Coincidindo co recordo dos 175 anos do
nacemento de Rosalía de Castro traemos hoxe aquí un documento interesante.
Rosalía naceu unha noite de inverno e foi
levada a bautizar ó daquela Real Hospital, hoxe Hostal dos Reis Católicos. Naquel
edificio co tempo tamén chegou a albergar a inclusa, lugar onde se recollían os
nenos expósitos que se deixaban abandonados. A piedade cristián obrigaba a
coidar a aqueles nenos nados fora das formas sociais imperantes, ou tamén na máis
absoluta miseria.
Foto: https://encrypted-tbn3.google.com/images?q=tbn:ANd9GcQ__FwPNRgSAsLmr0DbN1ADOiNc6KdoCSSbC1NMh6PO7XoKBCpJaA |
Moitos morrían de curta idade, e os que
superaban uns días de vida, eran conducidos polas parroquias do contorno de
Santiago, a buscar algunha nai que puidese compartir o leite do seu fillo
durante a lactancia.
Evidentemente, ninguén quería tal ter tal
obriga, de forma que eran as clases máis desfavorecidas as que acababan
coidando a estes nenos e nenas sen pais.
Deste xeito atopamos cara 1789 un documento de
un feligrés de Ortoño que protesta porque lle cargen con un neno da inclusa:
Gran Real Hospital de Santiago,
Diciembre 25 de
1789
Señor administrador
del Grande y Real Hospital
Señor
|
Suplica
se digne mandar a dicho Mayordomo que yn continenti se lo remueva y tomar
contra el la provisión de su mayor agrado, para que a lo futuro se abstenga de
semejante atentado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario