lunes, 28 de mayo de 2012

A inclusa e Ortoño


Coincidindo co recordo dos 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro traemos hoxe aquí un documento interesante.
Rosalía naceu unha noite de inverno e foi levada a bautizar ó daquela Real Hospital, hoxe Hostal dos Reis Católicos. Naquel edificio co tempo tamén chegou a albergar a inclusa, lugar onde se recollían os nenos expósitos que se deixaban abandonados. A piedade cristián obrigaba a coidar a aqueles nenos nados fora das formas sociais imperantes, ou tamén na máis absoluta miseria.
Foto: https://encrypted-tbn3.google.com/images?q=tbn:ANd9GcQ__FwPNRgSAsLmr0DbN1ADOiNc6KdoCSSbC1NMh6PO7XoKBCpJaA


Moitos morrían de curta idade, e os que superaban uns días de vida, eran conducidos polas parroquias do contorno de Santiago, a buscar algunha nai que puidese compartir o leite do seu fillo durante a lactancia.
Evidentemente, ninguén quería tal ter tal obriga, de forma que eran as clases máis desfavorecidas as que acababan coidando a estes nenos e nenas sen pais.
Deste xeito atopamos cara 1789 un documento de un feligrés de Ortoño que protesta porque lle cargen con un neno da inclusa:


Gran Real Hospital de Santiago,
 Diciembre 25 de 1789

Señor administrador del Grande y Real Hospital

Señor


Siempre que el susodicho sea tal estanquero y como tal actualmente esté ejerciendo este empleo, el Mayordomo no le moleste a ayudar, ni cuidar niños expósitos.
Así lo mando S. S. el  señor administrador

Neyra
 
Fermín Reyno vecino de la feligresía de San Juan de Ortoño, y estanquero del tabaco en ella, con mayor veneración que debe representa Vuestra Señoría que por el Mayordomo pedaneo de dicha feligresía, no obstante de constarle esto mismo, y que por ello se halla exento de toda carga consejil, máxime de cuidar niños expósitos, se le cargó uno en día de ayer, y no siendo justo a Vuestra Señoría con todo rendimiento.

Suplica se digne mandar a dicho Mayordomo que yn continenti se lo remueva y tomar contra el la provisión de su mayor agrado, para que a lo futuro se abstenga de semejante atentado.



sábado, 12 de mayo de 2012

Libro de fundacións XXXVIII

Fundación trixesimo octaba.


8 de outubro de 1717.





Na Condomiña o oito de outubro de 1717 ante o escriban de número da Maia, Antonio Freire, compareceu D. Carlos Bermúdez de Castro, meriño e xuíz ordinario de Altamira e Barcala, que era por aquel entón. Había pouco que quedara só, pois había pouco morréralle a Muller, Dona Melchora González de Solis, natural do mesmo lugar. Melchora antes de morrer testara ante Juan Turreira, escriban e veciño de Bertamiráns, deixando a intención de que recordara e rezara pola súa anima todos os anos a través de unha misa de fundación sobre as rendas dos bens que tiña no lugar da súa veciñanza.

Deste fundación e dos descendentes desta familia sábese bastante pouco. Dona Melchora descendía da xa tratada familia dos González da Condomiña, pero hai incertezas aínda sobre a relación dos seus antepasados. En canto os seus descendentes descoñecemos si tivo fillos. O seu home contraeu segundo matrimonio ó ano seguinte da súa morte con Dona María Suárez de Figueroa, ausentándose e pasando a vivir na parroquia de Trasmonte dende entón. De D. Carlos non sabemos case nada da súa ascendencia. Sen embargo uns anos despois é desposuído dos seus cargos de xuíz e meriño, nas xurisdicións de Altamira e Barcala, polo conde de Altamira, debido a abuso de poder e malversación das rendas das xurisdición. Sobre este tema hai un preito na Real Audiencia de Galicia moi interesante, que nos leva a considerar de novo aquel vello dito latino: nihil novum sub sole.