23 de outubro de 1669
Esta é unha fundación da que non temos a penas
datos xenealóxicos. Foi feita ou recordada en 1669 por Juan Ferreiro “o vello”
de Bertamiráns, e tratábase de dúas misas pola Nosa Señora da O, a primeiros de
decembro. Eran pola memoria de Alberte do Casal, veciño que fora da feligresía
de Ortoño. Non se fala de ningún parentesco entre o defunto e o obrigado.
Quizais sexa a fundación da que temos máis
información sobre os seus cumpridores, pero dos que menos sabemos das súas
familias. Sen embargo os bens hipotecados tiñan que estar no lugar de Bertamiráns.
De alí eran Jacinto de Orta a finais do s. XVII, Diego Pérez e Pío Sardiña a
finais do XVIII.
No hay comentarios:
Publicar un comentario