domingo, 28 de febrero de 2010

Carta de Luis Tobío a Bouza-Brey

A Paternidade de Rosalía


Continuando co recordo dos 173 do nacemento de Rosalía de Castro, hoxe traemos unha carta que escribira Luís Tobío, con raíces en Brión e suposto familiar lonxano de Rosalía, ó seu amigo Fermín Bouza Brey, sobre a paternidade de Rosalía de Castro.



Hai que dicir que a raíz dos datos que aporta foi cando se relacionou a Rosalía con Ortoño. Hoxe en día son postos en dubida, e alomenos algúns como a estadía durante a infancia de Rosalía en Ortoño xa foron rebatidos con documentación, pois sábese que os 5 anos estaba censada en Padrón. De tódolos xeitos creemos que a carta é un singular documento que garda unha grande relevancia para a nosa parroquia e que dela pódense tirar datos históricos de primeira man.

Luis Tobío Fernández

Guitiande (La Mahía), 20 de agosto de 1923

Sr. D. Fermín Bouza Brey. Villagarcía

Querido amigo: Tarde tal vez cumplo la promesa que te hice en distintas ocasiones, de darte algunas noticias que conservó mi familia respecto a la biografía de Rosalía de Castro. Perdóname la falta, pues estos días las fiestas y romerías apenas me dejaron tiempo libre para hacerlo.
Los datos que te comunico me los proporcionó mi tía paterna o por mejor decir, tía de mi padre, que cuenta hoy día setenta y seis años (o cerca de ellos) y que se llama Minia Tobío Martínez; digote esto como seguridad y fundamento de la veracidad de mi relato; estuvo ella una temporada con su tío (el padre de Rosalía) educándose en Padrón y comienzo.
El padre de Rosalía se llamaba José Martínez Viojo y era hijo de Miguel Martínez, vulgarmente llamado Migueliño o muiñeiro, por la razón de tener unas aceñas en que molía la gente campesina sus granos en la época de sequía en que los molinos particulares de regatos y arroyos no podían funcionar. Era el Miguel Martínez sobrino del comendador del monasterio de Conjo, quien lo llevó a estudiar la carrera eclesiástica a Santiago, pero después de haber hecho algunos estudios la dejó. Residía en Ortoño, en la casa do Castro.
Su hijo Juan (José) Martínez Viojo nació en la dicha parroquia de Ortoño, lugar del Castro y en la única y grande casa que compone el lugar, situado a la falda del Castro autentico. La copia de la inscripción de bautismo en los libros parroquiales te la remitiré en breve, cuando tenga ocasión de ir a Ortoño. De la casa do Castro te hablaré en la próxima.
Estudió la carrera del sacerdocio en Santiago y una vez terminada fue nombrado capellán de la colegiata de Iria Flavia; vivía en la casa de los canónigos con una hermana suya llamada Teresa, aunque no permanentemente ésta, y su sobrina (hija de ella) María Mariño Martínez. Comenzó a conocer a las familias más distinguidas de aquella localidad y entre ellas a la de Castro, de abolengo e hidalgo linaje; de una de las hijas de esta casa, de doña Teresa, tuvo una hija que fue Rosalía; no te cuento, pues que ya lo sabes, dónde la dio a luz, etc., pero te diré que la desnaturalizada madre, no queriendo abrazar las penalidades de la educación de su hija, o - lo que es más probable - deseando por un sentimiento de honor mal entendido, alejar de si la infortunada criatura, para que no fuese baldón que deslustrase el timbre de su familia ni sus rancios y ridículos pergaminos, pensó en arrojarla a la inclusa; conocedor de ello el capellán Martínez, quitó la niña a su madre y la entregó a la mujer de un tal Lesteiro, sastre en Ortoño, quien la educó y tuvo como hija, amamantándola ella misma; satisfaciendo Juan (José) Martínez los gastos de su crianza, subsistencia y demás.
Mientras tanto, en casa do Castro de Ortoño, vivía Carmen Martínez sobrina del capellán y casada con un tal Castiñeiras; cuando la niña fue destetada, su padre ordenó que pasase a la casa do Castro donde se educó con su prima. No pude saber si estuvo viviendo aquí hasta que se entrevistó con su padre; lo probable es que saliera a instruirse a algún colegio. Cuando ella contaba unos 19 años, en la primavera de 1859, al mediodía regresaba mi tía del colegio y según su costumbre entró en la casa, donde vivía con su tío, y en el comedor se encontró a Rosalía hablando con su padre; retirose prudentemente y fue la primera vez que vio a su prima. Le pareció, según me dijo, bastante buena moza no muy guapa pero tampoco fea, alta y simpática en la expresión de su figura.
Era José Martínez Viojo alto, grueso y moreno; de ojos oscuros, socarrón y simpático; era su compañero en la casa del cabildo D. Nicolás Pau, fraile exclaustrado de Herbón que vivía con su madre y una sobrina.
Murió nuestro capellán de una afección al estómago cuando tenía ya una edad de ochenta y tantos años; fuerte que apenas había tenido enfermedad. Está enterrado en el atrio de la Colegiata de Iria. Tuvo un hermano, Antonio y tres hermanas.
Poco es lo que puedo decirte como ves; creí que sería más, pero la realidad no respondió a mi esperanza; añadiré que Rosalía tocaba divina y deliciosamente la flauta (¡como ella podría tocarla!) Con la esperanza de darte en mi próxima alguna noticia más, queda a tus órdenes para lo que quieras mandar, tu amigo.

Luis Tobío Fernández
Santiago. - Los Ángeles

PS. Perdona la incorrección caligráfica y gramatical, pues hice todo esto con poca calma, como puedes fácilmente comprender.
Vale.

(Publicado o 18 de xullo de 1985, na Voz de Galicia)

jueves, 25 de febrero de 2010

As xurisdiccións antigas na Maía VIII

As parroquias de Trasmonte, Agrón e Léns


Estas tres parroquias situadas estratexicamente entre a Ponte Maceira, a fortaleza de Altamira e nas vías que levaban tanto a Compostela como ós dominios dos Moscoso o norte do Tambre, eran señorío dos condes de Altamira e parte da súa xurisdición.

A fertilidade destes lugares e a súa posición estratéxica nos camiños fixo que desde os tempos medievais as xentes poderosas se fixaran nelas ben para establecer señoríos ben para obter as rendas dos foros labregos e levando oficios ou dotando capelanías e festas relixiosas nas parroquias. As noticias medievais falan da presenza dos Reino, dos Leis, dos Mariño ou dos Ardeleiros en estas parroquias. Son pequenas liñaxes que levaban foros, sobre todo do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, e posuían terras nas que traballaban os labregos ou caseiros. Algúns, como os Mariño, acabaron mudándose a outras zonas onde o seu señorío era máis importante; outros, como os Caamaño, chegaron no século XVI e con posterioridade. Soia ter vínculos familiares antigos cos Moscoso, o que ós levaba a obteren empregos públicos na administración do condado. As torres de Altamira, que están en Brión, pero pegadas a confuencia das parroquias de Trasmonte e Agrón nas proximidades de Calo foi como se dixo a capital do condado, e nela uníase a súa funcionalidade militar e simbólica.

Dicir tamén que dende un punto de vista xeográfico, estas parroquias xa non están ca conca do Ulla sen do Tambre, indo os seu regatos a parar a este gran río. Son terras que xa miran ó norte as antigas xurisdicións de Barcala, tamén do condado de Altamira, e os contos de Lañas e Nantón, do señorío dos Arcebispos de Santiago, e da Soberana orden de San Xoán de Malta, respectivamente.

martes, 23 de febrero de 2010

Efemeride. Os 173 anos do nacemento de Rosalia de Castro

Peregrinaxe lírica polos lugares rosalianos

Un día de febreiro, máis concretamente o 24 do ano 1837 nacía en Santiago Rosalia de Castro. Con motivo dos 173 anos do nacemento da nosa escritora traemos hoxe aqui un documental cinamatográfico de hai medio século

No ano 1951 un grupo de intelectuais galegistas, fixeron unha peregrinaxe lírica polos lugares rosalianos, incluídos Ortoño. O fin era volver a xuntar as persoas e entidades comprometidas ca cultura galega que quedaran dispersas trala guerra civil.


A casa do Castro, en Ortoño, uns dos lugares visitados na peregrinaxe de 1951

Aquela peregrinaxe foi filmada en un documental que se reeditou o 25 de xullo 2000 por un xornal galego, e que hoxe esta volcada en varias entregas en youtube.







http://www.youtube.com/watch?v=MUQo7zrhryw



Velaquí mostramos a segunda entrega onde podemos ver imaxes do val da Maía, da casa do Castro, a igrexa dos Ánxeles ó lonxe, de Bastavales, Iria, Padrón etc. As outras partes podense encontrar en YouTube.






Imaxes que nos transportan a unha Galicia previa as grandes infraestruturas e urbanizacións, sendo uns dos primeiros documentos gráficos da nosa parroquia.

sábado, 20 de febrero de 2010

O entroido nos anos 50

Estas son fotografías das comparsas que animaron o Entroido na nosa parroquia nos primeiros anos da década dos 50, ala polo século pasado, máis concretamente as de dous anos.




Nelas aínda podense ver algúns veciños da parroquia que hoxe teñen un poucos máis anos, e tamén outros que xa morreron.

Como se pode apreciar, os tempos cambiaron moito, tanto no xeito de vestir como no de celebrar estas festas.



Nesta última fotografía podemos ver tamén como era a carretera de Santiago a Noia o seu paso por Bertamiráns.

domingo, 14 de febrero de 2010

As xurisdiccións antigas na Maía VII

Santo Tome de Ames e San Estevo de Covas.

Continuando ca cartografía das antigas xurisdiccións na Maía, reparamos hoxe en estas dúas parroquias que dende antigo foron sempre da xurisdicción da Maía.
Conforman a parroquia de Ames os seguintes lugares:
Aguapesada, Barouta, Carreira, Castelo, Castiñeiro de Lobo, Cruxeiras, Lamas, Oca, Outeiro, Padrón, Pedras, Pedrouzos, Pegariños, Pousada, Proupín, Quintáns, Seares de abaixo, Seares de arriba, e Vilar.
Covas esta formada por: Capeáns, Caroubáns, Covas, A Igrexa, Lombao, Loureiros, Monte e Ventosa.

Esta parte da Maía linda polo leste con Villestro que era da xurisdicción do Xiro da Rocha, e por tanto do señorío dos arcebispos, e polo norte con Tapia que anque no eclesiástico é anexo de Ames, antigamente xa pertencía a xurisdicción de Dubra, señorío do Conde de Grajal e marqués de Montaos. As feligresias que ten polo oeste que son Lens e Transmonte pertencían a Altamira. Ó sur está Ortoño do que xa imos tratando con máis detenemento o seu reparto entre Altamira e Maía.

A historia de estas terras tamén é moi dilatada. Ames e Covas son a parte máis septentrional da antiga terra da Maia, lugar de asentamento do pobo dos amaeos, como no lo trasmiteu Plinio. Cabe resaltar, entre outras moitas cousa, a batalla que se dou en 1471 nas inmediacións de Pousada entre as tropas do arcebispo e a dos nobres galegos entre os que se contaba o conde de Altamira, victoria que caeu na parte destes e que dou un grande impulso os Moscoso cara o seu condado de Altamira.

Coincide tamén a súa situación co cambio de conca hidrográfica, xa que entre Ames e Tapia as augas dos regatos e fontes unhas van dar ó Tambre e outras discorreran máis lonxe ata dar a través do río dos Pazos, e o río Sar no río Ulla. Sábese que co tempo o río dos Pazos que nace no linde de Ames e Tapia acabara erosionando o terreo ata chegar a toparse co Tambre, o que provocará que este cambie o seu curso a través do dos Pazos e o Sar ata xuntarse co Ulla en Pontecesures.
Pero esto será dentro de miles de anos e nos non o veremos.

sábado, 13 de febrero de 2010

Castrigo VI

Os descendentes de Gregorio de Castrigo

Todos os fillos de Gregorio e Dª María Gómez, casaron salvo o máis novo Marcos, que anos despois da morte de seus pais, e de ter deixado os libros tentou viaxar a Nova España como xa se dixo.
Seu irmán Diego, que debía ser o máis vello, casou na casa con Magdalena de Guisande, filla de Domingo de Guisande o vello e Lucia de Framil, veciños de Brión, sendo os seus descendentes os moradores de Castrigo ata a actualidade. Súa irmá María casou con un irmán de Magdalena, Pedro de Guisande, establecéndose en Brión. Outras dúas irmás tamén se casaron con outros dous irmáns: Francisca e Cecilia de Castrigo casaron en 1668 con Joseph Gómez Barreyro e seu irmán Domingos, respectivamente, da Casa de Salaño das Cortes. Quizais por este matrimonio e influencia da súa familia política Joseph chegou a ser rexedor da xurisdicción de Altamira. Seu irmán estableceuse en Castrigo.
Outra irmá, Isabel de Castrigo, casa con Juan Vidal, veciño de Bugallido, establecéndose en esa parroquia.
Sen embargo, o irmán que mellor casorio tivo foi Antonio. Don Antonio de Castrigo Sanmamed Gómez Hortiz Pardiñas Villardefrancos, que é como se fai chamar en unha averiguación de limpeza de sangue de un sobriño seu, tiña deixado a casa paterna e establecerase en Santiago co oficio de prateiro de prata e ouro.
En realidade casou dúas veces, a primeira o 1 de agosto de 1672 con unha veciña de Brión, Dª Ana Romero de Moscoso, filla do capitán D. Juan Thome López de Prado e de Dª Juana Romero de Moscoso e Soutomaior. Esta Dª Juana podería ser descentente da Casa de Muíño, no partido de Muros, xentes que tiñan entre os seus ascendentes ós Moscoso, na época en que eran señores de Altamira, antes de chamarse condes. A dote a este matrimonio fíxolla o avó da noiva, que era o licenciado don Martín Romero de Moscoso e Soutomaior, clérigo de Brión.
Deste primeiro matrimonio, Antonio tivo dous fillos xemelgos e unha filla. Un foi D. Jacinto de Castrigo Romero Moscoso de Soutomaior, rector que chegou a ser de Santo Tome de Ames. O outro chamouse Joseph e casou en San Martín de Liñaio con Dª Francisca Faxardo de Puga, filla dos señores do pazo de Reiboo, D Gregorio Faxardo de Reino e Dª Ana Sánchez de Ardeleiros, esta procedente do pazo de Lens. Este matrimonio tivo unha filla que casou en San Xoán de Barcala.
Este Joseph de Castrigo quedou viuvo ós poucos anos de casar, e decide meterse cura, conseguindo ser párroco de San Adrián de Vilariño, parroquia que recolle de mans do rector saínte que era D. Juan Gómez Barreiro, irmán de seu tío político das Cortes, e de mesmo nome.
Seu pai D. Antonio de Castrigo, casa en segundas nupcias con Dª María Núñez Varela, filla de Jacobo Núñez de Castro e de Isabel García Varela, veciños todos de San Miguel de Cora. Tiveron por filla a Dª Rosa Ignacia Núñez de Castrigo y Sanmamed, que pasados os anos casaría co avogado da Real audiencia o doutor D. Ignacio Pereira e Moscoso.
Antonio ó deixar Castrigo, non deixou os bens que recibira en herdanza de seu pai Gregorio, senón que llos aforou a seu irmán máis vello, a Diego. Este foro pasa a familia Pereira ata o mediados do s. XIX en que despois de varios preitos tiveron que ceder os bens ós que os traballaban o comprobarse que en realidade non eran seus. Xa no preito co conde o seu apoderado despoxará os Pereira de aquelas rendas, pero amañáronse para seguilas cobrando un século máis.

lunes, 8 de febrero de 2010

A Emigración en Ortoño III

De Sisalde a Andalucia e despois a America.

Esta é unha historia de xentes da parroquia que emigraron a outros puntos da península e a súa vez os seus descendente emigraron de novo, pero desta vez a América
Falamos de Francisco Vidal, natural de Ortoño. Era fillo de Domingo Vidal e Luísa de Sar, veciños do lugar de Sisalde. Francisco nace o 5 de marzo de 1735. Con vinte e pico anos emigra a Andalucía, concretamente a Puerto Real, onde o monopolio comercial con América fixera progresar moito a esta vila e outras da desembocadura do Guadalquivir. Alí establecese e casa non tendo noticias de ter volto a Ortoño.
Entre outros fillos ten a Cipriano José Vidal, nacido en 1764, que co tempo pasa a Cádiz onde casa en 1797 con Dª Ana Josefa Escálante. De este matrimonio naceu en 1804 Dª Mª del Carmen Vidal na cidade de Madrid, signo da boa posición que foi acadando a familia de este Francisco Vidal o que nacera en Sisalde.
Dª María do Carmen Vidal casou con D. Santiago Barrientos Albarado, natural de Castro en Cantabria, militar de prestixio, con unha vida azarosa dende a guerra de independencia ata as guerras carlistas. Entre medias pasara a América e regresara a península onde recibe varias condecoracións e ascensos. En 1847 morre Mª do Carmen, e o ano seguinte o seu viúvo e nomeado gobernador do castelo de San Felipe en Puerto Rico. En 1858 establecese en Valdivia, Chile.
Tiveron un fillo chamado Enrique que casou ca súa prima Dª Josefa Vidal, morrendo na Habana en 1908.

lunes, 1 de febrero de 2010

As xurisdiccións antigas na Maía VI

San Xoán de Ortoño

Despois de tratar en este tema varias parroquias, e tamén despois, de tratar algúns lugares da parroquia de Ortoño, presentamos agora un avance sobre a cartografía de San Xoán de Ortoño, a luz dos limites das antigas xurisdiccións que había na comarca.

Como se pode ver non se indican máis que os antigos lugares que viñan da idade media, xa que estes eran os que tiñan un territorio delimitado, sendo a base de todas as divisións administrativas, fiscais, e eclesiásticas, como imos indicando por cada lugar; omitindo as poboacións que xurdiron dende o século XVI ata a actualidade.



Pódese ver como a parroquia estaba dividida en tres franxas de norte a sur. Ó leste están os lugares de Lapido, Maguxe e Ortoño, que se unían as Cortes e a Sisalde no sur, que eran da xurisdicción de Altamira. Dicir tamén que o dominio estaba dividido pola metade en Sisalde entre Altamira e a Maía, presumiblemente pro indiviso. Polo oeste agrupábanse os lugares de Castrigo, Pedregal, O Sisto e Carballido tamén de Altamira. E para rematar no centro estaban Casal, Bertamiráns, A Condomiña ou Ribeira, As Punxeiras Altas e Baixas que eran da xurisdicción da Maía.Neste plano tamén incluímos o presumible lugar da Igrexa na xurisdicción da Maía, anque este é un punto aínda cuestionable, xa que podería pertencer a de Altamira.