1830 o ano dos roubos
Como vimos no anterior artigo, na noite do 18 ó 19 de setembro asaltaran e roubaran a taberna do Santo unha gavilla de ladróns. Non fora a máis a cousa porque daquela volta puidéranse tocalas as campanas e acudiran moitos veciños facendo que os amigos do alleo non enredasen. Así é todo o notario da xurisdición de Altamira da parte ó xulgado case unha semana despois, ó día 25. Xa daquela a xustiza ía lenta, sen embargo tendo en conta os medios da época era bastante eficaz como veremos.
Mentres, ese mesmo día o maiordomo pedáneo e os celadores do Coto de Francos, na parroquia de San Xoán de Calo, e pertencente tamén a xurisdición de Altamira comparecían para denunciar outro roubo. Disque na noite do 23 do mesmo mes, de 8 a 10 individuos entraran a roubar a casa de José Lema, en dito coto, e recen chegado da cidade de Cádiz. A emigración a Cádiz, xa se remontaba ó s. XVIII, e moitos galegos foron a aquela cidade portuaria que tiña o monopolio do comercio con América, a buscar fortuna. Cando un emigrante volvía supoñiase traia o peto cheo, e este dato foi importante para a investigación.
Cruz medieval que se atopa no antigo coto de Francos, en Calo. |
Pero a cousa non quedou así. Ese mesmo día 25 ó chegar a noite, como despois se denunciou, tentaron entrar a roubar a casa de Vicente Obella de Laraño, non sendo capaces de roubalo polas voces e xuntanza que fixeran os veciños. Disque as 8 da tarde Vicente Obella, a súa muller e demais familia, atopábanse xa retirados e na cama cando sinte que lle petan a porta un grupo de homes. Dinlle que lle franquee a porta que como celador do lugar debía acompañalos a taberna da Amañecida para apresar un ladrón que segundo eles alí estaba.
Sen embargo Vicente desconfiou. Coñeceu pola voz a un conveciño seu, un tal Vicente Guillín, de mala conduta e fama, e recelouse de que o quixeran roubar. Entón discorreu, e díxolles que si había ladrón na taberna da Amañecida que a rodeasen ata que despuntara o día e despois que habían de concorrer todos nela. Polo visto non lles gustou a idea os debaixo e comezaron a baterlle a porta cas culatas das armas que traian. Entón vendo a situación moi mal, Vicente pensou que a única saída que vía era fuxir da súa propia casa e pedir auxilio. E así o fixo. Colleu e sen pensalo abriu a ventana e tirouse dela a baixo, non contando que había un desnivel de 24 cuartas, aproximadamente uns cinco metros. A pesar do golpe que levou, ferido e todo, dou todas as voces ós veciños que puido e os moinantes desapareceron.
Estes feitos puxéronse en coñecemento do xuíz da xurisdición do Xiro da Rocha, que tiña a súa residencia en Santiago, e mandou o expediente ó de Altamira por sospeitas fundadas que se tratase da mesma gabilla.
Continuara...
No hay comentarios:
Publicar un comentario