De Sisalde a Andalucia e despois a America.
Esta é unha historia de xentes da parroquia que emigraron a outros puntos da península e a súa vez os seus descendente emigraron de novo, pero desta vez a América
Falamos de Francisco Vidal, natural de Ortoño. Era fillo de Domingo Vidal e Luísa de Sar, veciños do lugar de Sisalde. Francisco nace o 5 de marzo de 1735. Con vinte e pico anos emigra a Andalucía, concretamente a Puerto Real, onde o monopolio comercial con América fixera progresar moito a esta vila e outras da desembocadura do Guadalquivir. Alí establecese e casa non tendo noticias de ter volto a Ortoño.
Entre outros fillos ten a Cipriano José Vidal, nacido en 1764, que co tempo pasa a Cádiz onde casa en 1797 con Dª Ana Josefa Escálante. De este matrimonio naceu en 1804 Dª Mª del Carmen Vidal na cidade de Madrid, signo da boa posición que foi acadando a familia de este Francisco Vidal o que nacera en Sisalde.
Dª María do Carmen Vidal casou con D. Santiago Barrientos Albarado, natural de Castro en Cantabria, militar de prestixio, con unha vida azarosa dende a guerra de independencia ata as guerras carlistas. Entre medias pasara a América e regresara a península onde recibe varias condecoracións e ascensos. En 1847 morre Mª do Carmen, e o ano seguinte o seu viúvo e nomeado gobernador do castelo de San Felipe en Puerto Rico. En 1858 establecese en Valdivia, Chile.
Tiveron un fillo chamado Enrique que casou ca súa prima Dª Josefa Vidal, morrendo na Habana en 1908.
No hay comentarios:
Publicar un comentario