Hai xa anos que se deixou, na Maía, a extracción de barro para a fabricación de materiais de construcción, sobre todo tella. Sen embargo aínda quedan na paisaxe algunhas das antigas, e non tan antigas telleiras coma testemuñas dunha actividade xa moi antiga. Mesmo na toponimia quedaron as súas sinais, como por exemplo, a Telleira, novo núcleo de poboación no lugar de Chave de Carballo, na brionesa parroquia de Bastavales; o a Telleira en Bertamiráns que lle dou nome a piscina municipal. A historia xeolóxica da Maía, conta con estratos do terciario e cuaternario. No amplo val existen grandes xacementos de arxila que xa dende antigo se empregaron na fabricación de ladrillos e tegulas na época romana. Existen evidencias no lugar do Rial, na parroquia dos Ánxeles de restos de unha industria cerámica. O carón do que semella un manancial natural atópanse varias covas circulares, e o redor delas aparecen anacos de tegulas e ladrillos feitos con fragmentos de outras unidades esnaquizadas e mesturadas con novo barro. Técnica estas ben coñecidas do romanos.
|
Antigo forno de cocer tella. |
A pesar de non haber máis datos, nin materiais nin escritos, é moi posible que esta industria, a da fabricación de obxectos cerámicos, sexan para a construcción coma para outros usos, seguise dende aquela época ata as primeiras novas escritas sobre esta actividade.
Así no catastro do Marques da Ensenada, xa aparece en 1752 un forno de cocer tella na parroquia de Ortoño, quizais en Bertamiráns, que era propiedade de Domingo Vilanova. De esta industria o propietario facía anualmente case 2000 reais de beneficio, máis do que cobraban xuntos os dous xuíces e os dous notarios das xurisdiccións da Maía e Altamira.
Telleiras hóuboas ademais de en Bertamiráns en Sisalde, na Telleira, en Chave e en outras partes. Sobre todo atopábanse nas inmediacións do río Sar, onde os xacementos arxilosos se encontran máis achegados a superficie.
Onde están exactamente os restos da industria cerámica de Rial? Son facilmente visitables?
ResponderEliminarNoraboa polo blog!. Das unha información interesantísima para os que nos gusta a historia, lugares pouco coñecidos e curiosidades da nosa zona...
Pois xa non é doado ver nada dos restos atopados en Rial. Eran fragmentos que aparecian o pe dun regeiro entre o monte e as cortiñas, no camiño que vai pola agra, xa cerca do río Sar en direción sur, cara onde estaba a madre de Sisalde. Visitar podese ir visitar, pero sen ver practicamente nada hai que ter moita imaxinación.
EliminarParte dos materiais fotografieinos para unha entrada sobre restos romanos.
http://historiadeortono.blogspot.com.es/2010/06/restos-de-ceramica-romana.html
Eliminar