As vías principais que configuraron e
artellaron a remodelación feita a finais do s. XIX no entorno da parroquia de
Ortoño, foron a nova estrada de Santiago a Noia e a que partía de Bertamiráns
cara Firminstáns co obxetivo de conectar co tren na Escravitude.
Sen embargo como se pode entender, moitos
outros lugares e mesmo parroquias enteiras da bisbarra e val da Maía quedaron
como estaban dende había séculos. Seguían empregando as mesmas corredoiras que unían
as aldeas e as agras e os montes. Así, para ir a Santiago ou a Padrón non había
máis que ir recorrendo aqueles camiños medievais ata chegar a algún punto da
nova rede viaria, xa máis moderna e un pouco máis dereita.
Non é de estrañar que a primeiros do s. XX os
veciños das distintas parroquias se fosen movendo para buscar solucións a este
problema. Así comisión de varias parroquias deberon facer xestións ante Domingo
Paramés, da Casa de Granxa da Peregrina, en Bertamiráns, que daquela ostentaba
cargos públicos en Madrid.
Aquelas xestións saíron ben, e deron como
froito unha nova estrada, a que unía a Escravitude cos Barreiros. Ou sexa, a
estrada que parte da Picaraña e ven por Bastavales, Os Ánxeles, e despois sigue
cara Negreira.
Aquelo foi en 1917, e os mesmos veciños que a
pediran agradecéronlle a Domingo Paramés as xestións regalándolle un coche de
cabalos. Existe como se pode apreciar, fotografía do momento da entrega, que
foi na eira da casa da Granxa da Peregrina, Bertamiráns.
A estrada a Negreira xa fora feita con
anterioridade. Non sabemos se en 1885 con motivo de achegarse o ferrocarril ou
antes. Despois máis tarde fixéronse outras, coma a que vai dende o cruce da
Gandra, nos Ánxeles cara a Luaña e Cornanda. Deste xeito foise cambiando o
sistema vial antigo por un menos antigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario