dos seus bisavós e debería cohabitar co capelán que sería seu primo D. Pablo Martelo, o cal loitou xudicialmente para devolver e rexuntar todo o que seu tío dispersara entre os seus múltiples familiares.
A súa posición económica permitiulle vivir mellor que un párroco. Como contaba con liquidez suficiente adicouse, ademais de a asistir a funerais pola bisbarra, a exercer de prestamista ou banqueiro a todo aquel que necesitase un real. Deste xeito tiña un libro de asento no que había xentes non soamente de Ortoño e as parroquias veciñas se non de outras máis lonxanas como San Miguel da Costa, no actual concello de Rois ou en Santa María de Ordoeste, no da Baña. Non creemos que el se movera tanto polo territorio, se non que eran os seus deudores os que quizais a través das feiras ou de outros eventos daban con el, e con outros coma el.
Así debeu trascurrir a súa vida, entre cobrar rendas e empréstitos e enterrar defuntos. Morre o 12 de xaneiro de 1777, activándose daquela todas as mandas testamentarias que fixera en 1771. O seu testamento é un prototipo singular do s. XVIII en Galicia e máis concretamente na Maía do cal daremos conta noutra entrada.

viernes, 13 de abril de 2012

Libro de fundación XXXVII


Trixésimo sétima fundación

12 de febreiro de 1669

Nun tempo anterior a 1669 sabemos que un tal Antonio de Lapido, natural do mesmo lugar, decide como moitos outros probar fortuna noutras terras. De tal xeito que amaña os seus asuntos e decide arrendarlle a un tal Andrés Codesso e Domingo de Lapido, quizais familiar seu, a parte que lle correspondía no lugar de Lapido por tres anos.



Rematados os cales, si non regresara do reino de Castilla ou de outros lugares, esa parte pasaría a Miguel de Lapido, “cordonero” en Santiago, e seguramente irmán seu.
O certo e que Antonio non voltou máis, non se sabe si morreu ou non quixo volver, ou cando quixo xa era tarde, porque como el mesmo di na escritura feita ante Juan Sánchez, escríbano en Santiago, ó ter pasados os tres anos de ausencia e non volver entenderíase que tiña morto e que en tal caso o tercio de Lapido pasaba a Miguel ca obriga de facer dicir unha misa de fundación pola súa anima para sempre.
Os cumpridores da súa memoria manteñen o seu apelido e son tamén veciños de Lapido.

domingo, 8 de abril de 2012

Documento. Protesta na guerra de independencia



Presentamos hoxe un documento singular que fora gardado entre os papeis dun veciño da parroquia. Tratase de un poder dado polos veciños da xurisdición da Maía en 1811. Máis concretamente das parroquias de Ortoño, os Ánxeles e Bastavales, a dous veciños para que fixeran valer os seus dereitos ante as autoridades de Santiago. Parece ser que foran obrigados a trasportar leña da devesa real de Ames a Santiago, no contexto da guerra da Independencia. Pero naquelas circunstancias, ó parecer esquecéranse os usos e costumes.
O documento é moi interesante por varias cuestións. Fálanse das Devesas Reais, creadas no s. XVIII, en todas a provincias marítimas para reserva de madeira para a construción naval. Semella que había unha por parroquia. A de Ortoño estaba situada no monte do Castro. O traballo nestas devesas estaba encomendado os veciños de cada parroquia, así como o traslado de madeira delas. A dúbida xurde no porque tiñan que ser soamente os afincados na xurisdición da Maía os que se encarguen de estes traballos. E por último volvese a falar de un antigo couto da xurisdición: o couto de Somoza. Desta volta, polo xeito que se ten de mencionar parece que debería estar situado na parte da xurisdición da Maía da parroquia de Bastavales.
Por certo este é tamén un documento en certo sentido de información xenealóxica, xa que da a coñer un gran eleco de xentes da comarca a primeiros do s. XIX.

Foto: http://www.fao.org/docrep/44279s/44279s0c.jpg


En la Parroquia de San Juan de Ortoño a veinte y quatro dias del mes de Marzo año de mil ochocientos y onze, Ante mi ess(no) y testigos parecieron presentes Manuel Miguez Mayordomo desta dha feligresia y con el José Blanco, Pedro Vidal, Domingo Antonio Mariño, Andres Martinez, José de Otero, Manuel Trasyglesia, José Dominguez, Jose Mourelle, Pio Sardiña, Santiago Martinez, Jose Vidal, Casimiro Blanco, Simon Barreiro, Manuel Codeso, Jose Miguez, Julian de la Yglesia, Jose Patron y Miguel Martinez vezinos de esta dha de Ortoño a exsencion del Domingo Antonio Mariño, y Andres Martinez que lo son de la de San Pedro de Bugallido, Miguel Cordero, Mayordomo de la Feligreisa de Santa Maria de los Angeles, y con el Santiago da Costa, Andres de Castro, Miguel Mouriño, Pablo de Nimo, Sebastian Lorenzo, Felipe Carou, Jose de Avelleyra, Juan Bameyro, Manuel Gomez, Luis Torreira, Antonio de Tembra, Felipe Casaldoeiro, Firmin Cajuso, Antonio Palomo, José Vilanoba, vezinos de la dha de Angeles, Ramon de Vilas Mayordomo del coto de la Somoza, Domingo Vazquez, Domingo Antonio Barrio, Jose Blanco, Andres Barreiro, Domingo Antonio Gossende, Antonio Miguez, Clemente Framil y Pedro Miguez, vezinos de la feligresia de San Julian de Bastabales, y todos domisiliados de la Jurisdición de la Mahia, que hacen por si y mas yndividios de ella por quienes hacen voz y se obligan y prestan caución en forma, e Dixeron que ellos y en sus nombres Francisco de Pazos, Pablo Mariño, Pedro Miguez, Pedro de Souto y Roque de Nimo, representaron por medio de memoriales fecha siete y ocho del corriente, al señor Gobernador Politico y Militar de la ciudad de Santiago, y su Provincia, que por el Juez desta dha, de la Mahia se les estrechava ha que concurriesen a la conducion de leña y zepos de la Dehesa Real, de la felegresia de Santhome de Ames a la provisión de dha ciudad de Santiago, no obstante que hay una larga distancia, y que los otorgantes tienen en sus felegresias sus Dehesas Reales de las que estan prontos a su condución y cada qual deve hacerlo, de la suya, a lo que dho Señor Gobernador Señores de la Junta de Armamento e ynspector, de ulleres Pusieron sus Decretos, los que presentaron a dho Juez y devolvio sin poner el suio antes bien sigue, estrechandoles ha que cumplan; y para su defensa Dan y otorgan todo su poder cumplido, tan bastante como se requiera Sin Limitacion alguna, a Pablo Mariño y Domingo Antonio Salaño vezinos desta Parroquia y la de los Angeles a quienes helixen por apoderados para dha defensa a fin que la hagan, y presenten todo, xenero de representaciones Ante quien corresponda, y prautiquen quantas Deligencias obcurran sustituyendo este poder en procuradores y ajentes has alcanzar dicion favorable, pagandole todos los gastos, que en ello tengan Publicos y secretos porque el que para ello se necesita el mismo le dan y confieren, sin limitacion vajo las clausulas de obligación, relevacion, sumision, Poderio de justicias, y renunciacion de todas Leyes y derechos de su favor Con la General que las prohive en forma; para que de este modo amplien quanto en dhos memoriales tienen expuesto razones y derecho que les asiste, para no ser obligados a tal conducion de zepos y leña, desde la de Ames, a dha ciudad y estando presentes dhos apoderados dijeron lo hacetan en forma, y los unos y otros asi lo dijeron y otorgaron, firman de sus nombres, los hacetantes, y los mas que saven hacerlo y a ruego de los que no , lo executo un testigo de los presentes que lo son Bentura Pinto, Pedro Martinez y Maunel Barral, vezinos desta referida felegresia, de san Juan de Ortoño y partido de la Jurisdicion de Altamira, de todo ello, y conocimiento, de los otorgantes y apoderados yo escrivano doy fe = Manuel Miguez y vermudez = Jose Blanco = Pedro vidal = Domingo Antonio Mariño = Andres Martinez = Manuel Trasyglesia = José Antonio Dominguez = Pio Sardiña = Santiago Martinez = Jose Vidal = Casimiro Blanco = Segundo Miguez = Domingo Miguez = Jose Miguez = Thomas Barreiro = Miguel Cordero = Miguel Martinez = Santiago Acosta = Miguel Mouriño = Jose de Avelleyra = Felipe Carou = Manuel Gomez = Juan Barreiro = Luis Turreira = Antonio de Tembra = Jose de Vilanoba = Andres Barreiro = Domingo Antonio Barreiro = Pedro Miguez = Domingo Antonio Gossende = Antonio Miguez = Clemente de Framil = Pablo Mariño = Domingo Antonio Salaño = Como testigo y a ruego Bentura Antonio Pintos = Ante mi Jose Francisco Villanueba = 
Es copia y concuerda con su original que escrito en medio pliego de papel sello quarto mayor en mi poder queda para poner en registro a que me remito y como escrivano que lo soy por su Magestad vezino de la Parroquia de San Pedro de Bugallido Jurisdiccion de Altamira, De pedimento de los apoderados Doy la presente que signo y firmo ene ste pliego entero sello tercero, estando en dha de mia avitacion a veinte y seis dias del mes de marzo y año de su otorgamiento = Jose Francisco Villanueba y Sarmiento (rubricado) =

sábado, 31 de marzo de 2012

Libro de fundacións XXXVI

Trixesimo terceira fundación.

29 de setembro de 1669.





No ano das renovacións de 1669 volvese a confirmar esta. Isabel de Roxido muller que quedou de Juan Sardiña, defunto, impón unha misa de fundación pola anima de Magdalena Sardiña, defunta tamén.
Non sabemos canto tempo había que morrera, e que parentesco tiña con Isabel e o seu home. Soamente intuímos que estas xentes residían no lugar de Sisalde. Isto é así non soamente polos apelidos Sardiña e Roxido, propios de aquela aldea no s. XVII, se non porque os seus cumpridores no século seguinte sabemos de certo que eran veciños de Sisalde. Un de eles era Fructuoso do Sebe que estaba casado con Ygnacia Roxido, e que os seus descendentes habían de emparentarse a finais do s. XIX con unha rama dos Sanmamed e Castrigo do lugar de Castrigo.

lunes, 19 de marzo de 2012

Outros curas V

Imaxe do Santo Ánxo da Garda de Ortoño


Con 49 anos Juan Gómez Barreyro recala nas terras do Salnés para ser párroco de dúas parroquias importantes. Non sabemos si viña de outra parroquia ou era o seu primeiro destino.  De todos os xeitos chegar a San Adrián de Vilariño e San Benito de Fefiñans non debía ser nada doado. Non sabemos quen tiña o dereito de presentación pero a vista da igrexa de San Benito parece obvio que serían os vizcondes de Fefiñans. Por iso aínda sorprende máis como un simple cura patromonista dunha aldea da Maía, chega a finais do s. XVII a reitor de estas feligresias. Semella que Juan contou con bos padriños. Recordemos que a súa familia non pertencía a fidalguía, aínda que si levaba importantes bens de mans de varios dominios. Seu irmán casara ben e gracias a seus pais chegara a cura. Tocaba pois, chegados a este punto, recompensar ós seus deudos.
No seu novo destino empezou a recibir os froitos da súa posición. Alí cara primeiros do século seguinte atopamos o noso protagonista adquirindo, mediante escrituras publicas, múltiples propiedades. Estas estaban ubicadas, sobre todo na veciña parroquia de Corbillón. Compra varias propiedades, sobresaíndo unha de unha extensión considerable, a cal contaba con viñas e casa. Alí en Vilariño tamén acorda o casamento dunha sobriña súa que vivía con el servíndoo como criada. Esta chamábase Dominga Barreyro e era filla de Antonio e Dominga do Casal. Antonio era un irmán del que foi casar a Reis, a parroquia de súa nai, máis concretamente o lugar de Freixeiro. Seguramente había de levar os bens maternos que lle foran doados a Juan ó tempo da súa escritura de patrimonio. Ou sexa, toda a familia eran colonos do fillo cura que á postre era o dono de todo. Pois ben, Juan casa a súa sobriña con un tal Estevo Vieites e pasan a vivir na casa que el adquirira. Pasado pois un ano de ter “colocado” a sobriña, o 18 de febreiro de 1708, ante Francisco do Porto Mariño outorga unha nova escritura que non é desta volta de compra-venta. Ese día crea mediante fundación unha capelanía colactiva cos bens adquiridos. A súa advocación sería a do Santo Ánxo da Garda e estaría sita no altar maior da igrexa parroquial de Ortoño, “acabada de restaurar”. A ela agregou todos os bens que comprara sendo cura en Vilariño e Fefiñáns e outros que xa tiña en Ortoño. Outorgáballe o padroado e as rendas a seu irmán Joseph, o que quedara na súa casa paterna, e nomeaba os fillos de seu irmán, seus sobriños a capeláns da capelanía. Deixaba na fundacións instrucións meticulosas de que nin o padroado nin a praza de capelán saísen da casa, de xeito que fose un activo, por dicilo así, familiar.

Juan Gómez Barreyro consígueo, valéndose da súa familia, acadar unha moi boa posición no seu tempo. Pero tamén soupo encontrar a forma de afianzar e darlle a esta os logros acadados na súa vida á cabalo dos s. XVII e XVIII. Seguiu de párroco nestas parroquias do Salnés ata 1712 en que se lle perde a pista. Morreu cara 1721, con 76 anos, pero sen saber en onde nin que outros destinos tivo dende ter deixado Vilariño e Fefiñans.

lunes, 5 de marzo de 2012

Outros curas IV

D. Juan Gómez Barreyro. (parte I)





Igrexa de San Benito de Fefiñáns, en Cambados.
Foto:http://www.cmj.net/graficos/sanbenito20.jpg



Continuando co recordo e semblanza de outros curas que foron naturais de Ortoño ou algunha relación tiveron, chegamos hoxe a Juan Gómez Barreyro.
Era este natural do lugar das Cortes, e coñecemos polo seu expediente de sagradas ordes que naceu o 10 de maio de 1645, xa que os libros sacramentais non se conservan tan antigos. Era fillo de Juan Barreiro das Cortes e de María Gómez, esta de San Cristobal de Reis, no actual concello de Teo. Tiña esta familia relación cós Barreyro de Maguxe, de onde procedía o seu tronco, aínda que non teñamos claros os vínculos exactos. De tódalas formas este Juan era curmán en primeiro grao ou segundo do famoso Andrés Barreyro, clérigo mercedario de Maguxe.
Ó igual que aquel os seus proxenitores tiñan posibles para poder elevalo ó estado eclesiástico. No antigo réxime, como xa vimos mostrando, as clases sociais non estaban tan pechadas que fose moi difícil ir ascendendo. A carreira eclesiástica era unha forma de ennobrecemento, como tamén o era o matrimonio, xa que abría a posibilidade de enlaces vantaxosos.
Esta foi a política de esta familia dos Barreyro das Cortes. Cara 1668, Juan xa tiña andado tódolos pasos previos, e agora pedía pasar de diácono a presbítero. Deste xeito, seus pais nono dubidaron, de forma que lle donaron tódolos seus bens a título de patrimonio. Estes constaban de unha importante porción de propiedades en Ortoño e en Reis. Así pola parte de seu pai, recibiu a cuarta parte enteiramente dos lugares das Cortes e Maguxe. E súa nai dooulle tamén a cuarta parte de Freixeiro e a Fonte na de Reis.
En realidade, rigurosamente non debería ter valido para nada tal doazón. Xa que os bens non eran propios, se non que se tiñan en foro de varios dominios. Aló menos os da parroquia de Ortoño. Isto é interesante, xa que como xa temos falado, houbo un período de tempo no que os levadores dos terreos non tiveron unha conciencia clara de ata onde chegaba o concepto de propiedade. De todas formas tivo efectos prácticos, xa que o dominio, que era o conde de Altamira non se enterou de que se andaban a doar terras súas.
A todo isto, este proceso fíxose con testemuñas e notario. Os pais pasaron a ser colonos ou caseiros de seu fillo, incluído despois cando estes morreron a seu irmán herdeiro na casa das Cortes. Chamábase Joseph Gómez Barreyro e tamén seus pais se acordaron del a hora de melloralo. Conseguiron casalo con Francisca de Castrigo Gómez Hortiz Pardiñas Villardefrancos, filla de Gregorio de Castrigo e María Hortiz Pardiñas Villardefrancos. O tal Gregorio, era Procurador Xeral da xurisdición de Altamira, e a súa muller procedía de unha familia fidalga. Joseph por este matrimonio escalou postos e chegou a ser rexedor da xurisdición e darlle prestancia a súa casa, aínda que fose do irmán cura.
A partir de comezos de 1670 ata finais de século, descoñecemos o curso vital de este presbítero patrimonista. Sabemos que aínda andaba pola bisbarra cara 1675, xa que aparece nunha concordia cos seus parentes de Maguxe. Sen embargo debeu estar ben relacionado xa que o final consigue encardinarse como párroco, cousa non doada para aquel tempo, xa que había moitos máis curas que feligresias.
Cara 1694 entra de reitor de San Adrián de Vilariño e o seu anexo de San Benito de Fefiñans, no actual concello de Cambados. É alí onde comeza o seu ascenso económico, e onde encumbra máis aínda a súa casa paterna da que non se tiña esquecido.

martes, 28 de febrero de 2012

Rutas II


Seguindo cos roteiros sobre as entradas do blog, propoñemos un novo que nos leva dende a parroquia de Ortoño, ata a que fora capital dos estados dun dos dominios máis extensos e poderosos na Maía: o condado de Altamira.





Partiremos do lugar de Castrigo, pertencente a Ortoño, para adentrarnos na parroquia veciña de Brión, a través do seu lugar de Lamiño. En tempos as propiedades de Castrigo e Lamiño ían xuntas. Seguiremos subindo por Brans de Abaixo e Gondar ata chegar a Pedrouzos onde se atopa a capela de Santa Minia. Seguiremos subindo por Boimil e Quintáns ata chegar a igrexa parroquial de Brión, e de alí seguiremos subindo ata Boaventura e a Torre. Como se pode ver, este é un viaxe de ascenso. Na Torre atópanse os vestixios da que foi fortaleza de Altamira, e centro neurálxico de aquel estado. En realidade co paso do tempo foi deixando protagonismo ó pazo de Trasouteiro que era onde estaba a administración condal.
Despois da Torre atravesaremos as fronteiras parroquiais entre Brión e Trasmonte, ó norte para chegar a Leboráns onde se atopa o pazo de ese nome. De alí iremos cara o leste a Portanxil e voltaremos entrar en Brión por Aguiar e baixaremos de novo cara Castrigo.
Soamente son dez kilómetros.

viernes, 24 de febrero de 2012

Efemeride. Os 175 anos do nacemento de Rosalía


Rexurdido de novo o interese polos orixes familiares de Rosalía de Castro, logo do recente descubrimento da primeira nova escrita sobre a paternidade da escritora, creemos interesante achegarnos co motivo do 175 aniversario do seu nacemento  unha vez máis a escritora e a súa vinculación con Ortoño.
É ben coñecida a ascendencia de Rosalía, a certa e a suposta. Esta última vinculada a Ortoño. Moitos non teñen dubida algunha da suposta, pero existen problemas, xa que non existen probas documentais.

Durante o s. XIX intentouse silenciar as orixes da escritora, pero a raíz da carta de Luís Tobío, douse por descuberta e aceptada a paternidade de Rosalía. E con esta tamén a tradición de que Rosalía permanecese en Ortoño ó lado dos seus parentes paternos parte da súa infancia. Esta revelación feita en 1923, tempo en que parece que todas estas cousas se tiñan esquecido, parece que en vida da escritora era vox populi entre os seus contemporáneos e veciños de Padrón, segundo nolo conta Álvarez de Ojeda no seu último traballo.

Algúns autores defenderon que a hipótese da paternidade do cura Viojo, surxira dos sobriños deste, ós cales coñecedores de aquelas historias que corrían por Padrón e Santiago, atribuíronlle a paternidade ó seu tío sen ser real. Esta teoría sustentaríase, sobre todo, en que non era tan raro na fidalguía da época bautizar fillos concibidos fora do matrimonio con pais incógnitos e logo lexitimalos. Foi o que lle pasou a prima de Rosalía, e o seu propio marido, pero o real é que Rosalía quedou sen lexitimar. O rumor da paternidade do cura, intencionado ou non, si el non fora o pai, poderíase entender convinte, pois en certo modo servía como un tabú para escurecer e silenciar este tipo de sucesos.
Podería haber probas de algo así. Quizais si ou quizais non.

viernes, 17 de febrero de 2012

Padrón de 1708, II.





Demografía de Ortoño a primeiros do s. XVIII.

Noutros artigos fixeramos unha aproximación á evolución demográfica de Ortoño. Así viramos que cara 1696 propuxeramos uns 120 veciños e cara unhas 480 persoas vivindo na parroquia. Tiraramos esta conclusión extrapolando os datos da xa famosa lista de cofrades de San Roque e San Antonio. Agora sabemos que ademais de faltar un lugar, sobraba outro que non era da parroquia. Pero fora erros que podíanse compensar, o dato non debía estar moi lonxe, e logo o veremos.
A seguinte cata demográfica sacáramola do catastro do Marques da Ensenada, a mediados do século. Daquela tiñamos contabilizado uns 153 veciños e uns 612 habitantes. Eran datos que continuaban o ascenso continuo da poboación de unha forma moderada.
Sen embargo as fontes manexadas non eran moi finas nin exaustivas. Todo o contrario dun censo ou padrón, como o feito en 1708, do que xa falamos. Neste tipo de documento consígnanse todos os habitantes, aínda que non todos os seus nomes. Tampouco aparecen neste censo o estado eclesiástico, o que tampouco supón unha grande representación. Así temos en conxunto e por lugares todos os habitantes e moitos datos máis que resultan curiosos e interesantes.
Pois ben, en Ortoño en 1708 había 157 veciños ou familias. E en total contábanse 681 habitantes, o que supoñía unha media de 4,33 membros por unidade familiar. Ademais tiña a parroquia por aquel entón 142 matrimonios, 10 viúvas e 5 viuvos. Todos os demais, uns 382 correspondían case exclusivamente a nenos e xóvenes solteiros. Practicamente todos mantiñan lazos familiares, soamente había 4 criados que servían en catro casas.

http://historiandoando.files.wordpress.com/2011/05/floridablanca1.jpg
Floridablanca,  mandou facer o censo de 1787, do que aínda non temos datos.


En canto as ocupacións, a meirande parte eran labradores. Estes sumaban 113, aínda que os demais tamén alternaban o cultivo da terra con outras ocupacións. Así seguíanlles en número os teceláns que posuían terra tamén. Estes eran 20. Había ademais outros catro que parece que soamente tecían e non labraban unha porción de bens representativa. Este oficio daba saída a importante produción de liño da zona, pero soia ser unha profesión humilde. Isto indícanos a clase media baixa dentro da poboación de Ortoño, xa que os máis acomodados eran os que  soamente se adicaban a labrar a terra.
Había tamén catro canteiros, que seguramente traballaban regularmente nas obras da nova igrexa parroquial. Seguíalles en número dous xornaleiros, que se trasladaban a Castela todos os anos a traballar.
As profesións que seguen, complementadas tamén co cultivo de algunha leira son todas xa persoais. Había un tratante de aceite de balea, outro de pescado, outro de sal, que lle chamaban o saleiro. Outro surtía de tabaco os estancos, outro era ferreiro. Había un carpinteiro, e por último un barbeiro de navalla que tamén facía algo de carpintería e traballaba unhas fincas que tiña. Tiña naquel entón a parroquia 5 pobres, un de eles de solemnidade, o cal tamén instruíra na mendicidade os seus 7 fillos.
Vemos como a poboación de Ortoño medra moito a cabalo dos s. XVII e XVIII, pois pasa de 480 posibles habitantes en 1696 a 681 en 1708. Estes últimos censados. E en realidade así debeu ser, xa que ó rematar en ese mesmo ano de 1708 a nova igrexa, o visitador manda agrandala, o que indica que o proxecto quedara pequeno respecto o aumento da poboación.
Sen embargo en medio século escaso, o número de habitantes contraese algo, pasando a uns posibles 612 cara 1752. Este cambio, podería ser debido as penurias e fames que asolaron o s. XVIII. Así mesmo constatamos cara a década dos 20  e os 30 unha grande mortaldade infantil nos libros parroquiais. Parece ser que a primeira metade do s. XVIII foi moi dura o que mermou o número de poboadores da parroquia.

domingo, 12 de febrero de 2012

Libro de fundacións XXXV


Trixésimo quinta fundación.

17 de febreiro de 1709.

Esta fundación foi feita por Juan Pérez de abaixo, veciño de Lapido. O desexo era a de súa medio irmán Dominga Lorenza, muller que fora de Benito Gregorio das Punxeiras. Dominga morrera por agosto de 1708, e deixara unha misa perpetua pola súa anima en testamento feito ante  Juan Gregorio de Gronso, veciño de Santa María dos Ánxeles. A misa ía con un legado de media  leira, unha casa e horta en Maguxe, chamada da Canle, pola pensión de dita misa.



Non hai que confundir a este Juan Pérez de abaixo con outro Juan Pérez de arriba, que vivía en Lapido a comezos do s. XVIII. O segundo diferenciábase ben do primeiro. Estaba casado con Dominga Pérez, xa era  a segunda muller, tiña ademais seis fillos e un criado. O primeiro, o que fundou a misa, era máis novo e estaba casado dende 1706 con María de Orta e xa tiña tres fillos. Ademais este era tecelán, o que indica unha situación económica humilde. Todo o contrario do outro que era un dos maiores tenedores de terra da parroquia de Ortoño.

Non sabemos moito máis desta familia. Sospeitamos, por exemplo, que o tal Benito Gregorio debía ser o segundo home de Lucia González, que xa estivera casada con Juan de Sebe. Polo que se ve a xente naquela época non paraba moito viuda. O apelido Lorenzo era común na parroquia, pero soamente con esta información polo de agora non saberemos máis.

martes, 7 de febrero de 2012

Rutas I





Seguir a historia ou as narracións do pasado necesita, as veces, dun achegamento ós escenarios e lugares onde discurriron. Deste xeito propoñemos hoxe, e no futuro farémolo con outros itinerarios, rutas que nos leven polos lugares dos que temos falado en algunhas entradas.

Desta volta, suxerimos comezar dende a Ponteda Condomiña e seguir na dirección ó lugar do mesmo nome cara arriba, polo antigo camiño real e despois estrada da deputación. Ó chegar a Tarroeira coller cara o Castro e seguir cara a Barreira e a capela das Mercedes, e despois dar volta cara Lapido. De alí, tirar polos límites da parroquia cara as Areas e adentrarnos na parroquia de Bugallido polo lugar de Mourigade. En Mourigade poderemos visitar o petróglifo da Nave e despois seguir cara Buceleiras e Guimaráns e despois xirar e retomar o antigo camiño real en dirección a Ortoño. Ó Chegar a igrexa de Ortoño collemos cara a Devesa do Outeiro pasando por onda o campo de fútbol e despois seguimos pola Tarroeira abaixo para apartarnos cara as Punxeiras altas e de alí de novo a Condomiña e a súa Ponte.

Polo camiño poderemos ver moitas cousas relacionadas con historias e artigos que contamos neste blog.

domingo, 29 de enero de 2012

Outros curas III


Andrés Barreyro


Moitas veces pensamos que a sociedade actual bule de cuestións e problemas propios dela e do momento presente. E sen embargo, a maior parte deles, sobre todo os que xiran en torno ó home son xa moi vellos, son por decilo de outra forma intemporais. Nihil novum sub sole, non hai nada novo baixo o sol, di  o Eclesiastés.

Na introdución a esta serie de biografías de outros curas que non foron párrocos de Ortoño pero dalgunha forma vinculados, xa falamos das distintas motivacións e formas de actuar que se podían dar no estado eclesiástico ó longo da historia. Pero esto sirve para calquer eido ou medio humano, onde uns optan por facer do seu curso vital un servicio ós demais e outros un servicio a si mesmos, e as veces un mal servicio.

Este é o caso de Andrés Barreiro, veciño da parroquia de Ortoño, que viveu a cabalo dos s. XVII e XVIII tendo unha biografía un tanto escabrosa.
Era fillo de Domingo Barreiro, veciño do lugar de Maguxe, e seguramente neto de Juan Barreiro e María de Caxade, dos que xa falamos con motivo da fundación trixésimo terceira do libro de Fundacións da parroquia de Ortoño. Non coñecemos a data do seu nacemento, pero o máis probable é que nacera cara 1640 ou 1641. Cara 1662 atopámolo matriculado na universidade de Santiago cursando teoloxía. Ata ese momento non hai outros datos, pero catro anos despois facémonos unha idea da súa personalidade ó atopalo litigando nada menos que co xuíz eclesiástico de Santiago.
Previamente hai que ter en conta que no antigo réxime, os relixiosos e ordeados estaban fora da xurisdicción da xustiza civil. Calquer cuestión ou delito tíñase que dirimir na xustiza eclesiástica, o que na practica dáballes un estatus diferente.
Parece ser que Andrés afixérase a unha vida moi licenciosa pasando a ser practicamente criminal. Pero como xa estaba ordeado de prima tonsura pertencía ó estado eclesiástico e nel debeu encher moitos expendientes. En particular ó referido a noite do 20 de xullo de 1666.
Aquela noite Juana Denxo, muller de Juan Vázquez, veciños do lugar de Pousada na parroquia de Ames, foi o muiño a moer. Acompañábaa súa filla Isabela Vázquez e un criado mozo chamado Alberte Fernández. Cara media noite chegan ó pe do muíño dous homes que tentan entrar pola forza nel. Tratábase de Andrés Barreiro e un amigo e veciño seu, Alberte de Sebe, fillo de Juan de Sebe, tamén da parroquia de Ortoño. As mulleres cheas de medo tentan pedir auxilio, sen conseguilo. É sen embargo Alberte Fernández o que logra escapar e chegar a aldea de Pousada para dar voz de alarma. Tropezase con outro veciño, Roque de Lago que avisa a Juan Vázquez e con máis xente chegan ó lugar de autos, ou sexa o muíño, que por certo era propiedade de un tal Francisco de Enxo.
Alí atópanse a porta rompida e o tal Andrés con un varal e unha daga a cintura e na man unha pistola e o seu cómplice Alberte de Sebe con outro varal. Juana e a súa filla Isabel estaban dentro queixándose e laiadose de que os intrusos lle apagaran o lume e que querían abusar delas. Ante esta situación os dous extraños forcexearon cos veciños de tal forma que o dono do muíño Francisco Denxo recibeu un pau na cabeza por parte de Andrés. A cousa non debeu ir a máis pero a xente de Pousada moveronse e deron parte a xustiza eclesiástica de Santiago. Está a traves do seu xuíz, Don Antonio de Aguiar vai contra Andrés Barreiro, pero este alega que tiñan sido os demais os que se meteran con el e considerase inocente. Non coñecemos o final desta historia pero ilustra o tipo de persoaxes que se movían pola bisbarra hai máis de trescentos anos. No preito falase de que a xente tíñalle medo, xa que non soia vestir sotana e sempre ía armado. Tiña mal caracter, e soia ser irrascible, chegando a amenazar a varias persoas. Frecuentaba as tabernas e era adicto a bebida, andando todo o día de un lugar para outro.
Visto o visto, era obvio que non ía progresar máis na súa carreira eclesiástica, xa que as informacións serían negativas. Sen embargo chegou a ser presbítero, seguramente debido ó apadriñamento de algunha amistade, pero xa fora do ambitio do clero regular da diócese.
Esto sábese polas actas de visita dos visitadores eclesiásticos ás parroquias. Así cara 1674, cando contaba con 34 anos vémolo investigado en secreto polos responsables diocesanos. Sabemos que estaba suspendido, e que o 27 de setembro concedeselle licencia por catro meses de confesión, pero o 15 de outubro elle retirada, abducindo o visitador que: “es hombre de mal vivir, bebe mucho y es inquieto”. Cousa que xa se indica no encabezamento do seu expediente: “ Andrés Barreyro = clérigo mercedario, es buen estudiante pero poco modesto y muy altivo en sus acciones, tanto que en esto todos le çensuran y  a tenido algunos lançes pesados

http://www.mercedaragon.org/ficheros/noticias/62_DSC_0120.JPG
 Relixiosos co habito mercedario.



Seguramente Andrés non escolleu ser cura, non era a súa vocación, se non que foi unha imposición familiar. Incluso aínda despois de feitos como os acontecidos en Pousada, a familia tiña influencia suficiente para conseguir que se ordeara de presbítero dentro da orde da Merced, a través do convento de Conxo.
A derradeira nova que temos del data de 1699, cando funda unha misa perpetua polo eterno descanso da súa avoa María de Caxade. Non sabemos cando morreu, pero semella que co paso do tempo o seu caracter foi mudando e acougando.