sábado, 14 de julio de 2012

Libro de fundacións XXXIX

Fundación trixesimo novena.


8 de outubro de 1717.




Esta é a fundación número 39 do libro de fundacións e obras pías da parroquia de Ortoño. Sen embargo semella ser en todo idéntica a número 38.
Naquela comparecía D. Carlos Bermúdez de Castro, veciño da Condomiña e Meiriño e Xustiza maior de Altamira para facer cumprir unha cláusula do testamento da súa defunta primeira muller, Dona Melchora González de Solís.
Agora o que se expón é aquela escritura outorgada por ámbolos dous, Carlos e Melchora. Nela dicían que non tiveran fillos e que se doaban mutuamente os seus bens. Ademais ela fundaba unha misa o día da Natividade da Virxe María ou na súa outaba, dando por ela dous reais de limosna. Para que se levara a cabo hipotecaba tódolos seus bens, especialmente as labranzas e casas da Condomiña.