martes, 23 de febrero de 2010

Efemeride. Os 173 anos do nacemento de Rosalia de Castro

Peregrinaxe lírica polos lugares rosalianos

Un día de febreiro, máis concretamente o 24 do ano 1837 nacía en Santiago Rosalia de Castro. Con motivo dos 173 anos do nacemento da nosa escritora traemos hoxe aqui un documental cinamatográfico de hai medio século

No ano 1951 un grupo de intelectuais galegistas, fixeron unha peregrinaxe lírica polos lugares rosalianos, incluídos Ortoño. O fin era volver a xuntar as persoas e entidades comprometidas ca cultura galega que quedaran dispersas trala guerra civil.


A casa do Castro, en Ortoño, uns dos lugares visitados na peregrinaxe de 1951

Aquela peregrinaxe foi filmada en un documental que se reeditou o 25 de xullo 2000 por un xornal galego, e que hoxe esta volcada en varias entregas en youtube.







http://www.youtube.com/watch?v=MUQo7zrhryw



Velaquí mostramos a segunda entrega onde podemos ver imaxes do val da Maía, da casa do Castro, a igrexa dos Ánxeles ó lonxe, de Bastavales, Iria, Padrón etc. As outras partes podense encontrar en YouTube.






Imaxes que nos transportan a unha Galicia previa as grandes infraestruturas e urbanizacións, sendo uns dos primeiros documentos gráficos da nosa parroquia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario