29 de setembro de 1669.
No ano das renovacións de 1669 volvese a
confirmar esta. Isabel de Roxido muller que quedou de Juan Sardiña, defunto,
impón unha misa de fundación pola anima de Magdalena Sardiña, defunta tamén.
Non sabemos canto tempo había que morrera, e
que parentesco tiña con Isabel e o seu home. Soamente intuímos que estas xentes
residían no lugar de Sisalde. Isto é así non soamente polos apelidos Sardiña e
Roxido, propios de aquela aldea no s. XVII, se non porque os seus cumpridores
no século seguinte sabemos de certo que eran veciños de Sisalde. Un de eles era
Fructuoso do Sebe que estaba casado con Ygnacia Roxido, e que os seus
descendentes habían de emparentarse a finais do s. XIX con unha rama dos
Sanmamed e Castrigo do lugar de Castrigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario