Como vimos no anterior artigo, a metade de Sisalde pertencente ó conde de Altamira estaba habitada en 1581 por dúas familias que eran as formadas por Pedro de Sisalde e a súa muller Catalina de Roxido e Antonio de Roxido e a súa dona Catalina de Sisalde. Do primeiro matrimonio non se tivo máis novas, sen embargo sucedeu no segundo un fillo chamado Jacome de Roxido que había de casar con María de Sisalde, quizais tamén orixinaria do lugar e de algunha familia que habitase a metade de Sisalde pertencente ó Cabildo.
Cruceiro moderno de Sisalde ó pe da torreta do suministro eléctrico. http://farm4.static.flickr.com/3538/3401614051_5e20561a44.jpg |
Sabemos estes datos porque o fillo deste último matrimonio, que ostentaba a primeira voz de aquel foro feito en 1581 presentase ante o administrador do conde en 1630 para ser nomeado segunda e última voz do foro, por morte de seu pai. Este era outro Jacome de Roxido do que non sabemos xa máis nada del.
Temos que esperar ata finais do s. XVII para coñecer, agora xa a nivel de todo o lugar, os nomes dos habitantes de Sisalde. A fonte é o libro da Cofradía de San Roque e San Antonio datado en 1696, o cal garda os nomes dos cofrades por lugares:
Benito Vidal e a súa muller
Domingo de Roxido e a súa muller
Juan de Roxido e a súa muller
Antonio de Roxido e a súa muller
Antonio Patrón e a súa muller
Agustín Pachón e a súa muller
Salvador de Villanueba e a súa muller
Antonio de Bilanoba e a súa muller
Juan Chico e a súa muller
Antonia de Roxido
María de Sar
Pasados uns anos, en 1707 volvese facer un novo rexistro de cofrades no que aparecen como novos membros os seguintes:
Bernardo de Billanoba
Antonio Fernández e a súa muller
Jacome de Rogido e a súa muller
Domingo de Villanoba e a súa muller
Juan Vidal e a súa muller
Juan de Rogido e a súa muller
Francisca de Ruxido
Como se pode ver, aínda incluíndo a parte do Cabildo, a poboación ó longo do s. XVII multiplicouse. Non cabe dubida que parte destes habitantes de entre séculos son descendentes de aqueles outros que o conde lles fixo o foro, e os restantes son igualmente descendentes dos que vivían na outra metade. Porque ó igual que nos demais lugares da parroquia, e tamén nos de outras parroquias da bisbarra, as distintas xeracións proveñen invariablemente dos primeiros moradores. Temos que chegar a mediados do s. XIX, algúns dende finais do XVIII, para empezar a atopar persoas que emigran de outras partes cara a Maía. Este proceso xeneralizouse xa a finais do s. XX
No hay comentarios:
Publicar un comentario