Esta fundación de 1713, e tamén as dúas seguintes, teñen un certo interese, xa que as xentes que consignaron esta misa e os seus descendentes son membros de unha familia de Ortoño que, anque non moi coñecida, si soa moito: a familia Martínez Viojo.
A Casa do Castro |
O 21 de decembro de 1713 un tal Francisco de Sebe, apelido de referencia do Ortoño do s. XVII e de despois tamén, funda unha misa que deixara seu pai defunto. Este fórao Juan de Sebe da Punxeira primeiro home de Lucia González, que o morrer quixo que os seus lle dixesen unha misa por San Xoán, patrón da parroquia, todos os anos para sempre.
Francisco por tanto debería ser fillo de Lucia González, unha das fillas de Pedro González, e membro de unha familia de pequenos fidalgos afincados na Tenencia da Condomiña, terras que tiña o Cabildo de Santiago en Ortoño. Pedro casara dúas veces, primeiro con María Álvarez de Souto e despois con Dominga de Castro. Precisamente o apelido da súa segunda muller indica quizais o lugar onde vivía: no Castro de Ortoño, e vincula ademais dos datos xenealóxicos a familia Martínez Viojo ca Casa do Castro.
Francisco de Sebe pagou a misa dous anos, 1713 e 1714, e devido o lapsus de tempo tan grande no que non se consignaron os pagadores, perdeuse a relación de xentes que se fixeron cargo de esta fundación.
Así en 1774 cando de novo temos datos atopamos a un novo membro da familia que xa nos empeza a soar. Entre ese ano e 1795 encargase de pagar Vicente Viojo, natural de Bastavales pero casado con unha veciña da Punxeira que era Vicenta Vidal. Vicenta era unha das tataranetas de aquel Juan do Sebe que fora o primeiro home de Lucia González. Deste xeito co paso do tempo a obriga familiar pasa a seguinte xeración. E a comezos do s. XIX temos o xenro de Vicente, Miguel Martínez pagando a misa.
Miguel Martínez estaba casado con Manuela Viojo, filla de Vicente e Vicenta Vidal. Sobra dicir que Miguel Martínez e Manuela Viojo foron os pais do tan tecleado José Martínez Viojo do que tanto se ten calado, despois preguntado, e do que faremos unha extensa monografía inédita nun futuro non moi lonxano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario