8 de outubro de 1717.
Na Condomiña o oito de outubro de 1717 ante o
escriban de número da Maia, Antonio Freire, compareceu D. Carlos Bermúdez de
Castro, meriño e xuíz ordinario de Altamira e Barcala, que era por aquel entón.
Había pouco que quedara só, pois había pouco morréralle a Muller, Dona Melchora
González de Solis, natural do mesmo lugar. Melchora antes de morrer testara
ante Juan Turreira, escriban e veciño de Bertamiráns, deixando a intención de
que recordara e rezara pola súa anima todos os anos a través de unha misa de
fundación sobre as rendas dos bens que tiña no lugar da súa veciñanza.
Deste fundación e dos descendentes desta familia
sábese bastante pouco. Dona Melchora descendía da xa tratada familia dos González
da Condomiña, pero hai incertezas aínda sobre a relación dos seus antepasados. En
canto os seus descendentes descoñecemos si tivo fillos. O seu home contraeu
segundo matrimonio ó ano seguinte da súa morte con Dona María Suárez de
Figueroa, ausentándose e pasando a vivir na parroquia de Trasmonte dende entón.
De D. Carlos non sabemos case nada da súa ascendencia. Sen embargo uns anos
despois é desposuído dos seus cargos de xuíz e meriño, nas xurisdicións de
Altamira e Barcala, polo conde de Altamira, debido a abuso de poder e
malversación das rendas das xurisdición. Sobre este tema hai un preito na Real
Audiencia de Galicia moi interesante, que nos leva a considerar de novo aquel
vello dito latino: nihil novum sub sole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario