martes, 17 de enero de 2012

Vias de comunicación IV


Xa viñemos falando en artigos anteriores sobre as vías de comunicación no val da Maía, e sobre todo as que atravesaban a parroquia de Ortoño.
Tratamos hoxe sobre unha conexión feita con posterioridade a estrada de Santiago a Noia, que sustitueu o antigo camiño real. Tratase da estrada da deputación que uniu Bertamiráns ca Casalonga, en Calo. Aínda que en realidade non era a Calo a onde se pretendía ir.

Recordemos como xa contamos na entrega II, que o camiño real dos portos de Muros e Noia a Santiago viña atravesando a parroquia dos Ánxeles por onde hoxe o fai practicamente. Sen embargo cando entraba na parroquia de Ortoño comezaba a desviarse cara o sur para dirixirse cara a ponte da Condomiña e seguir cara Bugallido e chegar a Santiago, por un itinerario semellante o que percorre o autobús urbano.
Posteriormente na década dos 60 do s. XIX e en virtude do plan nacional de estradas, esta habíase de trazar por Villestro Roxos e o Monte de Lapido de forma que entraba en Bertamiráns pola actual Av. da Maía. Quedaba deste xeito fora de esta vía a ponte da Condomiña, antano tan transitada e tamén por iso tan reparada do seu uso.
Pero esta ponte que uniu e une a metade sur ca norte da parroquia, no s. XIX seguía a ser moi importante e non se podía prescindir dela.
É desta forma que neste proxecto é novamente tomada en valor para facer pasar unha estrada que había de unir Bertamiráns ca nova Estación de Ferrocarril da Escravitude.
Deste proxecto xestado en 1885, tivemos novas a través como é costume dos documentos privados que gardan os veciños de Ortoño. Tratase dunha nota informativa emanada na Deputación Provincial da Coruña en maio de aquel ano, no que informa ó concello de Ames, se supón, da posta a punto do proxecto e de que este debía ser exposto publicamente durante un prazo de 30 días. Non sabemos porque un particular tiña na súa casa este tipo de notificacións entre administracións publicas, quizais tiña algún tipo de cargo no concello e gardou esta notificación cando xa non tiña interese.
Documento privado atopado no arquivo particular dun veciño de Ortoño.




Esta era a estrada que uniu a que viña de Santiago cara Noia ca ponte da Condomiña, o que hoxe ven sendo a Rúa do Alcalde Lorenzo. A partir de aí seguiu o camiño real ata Bugallido e despois outras vías antigas cambiando e atallando algo. Este camiño, non era nin moito menos asfaltado senón que viña sendo un camiño de terra, coma a estrada que saía de Bertamiráns cara Negreira. Daquela hai fotografias antigas dos anos trinta do s. XX na que se ve claramente o seu firme. Por outro lado que unise Bertamiráns ca estación non indicaba que Bertamiráns fose un lugar importante se non máis ben que tratábase de un no de enlaces con varios camiños, que o facían un lugar moi transitado.

Rúa do Alcalde Lorenzo na actualidade, en Bertamiráns.

Recordemos tamén, como o primeiro proxecto de unir por ferrocarril Santiago e Carril tiña pensado pasar pola parroquia de Ortoño onde tería unha estación, xa que era alí onde se había de unir a varias vías antigas que artellaban todo o territorio ó oeste de Santiago.
Seguramente cando o primeiro proxecto non foi a diante e o ferrocarril trazouse máis ó leste, tívose que compensar con un camiño que o fixera máis accesible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario