sábado, 31 de diciembre de 2011

Historia do Culto IV


A cofradía da Divina Peregrina de Bertamiráns, parroquia de San Xoán de Ortoño.

A orixe de esta devoción naceu no seo dos misioneiros franciscanos, “os peregrinos de Cristo”. No século XVII, os membros de esta orden víronse inducidos polos escritos de Sor María Agreda, monxa concepcionista franciscana, e encontraron nas peregrinacións da Virxe María, un estimulo ó seu labor.

Esta influencia foi particularmente grande nas misións franciscanas en América, que tiveron a súa orixe no colexio–seminario franciscano de misións de Sahagún, en terras leonesas. Alí dende finais do s. XVII empezouse a venerar unha imaxe de extraordinaria beleza, e de factura sevillana do taller de “La Roldana”, chegada a Sahagún en 1688. En Sahagún déuselle o titulo de Divina Peregrina, Nuestra Señora del Refugio.

No último cuarto do s. XVIII, establécense no lugar de Bertamiráns, parroquia de Ortoño, o matrimonio formado por D. Benito Piñeiro e Lago e a súa dona Dª Cayetana Fernández Cordero que foron os fundadores da denominada Casa da Granxa da Peregrina. D. Benito era sobriño do párroco de Ortoño, D. Simón Antonio de Lago, e neto de D. Antonio de Lago e Ben, o que fora tesoureiro xeral dos estados do conde de Altamira no Reino de Galicia. Dona Cayetana, a súa vez, era natural da cidade de Pontevedra, de onde procedía a nova devoción a Virxe Peregrina. De esta forma cara o final da década dos 80 do s. XVIII, erixiuse por parte do párroco D. Simón Antonio de Lago, na propiedade dos seus sobriños, una capela privada dedicada á Virxe na súa advocación de Nuestra Señora la Divina Peregrina.

Cara os primeiros anos do s. XIX morre D Benito sen descendencia e en 1807 volve casar D Cayetana con D. José Francisco Vendrell Pedralbes y Estapez del Mas, médico nacido en Barcelona en 1776, e asentado en Santiago dende 1804 como catedrático de Medicina.
Dona Cayetana e o seu segundo marido non tiveron descendencia. Fixeran testamento no que deixaban os seus bens a D. Manuel García Barros e a súa dona D. Francisca Rigueiro, sobriña da defunta Dª Cayetana, e tamén a Academia de Medicina de Barcelona. O Dr Pedralves tiña restaurado a capela e pedira licenza para poder dicir misa nela, sendo aceptada o 29 de xullo de 1861.
Herdaron a este matrimonio unha filla chamada Cayetana García-Barros Regueiro que casou con D. José Ulloa Pimentel, gobernador que foi da provincia de Pontevedra, morrendo tamén sen descendencia. Estes deixáronlle os seus bens de Bertamiráns ca capela da Peregrina a súa sobriña neta Dª Jabiera García-Barros Pena, que casou con Domingo Parames González, natural de Ponteareas. En vida de este matrimonio, foi cando a imaxe da Virxe comezou a gozar de un lucro de oitenta días de indulxencia para cantos, diante dela, rezasen tres Ave Marías por privilexio outorgado por S. E. Mons. Arístides Rinaldini, Nuncio Apostólico da Súa Santidade en España, en data de 11 de marzo de 1900.




Ó falecemento de D. Domingo e Dª Jabiera, herdaron a Granxa e a Capela segundo a súa vontade os fillos da sua filla Dolores Paramés García-Barros e José Togores Rodríguez: José Luis, Elena, Dolores, María Pilar e María Rosa Togores Paramés; os fillos de Carlos Paramés García-Barros e Teresa Montenegro Cabezas: María Teresa e Carlos Paramés Montenegro, e a tía de estes: María Paramés García-Barros. Con Elena Togores Paramés casou o xeneral da Armada D. José Luis Azcarraga Bustamante, que foi a persoa máis coñecida de esta familia.

A mediados do século XX, en torno a mencionada capela e o culto que nela se dispensaba á Virxe, sobre todo para os veciños do lugar de Bertamiráns da parroquia de San Xoán de Ortoño, foi nacendo un pequeno movemento de devotos que, habida conta do servizo que aquela capela lles ofrecía para a práctica da súa relixión e o exercicio da súa piedade, e ca tutela, por parte de Don José Luís, e por outra do Párroco Don Juan Bueno Bueno, solicitaron ó Arcebispado de Santiago, a tenor dos canons 680 e 689 do Codex Iuris Canonici de 1917, a erección canónica da cofradía “Da Divina Peregrina”, sendo erixida como tal o 18 de decembro de 1962, polo Cardeal Quiroga Palacios. Igualmente o Reglamento de dita cofradía foi aprobado en esta data. O 25 de xullo de 1994, a Asemblea Xeral modificou algúns aspectos puntuais do mesmo.

Posteriormente, dúas causas provocaron a necesidade de construír una nova capela: por un lado o constante crecemento poboacional da parroquia; especialmente no lugar de Bertamiráns, na última década do s. XX e a venta da Casa da Granxa da Peregrina. Constatouse a necesidade de construír unha nova capela que puidese acoller a maior número de fieis. Ca axuda de moitas persoas e o mecenazgo do Concello de Ames conseguiuse o terreo e levantouse a actual Capela de Nosa Sra. A Divina Peregrina ó lado da rehabilitada casa da Granxa do mesmo nome. O arquitecto foi D. Carlos Pérez Pérez e foi consagrada ó culto por S. Excia. Rvdma. D. Julián Barrio Barrio o 26 de xullo de 1997.




Para saber máis:



Historia do Culto a Virxe Peregrina en Bertamiráns I







miércoles, 28 de diciembre de 2011

Libro de fundacións XXXII


Trixesimo segunda fundación.

27 de outubro de 1679.







Aquel outono de 1679 achegase a rectoral de Ortoño Domingo de Lapido, que ven a poñer en claro as obrigas da súa muller Dominga Míguez. O pai desta, Juan Míguez, deixara un misa perpetua pola súa anima a dicir pola festividade de San Martín. A dita misa quedaba hipotecada sobre as propiedades do defunto que tiña no lugar de Punxeiras de arriba e de abaixo.
É plausible crer que estes Míguez fosen do lugar de Punxeiras, pero dos cales non temos polo momento máis novas. Tamén parece obvio que Domingo de Lapido fose de Lapido. Sen dubida de este lugar procedía o seu apelido, e tamén era certo que non saíra del a lo menos ata ben entrado o s. XVIII. Temos constancia do apelido Lapido no lugar do mesmo nome dende 1545 cando o conde Lope Sánchez de Moscoso en persoa lle fai foro do lugar a Diego de Lapido e Jacome do Sebe. Sen dubida aquel Diego debeu ser un dos ascendentes do Domingo.

lunes, 26 de diciembre de 2011

Concordias V

O reclutamento para o servir ó Rei no s. XVIII.


Nas anteriores entregas sobre este tema falamos dos acordos ou amaños feitos no pasado sobre diversos temas. Así vimos como varios herdeiros se poñían de acordo sobre a herdanza dos seus avós ou bisavós. Aumentamos o número dos concordantes cando falamos de proxectos ambiciosos como a construción de unha presa de auga que regase varios lugares da parroquia. E culminamos co amaño que abarcaba a todos os veciños da parroquia cando se dispuxo da forma de pagar a primicia desta ó Cabildo de Santiago e o reitor da parroquia, acordo que poñía fin ó preito cos feligreses.

Sen embargo aínda así dábanse incluso acordos e concordias que involucraban a máis veciños. Había, segundo parece, acordos entre os moradores de varias parroquias. Isto visto dende o presente semella as veces algo prodixioso. Xa que logo hoxe vivimos nun dos tempos onde a individualidade é máis exacerbada. Non temos máis que reparar, por exemplo, nas comunidades de veciños, tan parodiadas incluso, para darnos conta deste feito. Pois no pasado as circunstancias dábanse para todo o contrario como veremos.

Como xa temos contado en outros artigos, as fontes atopadas entre os veciños da parroquia son de moita axuda. Neste caso atopouse documentación referente a provisión de novos soldados milicianos para o rexemento provincial de Santiago na segunda metade do s. XVIII.

Uniformes do exercito español ó principio do s. XVIII http://www.alabarda.net/uniformes/esp/inf/clonard/imagenes/inf_clonard_37.jpg
O exercito era para o antigo réxime un eixo fundamental do estado. A verdade é que a mesma puxanza do estado e a súa supervivencia dependían de manter a raia a outros países e as súas pretensións, sobre todo si se posuían múltiples territorios. Por tanto estar en guerra ou preparado para ela requiría ter, xa non soamente bos, senón grandes exércitos. Isto obrigaba a contratar e dotar soldados e oficiais.

España durante os s, XVI ata o XVIII tivo moitos rexementos que se provían de varias formas. O rei e os seus representantes nos diversos reinos podían facer levas para formar unidades novas nun determinado momento. Sen embargo esta practica que viña da idade media era pouco estimada xa que o que se tentaba era ter rexementos estables e profesionais. Deste xeito estableceranse unidades estables nas que servían soldados con unha certa cualificación ou experiencia. Destes había moitos rexementos de estranxeiros ó servizo da monarquía española.  Moitos eran tamén concesión da coroa a particulares que contrataban soldados a cambio de unha cantidade e unha serie de postos de oficiais. O certo é que no Reino de Galicia, como nos demais reinos de España, cada capital de provincia tiña un rexemento provincial, que combinaba varias particularidades. Estes chamados milicias provinciais estaban dirixidas pola nobreza do pais. Os novos reglamentos tiñan modernizado a súa organización, converténdoas ó final do s. XVIII na mellor reserva de Europa. As milicias provinciais mobilizábanse en períodos de perigo de guerra. Parece que a provisión dos soldados de estes rexementos facíase proporcionalmente sobre a poboación das distintas xurisdicións que compoñían a antiga provincia, neste caso a de Santiago.
Cando un soldado causaba baixa, por idade ou tempo no servizo, ou por morte, soíase repoñer con outro procedente da súa xurisdición. Ese deveu ser o caso do ano 1775, en que se produciu este feito na terra de Altamira. Deste xeito os responsables do recrutamento e os representantes da xurisdición reunían ós veciños e facíanos participes destas novas. O sorprendente da situación, era que a diferenza do servizo obrigatorio no que todos os mozos eran chamados a filas durante un tempo, neste caso como había que prover un número limitado pero de longa duración deixábase a liberdade do acordo entre os veciños.
Así entre os que estaban en idade de servir ó Rei buscábase os candidatos que menos cargas tiveran que deixar. Así que a xuntanza debía ser un sen fin de escusas. Uns estaban casados e tiñan fillos pequenos, outros axudaban a un dos seus pais viudo, así ata que se encontraba un candidato idóneo que non deixara a ninguén desamparado. Cando se chegaba a un acordo mandábase o “afortunado” para Santiago, non a estudar senón para ingresar no exercito. Daquela volta foi un veciño da parroquia de San Xulián da Luaña que como xa vimos tamén pertencía a Altamira.



lunes, 19 de diciembre de 2011

Outros curas I




Prolegómenos.

Vimos máis arriba unhas poucas novas sobre os párrocos que foron da parroquia de Ortoño dende finais do s. XVI ata a actualidade. Sen embargo non hai que facerse unha idea equivocada sobre o número de sacerdotes que habitaban o longo do tempo a parroquia, aínda que soamente falemos do párroco. No pasado o estado eclesiástico era tido como unha especie de clase elevada a cal non poucos tentaban acceder. Calquera familia que se prezase, intentaba ter un membro cura. Era a garantía de poder chegar a facer estudios, consolidar un patrimonio e ter un intercesor nos asuntos seculares e espirituais. O sacerdocio non se vía tanto, en algunhas ocasións, como unha vocación cara o ministerio da Igrexa, se non moitas veces como un estatus social.
Evidentemente si había máis curas que parroquias, cousa hoxe inversa, quedaban moitos sen poder chegar a rexentar unha. Por exemplo na vista pastoral de 1902, na que nos visitou o Cardeal Arcebispo Herrera, ademais do párroco había oito veciños de Ortoño que eran sacerdotes.


Unha ordenación sacerdotal.
Foto: http://1.bp.blogspot.com/_iJkBUCorFbc/TUtHLWt2iHI/AAAAAAAAAw8/dMX6tqbKIlQ/s1600/ordenacion-sacerdotal-2008-88.jpg


Hoxe como é de imaxinar cambiaron moitas cousas. No pasado os aspirantes a sacerdote, despois de facer os estudios correspondentes esixíaselles ter bens suficientes para podérense sustentar por si mesmos. Xa que logo, a idea previa era a de que non existisen sacerdotes pobres que deslustrasen o seu estado. Por iso, o máis frecuente era que os proxenitores do seminarista ou algún familiar xeneroso e sen descendentes lle fixera unha doazón de bens a título de “patrimonio”, a fin de con eles obtivera o sacramento do orden. Estes bens tiñan que ser certos e seguros e esto facíase con averiguación de testemuñas e notario. Outra formula era ordenarse como capelán nunha fundación que tivese capelanía dotada con unha determinada renda. Estas capelanías eran fundacións semellantes as que imos vendo do libro de fundacións de Ortoño, nas que ademais se fundaba unha praza de capelán que dixese as misas, e outorgábaselle un soldo sobre os beneficios de determinados bens que debían quedar agregados para sempre a capelanía. En Ortoño soamente había unha capelanía e era a do Santo Anxo da Garda, fundada en 1708 por D. Juan Gómez Barreyro, veciño de Ortoño no lugar das Cortes, e párroco que era por aquel entón de San Adrián de Vilariño e San Benito de Fefiñans, no actual concello de Cambados.
A fundación de tales capelanías era un acto espiritual e tamén económico. Escollíase a advocación da devoción do outorgante e mirábase de dotar unha serie de misas para pedir polo eterno descanso dos membros da familia. No plano económico o que se facía era apartar unha serie de bens que se adirían a fundación para pagar o capelán e que se convertían en eclesiásticos de forma que escapaban a fiscalización do estado. Ademais estas capelanías o que facían era asegurar unha entrada segura o estado eclesiástico de futuros membros da familia, e seren as veces, un trampolín para outros postos.
Todas estas cousas e outras son as que engrosaban os expedientes de sagradas ordes dos antigos seminaristas. Moitos destes homes de Deus, que tiñan moitas veces os dous pes máis na terra que nos asuntos espirituais, e debido ós estudios que non fixeran os seus coetáneos e a posición alcanzada chegaban as veces a ser personaxes de algunha relevancia na súa época. Tampouco era raro o contrario, e destacar por seren ministros entregados ó Evanxelio e a seu Ministerio.

No arquivo parroquial consérvanse, como vimos, moitas referencias ós párrocos. Pero existen outros curas de Ortoño e da comarca, que chegaron a sobresaír dun xeito ou doutro e dos que fomos formando unha pequena reseña que habemos de ir contando.

viernes, 16 de diciembre de 2011

Historia dos párrocos de Ortoño V

Diego Díaz de Guitían. (s XVI)



Retomamos a historia dos párrocos de Ortoño, precisamente co primeiro do que temos novas. Deste cura de Ortoño xa non tiñamos coñecemento del a través do arquivo parroquial. Por estes libros coñeciamos ó seu sucesor D. Antonio Gómez de Parapar. De Diego coñeciámolo seu nome e primeiro apelido a través da visita que fixo Geronimo Del Hoyo, e que despois consignou nas súas Memorias del Arzobispado de Santiago. Agora sabemos por outros documentos que se trataba de Diego Díaz de Guitian, un dos membros desta familia que se estableceu na Maía procedente posiblemente de terras lucenses. Como vimos cando tratamos os párrocos do século XVII, D. Diego tivo un sobriño segundo cura que ocupou o seu beneficio durante un breve período de tempo. Este que se chamaba Pedro Díaz de Guitian era fillo de Benito, que fora meriño e xustiza na xurisdición de Altamira e o morrerlle a muller fora ordeado de cura chegando a ser reitor de San Fins de Brión. Como se pode ver Diego foi o primeiro de unha familia ben posicionada na comarca que dotou de párrocos os s. XVI e XVII.


Bartolomé Juan Leonardo de Argensola (Barbastro (Huesca), 26 de agosto de 1562 - Zaragoza, 4 de febrero de 1631) foi un poeta e historiador español do Siglo de Oro. Tamén, ó igual que o noso protagonista, foi un sacerdote do s. XVI.
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/Bartolom%C3%A9_Leonardo_de_Argensola_%28detalle_grabado_1770%29.jpg/185px-Bartolom%C3%A9_Leonardo_de_Argensola_%28detalle_grabado_1770%29.jpg
Ademais coñecemos agora de Diego a súa faceta económica que xa nos apuntara Geronimo del Hoyo. Sabemos que xa era párroco de Ortoño cara 1584, porque en ese ano fai unha obrigación de pagar a Juan Rodríguez de Tasende 139 ducados polo tempo en que fora ecónomo dos froitos de San Vicente de Boqueixón, seguramente porque tiña algunha parte da súa sincura. Parece que tiña tamén outras inversións e dereitos por outras partes. Por Del Hoyo sabemos que tiña unha sincura en terra de Soneira, e ó parecer tamén en San Martiño de Liñaio en Barcala. Tiña tamén rendas no coto de Riomol, no actual concello de Castroverde en Lugo, xa que en 1591 dáballe poder a un irmán para poder ir a cobralas.

Ó ter moitos intereses mundanos estaba exposto a ter que defendelos, cousa que non o debeu amedrentar xa que non tivo reparos en meterse en xuízos e preitos, ata chegar incluso a Real Audiencia do Reino.

Pero o máis interesante dos seus preitos foi aquel que o enfrontou co párroco de Bugallido, o bachiller Jácome Louzao. Parece que D. Diego, o párroco de Ortoño dun xeito ou de outro conseguira os dereitos da parroquia de Bugallido, e pretendía unila a de Ortoño. Cousa que non dou prosperado. Si este proxecto do primeiro reitor de Ortoño coñecido fose adiante quizais hoxe San Pedro de Bugallido fose o anexo de Ortoño. Quizais se frustrase todo ó ser Ortoño un beneficio de presentación do conde de Altamira, e Bugallido do Cabildo de Santiago.

Diego Díaz de Guitian foi o cura de Ortoño ata a primeira década do s. XVII sucedéndoo no beneficio o mencionado Antonio Gómez de Parapar, cousa xa sabida.

martes, 13 de diciembre de 2011

As xurisdiccións antigas da Maía XIII

O couto de Somoza


Ademais do censo de 1708 existe documentación privada na parroquia de Ortoño que fala de un coto descoñecido que tamén apareceu nesta fonte. Este é o coto de Somoza.
Practicamente del non se coñece nada. Non é mencionado no catastro do Marques da Ensenada, nin nas eleccións de procuradores e rexementos da xurisdición no s. XVII. Tampouco o menciona Río Barja, no seu traballo de Cartografía xurisdicional de Galicia, e moito menos Clodio González, na súa monografía sobre Brión. Sen embargo, apareceu entre os papeis privados de un veciño de Ortoño, os dos repartimenos de impostos das xurisdicións de Altamira e Maía.

Ata agora poderíase pensar que este coto estaba composto polos lugares pertencentes a xurisdición da Maía das dúas parroquias de Bastavales, sen embargo o censo descartouno, xa que nel, aqueles veciños aparecen consignados dentro destas e non no couto.

 

Vista do val da Maía dende a horta da rectoral da parroquia de Santa María dos Ánxeles.
Foto: http://farm4.staticflickr.com/3198/3049301504_b31e86abbd.jpg
Sen embargo os enquisadores do s. XVIII tampouco son moi explícitos. Para aquela xente, non había dubida das divisións, e por tanto moitas veces non se plasmaban nos documentos porque era para eles unha redundancia.

O couto de Somoza, o censo dispono claramente dentro da parroquia de Santa María dos Ánxeles, sen dicir que lugares o conforman. Hai que ter en conta que Os Ánxeles é censado en dúas xurisdicións, xa que había lugares de Altamira e lugares da Maía, como en Ortoño, e incluso lugares partidos como eran Alqueidon e Guitiande, que estaban partidos entre ambas divisións administrativas e de señorío.

Quédanos por tanto comprobar que lugares antigos non son aparentemente mencionados para dar co dichoso couto. Estes lugares son Outeiro, Estrar e Gontade, dos que non hai dubida de seren antigos. É agora fácil supoñer que o couto de Somoza se estendese por estes lugares, sempre que non aparezan novas que o contradigan.

Si isto fose así, trataríase de un couto estraño, xa que parece obvio que debería ter unha continuidade territorial, e sen embargo Outeiro esta separado de Estrar por Vilanova que pertencía a Altamira, e Gontade xa queda máis lonxe cara o oeste.

Se coñecer a súa ubicación foi e é moi complicado, moito máis saber a súa xénese na historia.




Os lugares no Censo de 1708:

Os Anxeles en Altamira:

Rial, Vilanova, Souto, Piñeiro, Lago, 2 casas de Guitiande, Sanin, Guisande, Cavanas, Buyo,  parte de  Alqueidon


Os Anxeles na Maía:

Baliño(Bastavales), Reboredo(Pequeno, de San Salvador; Grande de San Xulian), Gondin, Perros, Cavo, o resto de Guitiande, Adoufe, Alqueidon, Soyglesia, Gandara(San salvador), Gonsende.

Nomenclator:

Adoufe, Alqueidon, Anxeles, Buio, Cabanas, O Cabo, Estrar, Gontade, Gosende Guisande, Guitiande, Gundin, Lago, Outeiro, Perros, Piñeiro, O Rial, Sanín, Soigrexa, Souto, O Tremo, Vilanova
(O Tremo é un lugar máis moderno, xa que parece que pertencia ó Cabo e a Guitiande)
O coto de Somoza sería entón Outeiro, Estrar e Gontade (¿?) E sería un coto da Maía.

domingo, 11 de diciembre de 2011

As xurisdiccións antigas da Maía XII

O Coto de Lamego


Unha illa no medio da xurisdicción arzobispal de Quinta.


Seguindo ca revisión dos territorios antigos, traemos nesta entrada o coto de Lamego. Lamego é un lugar da parroquia de San Lourenzo de Seira, no actual concello de Rois. Esta situado no val do río Sar, no seu tramo baixo, practicamente en fronte do santuario mariano da Escravitude, xa cerca de Padrón.

Este lugar daba, no pasado, nome a un coto redondo, no que ademais del estaban incluídos os lugares de Seira, a Igrexa, A Meana e O Casal, todos da mesma parroquia de Seira, e practicamente case toda a parroquia.

Non sabemos moito da súa historia, pero no s. XVIII este coto estaba incluído na xurisdición de Altamira, aló menos dende o xa repetido ano de 1708, ano do censo de onde tiramos esta información.




Igrexa de San Lourenzo de Seira, concello de Rois.
Foto:http://www.pueblos-espana.org/fotos_originales/7/3/0/00032730.jpg
Podía ter sido propiedade eclesiástica, a trabes de algún mosteiro compostelán. Quizais San Paio e despois San Martín, e ser aforado ós Moscoso, como se fixo con outros. Así é todo, ó igual que lle sucedía a outros cotos na Maía, este estaba rodeado de outra xurisdición que era a de Quinta. Era por tanto unha illa do conde de Altamira no medio do señorío do arcebispo de Santiago, que era a quen pertencía esta xurisdición.

jueves, 8 de diciembre de 2011

As xurisdiccións antigas da Maía XI

O Couto de Francos e a súa extensión.

Recabar novas precisas sobre o estado das cousas no pasado non soe ser doado. As veces as fontes cas que un traballa soen ser parciais, mostrando unha realidade por tanto falsa do paso do tempo. Por iso é interesante contrastar a información con todos os documentos que traten determinado asunto ou tema para poder achegarnos mellor a cuestión a estudiar.
Un dos temas máis interesantes que tratamos neste blog, é descubrir os límites precisos das antigas divisións do territorio, e por tanto tamén das actuais. Así no artigo das xurisdicións antigas da Maía X, falabamos do coto de Francos como un territorio que supoñiamos supeditado o lugar de Francos, xa que tampouco tiñamos, das fontes que empregabamos, datos que nos fixeran pensar o contrario.

Sen embargo, o padrón de calle hita de 1708 do arcebispado de Santiago, descúbrenos interesantes novas sobre este antigo coto de San Paio de Antealtares que despois caeu nos estados de Altamira. Neste censo, ó referirse a este coto, tomase referencias dos veciños non soamente do lugar de Francos, senón tamén dos de Vilar, dun lugar chamado Pica el Gallo e de Bascoas.



Cruceiro medieval do lugar de Francos, na parroquia de San Xoán de Calo.
Foto:http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/Cruceiro_en_R%C3%BAa_de_Francos%2C_Calo%2C_Teo.jpg/800px-Cruceiro_en_R%C3%BAa_de_Francos%2C_Calo%2C_Teo.jpg

Francos e Vilar pertencen a Calo, e seguramente Pica el Gallo do que falamos xa en outra entrada ó falar de un enorme marco de deslinde cas armas dos moscoso. Pica el Gallo é un topónimo ó estilo do de Cantalarana, que temos na parroquia de Ortoño. Trataríase de un asentamento de colonos de un dominio que dataría dos s. XVI ou XVII, xa que empregan o castelán moderno.

O sorprendente, e o que non sabiamos, era que o coto chegaba ata Bascuas, que pertence a parroquia padronesa de Santa María de Cruces, (ou sexa a da Escravitude), facéndoo moito máis grande en extensión.

Deste xeito xa se modifica sensiblemente o mapa das xurisdicións da Maía. Sen embargo habémolo de deixar así ata tratar algún novo descubrimento máis que tiramos deste antigo e interesante padrón de 1708.



lunes, 5 de diciembre de 2011

Libro de fundacións XXXI

Fundación trixesima primeira.

22 de febreiro de 1707.

Aínda que todo nesta familia estee por probar, semella que ten consistencia o cadro que propoñemos.


Tratase, como non podía ser doutra forma, de unha rama descendente da familia González da Condomiña, emparentada cos Solis da parroquia de San Xoán da Riba, no actual concello da Baña e despois cos Córdoba de Rianxo. Dun destes matrimonios, o González-Solis, houbo varios descendentes que non casaron, entre os que se contaba Bernarda González de Solis, que encontra herdeira a unha sobriña, non so dos seus bens materiais se non tamén das cargas espirituais. Tratábase de Manuela González de Córdoba e Solis. É difícil saber a que clase social pertencían estas xentes, xa que a profusión de apelidos, fan suxerir unha posición acomodada, e da entender que se trata da fidalguía da zona. Sen embargo, no censo de 1708, un ano despois de terse asinado este compromiso entre a sobriña herdeira e os desexos da tía defunta, aparecen mencionados como labradores afincados no lugar da Condomiña. É máis, en Ortoño cara primeiros do s. XVIII non había ningún fidalgo. Este matrimonio formado por Esteban de Guisande e Manuela González de Córdoba e Solis, tiñan dous fillos pequenos, e vivían da labranza a trabes de varios foros do Cabildo de Santiago e tamén do Conde de Altamira. Sen embargo eran os que máis terra tiñan, xa que incluso multiplicaban por 15 a de moitos veciños.

.




Parece que o matrimonio Guisande-González non dou perpetuado a súa liñaxe. Os dous fillos que tiveron non parece que sobrevivisen para ter descendencia. Co paso do tempo aparecen outros pagadores da misa da fundación. Así os seguintes son os Córdoba, os Bermúdez de Castro e os Solis, para ó final do século recaer nos García da Condomiña, familia que arriba á parroquia na década de 1780.

É interesante esta liña que seguro que co tempo habemos de chegar a artellar e coñecer mellor

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Pedregal X.

Comezos do s. XVIII.

Máis arriba, no artigo de Pedregal IV, falamos dos veciños do lugar que eran cofrades en Ortoño de San Roque e San Antonio, ala polo ano 1696.

En novembro de 1708, o censo feito daquela cóntanos que había oito veciños, ou sexa oito casas na aldea. A primeira era a de Juan de Paramos, casado con María Turreira dende 1677. É labrador, de feito é foreiro da familia Llorente, e ten catro fillos solteiros vivindo con el. Os seguintes son Antonio e Ygnacio Martínez, quizais irmáns, viven en cada súa casa, casados e con catro fillos. Son labradores pero ademais son tecedores, como moitos outros veciños da comarca. Tecen liño, un dos cultivos máis frecuentes despois dos cereais con que se alimentan e pagan os foros.

Foto: http://cvc.cervantes.es/img/santiago/Paseo/041.jpg

Tamén era labrador e tecedor, no Pedregal, Juan de Sar, casado dende 1665 con Dominga de Roxido. Non teñen fillos vivindo con eles o que non indica que non os tiveran, quizais casaran e vivan cos seus consortes.

Os catro veciños restantes traballan a terra pero non son tecedores. Son Domingo Míguez, viudo de Juana Vidal, que parece que vive só. Pedro Fernández casado pero sen fillos vivindo con el. Elena de Gosende, viuda de Alberte Vidal, e vive cos seus catro fillos pequenos. E por último María de Lens viuda pobre.

Estes son os veciños do Pedregal a primeiros do s. XVIII, e son os ascendentes das familias do lugar que chegaron ata hoxe. Hai unha parte do Pedregal que hoxe se coñece que antigamente era un lugar propio co nome de Sisto. Aquel era un lugar máis pequeno que o Pedregal pero sen embargo en 1708 tiña case o dobre de veciños.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Padrón de 1708

Neste ano 2011, como cada dez anos, realizase un novo censo da poboación. Estas averiguacións resultan moi interesantes para coñecer moitos datos relativos os habitantes dun territorio, e que despois se empregan para tomar decisións en moitos eidos. Téñense feito moitos censos dende antigo para coñecer o territorio os seus habitantes e sobre todo canto poderían pagar de impostos.


Tamén a Igrexa fixo as súas averiguacións ó longo do tempo. O arquivo parroquial, como xa temos visto, conten datos para a historia demográfica da parroquia. Estes son as listas de cofrades de San Antonio de Padua e San Roque, os cales datan de finais do s. XVII.
Sen embargo, esta é unha fonte que se pode considerar parcial. Os cofrades están obrigados a unhas certas tasas anuais que quizais foran privativas para todos os veciños. De xeito que o extracto máis humilde poida que non se consigne. Sen embargo no Arquivo Histórico Universitario conservase un padrón de veciños de todo o arcebispado de Santiago feito en 1708. Este tipo de padróns que se facían periodicamente, eran averiguacións promovidas por motivos fiscais. Hai que ter en conta que en aqueles tempos discorría a Guerra de Sucesión Española, un conflito a escala Europea e de larga duración, no que se ía moito gasto do estado.
A averiguación mandada facer polo gobernador do Reino de Galicia, facíase por xurisdicións e parroquias. Deste forma Ortoño foi censada en dúas xurisdicións, en Altamira e na Maía.
No caso da Maía engadíronselle a Ortoño as dúas casas que pertencían a esta xurisdición no lugar de Eirapedriña da parroquia veciña de Bugallido. Sen embargo omítese a do lugar de Framán que tamén pertencía a Maía.

Mariscal Villars liderando la carga francesa durante la batalla de Denain. Bataille de Denain de Jean Alaux (1839)
En 1708 varios veciños de Ortoño, servían ó Rey en Castela e outros lugares, na denominada Guerra de Sucesión, como nos indica o censo de 1708.


O padrón soamente da os nomes dos veciños, ou sexa dos cabeza de familia de cada casa ou fogo. Dos demais membros da unidade familiar, menciónaos sen dicir os seus nomes. Fala de cal é a ocupación de cada familia e en canto se tasa a súa renda. Empregase como medida desta, a cantidade de terra que labra. Porque en Ortoño, en principio non se consignan máis que labradores. Non se fala de ningún fidalgo, xa que si os hai teñen a súa residencia fora da parroquia. A terra, por tanto, era a ocupación maioritaria de todos os veciños, é máis, era a razón da súa veciñanza, pero aínda así hai outras ocupacións das que se supón que non aportan moito a renda familiar.
Iremos mostrando pouco a pouco estes novos, aínda que vellos, datos.

domingo, 20 de noviembre de 2011

Libro de fundacións XXIX

Vixésimo novena fundación


17 de febreiro de 1709.



Elena de Gosende, morto seu home, Alberte Vidal do Pedregal acordase dos deberes que este tiña cos seus defuntos e dispúxose a cumprilos. No inverno de 1709 institúe e funda unha misa perpetua por San Xoán de xuño, a intención de Juan Vidal da Condomiña, tío tamén defunto de seu marido defunto, que había xa seis anos que a deixara en testamento ó tempo da súa morte.

Esta fundación esta relacionada ca familia Vidal, unha das máis antigas do lugar do Pedregal. Familiares seus aparecen na fundación XXVI, que son os Gronso, e desta volta tamén os vemos emparentados cos Vilacoba-Castrigo, do lugar de Castrigo, que tamén os tratamos en outras fundacións.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Libro de fundacións XXX

Trigesima fundación.

4 de abril de 1683.

Un veciño de Castrigo, D. Domingo Otero e Lago que chegara a ser cura párroco de Santa María de Cuiña e San Esteban de Vivente, no actual concello de Oza dos Ríos, volve a súa terra. Este era un dos sete irmáns fillos de María de Lago. María estivera casada con Bieito de Castrigo e Sanmamed, do cal tivera por fillo a Gregorio de Castrigo e Sanmamed. Enviudou nova en 1615 e casou en segundas nupcias con Domingo Douteiro co que tivo seis fillos máis entre os que se atopaba don Domingo. Estes son os ascendentes das familias do lugar de Castrigo que o longo do tempo foron mudando os apelidos e multiplicándose. Aínda así durante o s. XVII houbo diferencias entre os bens de María de Lago entre os Outeiro e Gregorio de Castrigo e os seus descendentes.








Don Domingo ven a cumprir cos derradeiros desexos de seu irmán Alonso. Hipoteca varios bens para fundar cinco misas perpetuas. Tres na octaba de San Xoán, outra por Santa Cruz e outra por Nosa Señora da O.

A máis das veces non é posible coñecer moito das persoas antes da metade do s. XVII por mor da falta de documentación. Sen embargo, neste caso a través dos expedientes de Sagradas Ordenes coñecemos a súa partida de bautismo:

 
En veinte de octubre de mill y seis cientos y veinte años bautisse yo antº gomes de parapar rector de san Juº de ortoño un hijo a domingos de Otero y a mª de lago su muger llamase Domingos fueron padrinos Rº Giradles y Lucia de adoufe vecinos de Sª Mª de los Angeles y lo firmo Antº Gomez el qual rotulo lei a los testigos de atrás y dixeron era el propio por estaren algunos de los presentes

jueves, 3 de noviembre de 2011

Pedregal IX

A cartografía dos seus dominios.



Longo foi o traballo para dar hoxe aquí, a forma e extensións aproximadas dos antigos dominios neste lugar. Para iso empregamos a documentación antiga que puidemos ver, e que moitos veciños gardan nas súas casas, ademais de outra que se atopa nos arquivos públicos.
Pranos dos lugares de Pedregal e Sisto, da parroquia de Ortoño, divididos segundo os dominios que os poseían.

Deste xeito e como xa temos contado, atopamos o conde de Altamira como o maior posuidor de terra no lugar. Máis do noventa por cento de todo, incluídas as casas cas súas eiras e cortes, eran do seu estado. Pero polo medio aparecen certos agros e fincas de outros dominios.

Así o Agro dos Paramos, nome que recibe da familia que o traballaba, era do dominio dos Llorente, ou sexa do marques de Astariz. Tamén lle pertencían outras dúas propiedades entre as casas do Pedregal e o Soutiño. Tiña tamén outra boa finca en Móntelle de Abaixo e unha estreita en Chavían, que logo atravesaríaa a estrada Santiago-Noia no s. XIX.

O outro marques, o de Leis, o que era corsario, tiña un cadro no paraxe chamado Brea e outra leira estreita en Chavian, un pouco máis cara o leste da do Llorente. Neste mesmo paraxe de Chavian tiñan tamén sendas fincas o Cabildo de Santiago, a Fabrica da Igrexa de Ortoño e o Mosteiro compostelán de Santo Domingo de Bonaval.

Nos veciños lugares de Bertamiráns e Casal repítense estes dominios e outros que veremos cando falemos deles.

Estes pequenos dominios aínda que titulados, non deixaba de ser minúsculas excepcións dentro do estado de Altamira. Temos encontrado foros feitos polos administradores e tesoureiros do conde a favor do marques de Leis, que evidencian que o corsario era tamén un tributario da grandeza de España que era o conde. Porque a dicir verdade, no s. XVIII concedéronse moitos títulos nobiliarios, pero xa non se podían comparar cas casas e liñaxes que se titularan había dous ou máis séculos, como era o caso dos Ossorio de Moscoso.

domingo, 30 de octubre de 2011

Pedregal VIII

Contamos como no lugar do Pedregal, desta parroquia de Ortoño, ademais de percibir rendas o conde de Altamira facíao o marques de Leis, por mor de certas herdanzas e vínculos que herdara por súa nai dos González da Condomiña e dos España e Ruanova de Bastavales. Sen embargo, había no s. XVIII outros novos titulados que tamén vivían das rendas deste e outros lugares.

Referímonos o marques de Astariz, don Jacobo Llorente e Araujo. Nacera en 1727 en Santiago, fillo de don Jorge Llorente de Santiago e de dona Manuela Gómez de Araujo e Cancelada. Seu pai nacera en Matute, na Rioxa, pero trasladouse a Santiago, primeiro e despois a Pontevedra.Residindo alí, conseguiu executoria de nobreza na Real Chancillería de Valladolid. Don Jacobo casou con dona María Luísa Oviedo e Bustamante, quizais aínda algo parente por parte de súa nai.

Os bens do Pedregal e outros, puideron virlle por compra ou herdanza dos Cancelada ou outros fidalgos e burgueses composteláns. Sábese que no s. XVI os lugares de Bertamiráns e Pedregal estaban moi fraccionados e téñense encontrado moitas escrituras de compravenda.

22.000 ducados de ouro eran 242.000 reais, unha suma moi elevada para a época. Foto: http://images04.olx.es/ui/4/36/69/60232769_2-Compro-monedas-de-oro-de-todos-los-paises-Madrid.jpg

Pois ben o tal Jacobo Llorente obtivo cara 1752 o marquesado de Astariz e o vizcondado da Veiga de Gondar. Sen embargo non foi por nin motivo histórico, nin por méritos militares ou cortesáns, senón pola súa fortuna. Don Jacobo entregou a cuantiosa suma de 22.000 ducados ó convento franciscano de San Juan de los Reyes, en Toledo, para a súa reconstrucción. Polas normas da fundación, dadas polos seus fundadores os Reises Católicos, este convento tiña o privilexio de recomendar os reises a concesión de un título do reino a quen entregara unha importante suma de diñeiro para a súa reconstrucción e a suma dada polo Llorente era respectable.

Como dixemos, aínda que don Jacobo naceu en Santiago, seu pai, que non era galego, era un dos congregantes da cofradía de nobres da parroquia de San Bartholome de Pontevedra. Tiñan residencia na praza de Indalecio Armesto, e casa en San Gregorio de Raxo, actual concello de Sanxenxo.

jueves, 27 de octubre de 2011

Novas de Rosalía


Con motivo da efeméride dos 153 anos do casamento de Rosalía de Castro con Murguía, publicase un cuarto número da Revista de Estudios Rosalianos, onde se achegan novas sobre a biografía e ascendentes de Rosalía.


Pódese ler máis no seguinte enlace.

http://www.tierrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=324&idNoticia=706237#abajo

sábado, 22 de octubre de 2011

Libro de fundacións XXVIII

Vixésimo oitava fundación




28 de decembro de 1671.



Pois si, o día de Tódolos Santos de 1671, un veciño da parroquia de Brión comparece ante o notario López Rocha para impoñer unha misa de fundación na parroquia veciña de Ortoño. Semella que a súa defunta sogra, Lucia do Cassal, puidera ter sido orixinaria de Ortoño, e que despois foi casar ós Ánxeles, o lugar de Adoufe con Bartholome Neto.



Temos neste caso como xentes que non son veciñas da parroquia tamén fan fundacións nela, aínda que quizais porque tiveran algunha relación máis antiga. Deste xeito propiedades de outras parroquias quedaron hipotecadas para pagar misas na parroquia de Ortoño.


Esta fundación tivo problemas cara a metade do s. XVIII. Parece que houbo que facer información dos descendentes e das propiedades que estaban suxeitas. Desta forma falásenos dos desdentes do fundador, que invariablemente son todos veciños de Brión.

domingo, 16 de octubre de 2011

Pedregal VII

O oficio de corsario.



O marquesado de Leis leva o nome dunha parroquia do concello de Muxía, que estaba moi unida, dende antigo ós vellos mosteiros galegos pre-benedictinos de Moraime e Ózon. Como dixemos máis arriba, o primeiro marques natural de Pontevedra foino don José Bernardo Gago Mendoza de Leis e España, que tiña herdado en vida da súa nai, dona María Juana Romero de Leis e España, algúns dos estados en terras de Berdeogas, Mordomo e outros lugares en terras de Corcubión e outros sitios entre os que esta a parroquia de Ortoño. Herdounos de seu tío don Pedro Romero de Leis e España, que fora o primoxénito de don Esteban Romero de Leis, de Barro na Baña, e de dona María Francisca de España e Suárez de Figueroa, filla esta a súa vez de don Tomas de España e Ruanova e dona Antonia España e Suárez de Figueroa, veciños da Gándara en San Salvador de Bastavales. O tío do primeiro marques foi párroco de Dezo en Fisterra, pero antes fora vicerrector en Ortoño entre 1713 e 1716 coincidindo con don Ignacio Antonio Seares párroco por aquel entón. Este don Pedro Romero de Leis nomeou ó seu sobriño pontevedrés herdeiro de todos os seus bens e vínculos en 1730.

Don José Bernardo recibiu o marquesado de Leis polos servicios prestados ó infante Don Carlos en Nápoles. Era por tanto un home de armas, e este oficio continuouno ó súa volta a Pontevedra. Os Gagos, a familia de seu pai, estaban en Pontevedra emparentados coas principais familias fidalgas da vila e tiñan a súa propia capela en algunhas da principais igrexas, mostraron unha grande actividade militar en Pontevedra na segunda parte do s. XVIII sobre todo en empresas en corso, como nolo contan autores contemporáneos seus.
Foto: http://dadaisforever.files.wordpress.com/2009/02/barco-pirata21.jpg

Os corsarios eran particulares que obtiñan autorización por escrito para atacaren naves enemigas do pais, estado ou cidade que lle outorgaba a dita “patente de corso”. Deste xeito, esta persoa e os demais tripulantes e naves que tivera, formaban parte da armada nacional, cas mesmas condicións que as oficiais. Non tiñan nada que ver ca piratería, eran unha especie de milicia particular embarcada. España incorporouse tarde nesta practica que xa viña da idade media. É xusto ca chegada dos Borbóns a España no s. XVIII cando moitos barcos se incorporan as empresas ó corso, pero xa había máis dun século que outros países, coma Iglaterra e Francia e outros países europeos, tiñan ostigado as nosas escuadras e costas deste xeito.

O marques de Leis é por tanto un máis que se aventura a esta empresa que resulta ó mesmo tempo un bo negocio. Conta Vicetto, a este respecto, que na ría de Pontevedra había moita desta actividade:

 “dos buques se sumaron entonces en la Ría de Pontevedra: uno por don Cosme de la Isla Cabián, comerciante y vecino de esta ciudad, y otro por don José Fernández, que lo era del puerto de Marín. Fueron tripulados ambos buques por gentes del país, y capitaneados por los hermanos don Juan y don Bernardo Gago, llevando por segundos a otros dos hermanos suyos también, don Antonio y don Manuel, todos vecinos de la misma población. Estos hombres atrevidos y de un valor sin igual, hicieron cruda y cruel guerra a la marina mercante inglesa, y haciéndole una porción de presas que condujeron a Marín y Pontevedra, llegó a tal extremo su arrojo y bravura que entraban en los mismos puertos portugueses a consumarlas. El terror que difundió en los mares y los servicios que contrajo con esto el don Juan, le valió que el gobernador lo condecorase con una medalla de plata con esta inscripción AT MERITO”



Pois si, un corsario percibindo rendas polo pais adiante, e decote asaltando barcos ingleses polas costas portugesas.

martes, 11 de octubre de 2011

Pedregal VI

Un corsario percivindo rendas no Pedregal.



Máis arriba, tiñamos falado dos distintos dominios que entraban, tanto na parroquia como, en particular, no lugar do Pedregal. O máis importante érao sen dubida o conde de Altamira, pero había outros máis pequenos que chegaron a ter relevancia.

Un deles era o marques de Leis, que tiña ascendentes na parroquia de Ortoño no s. XVII, sendo esta a explicación da súa presencia nos foros e prorrateos do s. XVIII e XIX.

Pazo dos Leis na parroquia de Barro na Baña. Foto: http://www.tierrasdesantiago.com/img/noticias/20071225/4_99223.jpg

A familia dos González da Condomiña, ó parecer dedicábase ó comercio xa dende o s. XVI. A súa boa posición económica tradúcese nunha alta actividade de compra de propiedades por toda a Maía a primeiros do s. XVII. A esto únese unha política de matrimonios ca fidalguía máis relevante da area de Santiago. Emparenta, deste xeito, cos Ruanova-España, asentados en San Salvador de Bastavales, e moi influentes en Compostela. Esta familia tiña posesións en Bertamiráns, Casaliño, Pedregal e Lapido, e o parecer estaban vinculadas a unha capela e obra pía de misas dentro da Catedral Compostelán que fundara cara 1594 un tal Juan de España “el mayor”. Cara finais do século XVII, esta rama de Bastavales, emparenta cos Leis de Barro, no actual concello da Baña, e finalmente cos Gago de Mendoza da cidade de Pontevedra. Fillo deste matrimonio composto por Don Pedro Gago de Mendoza e Dona Juana Romero de Leis e España foino Don José Bernardo Romero de Leis. Este pontevedrés, enrolouse cara 1734 nas tropas españolas comandadas polo duque de Toscana D. Carlos, fillo do rei de España Felipe V, para a conquista do reino de Nápoles, aproveitando a guerra da cuádruple alianza sobre outras contendas en Europa. E efectivamente gañouse Nápoles ós austríacos e posteriormente Sicilia, de xeito que Don Carlos consígueo a coroa destes Reinos. No 12 de maio do ano seguinte de 1735, D. José Bernardo e nomeado Marques de Leis polo novo monarca polos servicios prestados en Oran, Ceuta e Dúas Sicilias, chegando previamente a ser Mariscal de Campo e Tenente Xeneral dos reais exércitos.
A ría de Pontevedra, onde o marques de Leis e os seus homes tiña a sua base de operacións. Foto: http://2.bp.blogspot.com/-YOqIU6WJJn4/TeNYZs_NHBI/AAAAAAAAAJ0/n9NKH_3XsZc/s400/Ria-de-Pontevedra-isla-de-Tambo-y-desembocadura-del-rio-Lerez.jpg

Voltado a Pontevedra el e os seus irmáns, empregando, quizais, as mesmas técnicas que en Italia, dedicáronse a non moi diferentes menesteres. Xa que o marques de Leis obtivo patente de Corso, para poder atacar a nacións enemigas no mar, cos mesmos dereitos e deberes como a Real Armada. Deste xeito converteuse no máis famoso pirata ou corsario galego do s. XVIII.

viernes, 30 de septiembre de 2011

Pedregal V

A batalla da Estrella.


Na noite dos tempos, onde xa non queda acordo documental ou nunca o houbo, sobre determinados feitos, é a onde van a parar moitas historias que logo encontraron o seu camiño para perdurar na tradicción oral.

Este é o caso dun feito singular acaecido nun tempo pasado nos confíns do lugar do Pedregal co de Carballido. Un e outro lugar tiñan dende antigo como límite común o camiño real que ía cara Noia e Muros, e que coincide hoxe dende o cruce ca rúa do centro medico cara o Tremo. Dende o s.XIX fóronse construíndo casas ó carón de este camiño que despois mudou en estrada, e que colleron por nome Éstrella. Disque lle chamaban así porque había unha debuxada na fachada dunha destas casas.
Foto: http://4.bp.blogspot.com/_J14paVPF0UI/SDnjnKHQfRI/AAAAAAAAQjc/qQp9VUIKkIk/s400/Batalla+Carlista.jpg

Pois ben, unha historia, que se oía con frecuencia, falaba de que nese paraxe houbera unha batalla. O relato era moi sinxelo, non facía referencia a quen se enfrontara nela, nin a época ou momento histórico. Como o escenario era un camiño antigo importante, semella que puidera ter sido unha emboscada dun grupo cara un convoi que percorría esta vía de Santiago a Noia ou viceversa. Deixando a un lado as conxeturas, contábase que no fragor do combate, ambos bandos esgotaron a munición das armas de fogo, de xeito que a batalla continuou pero a pedradas. Tampouco, se relata quen gañou, aínda que tamén é verdade que non se dixo quen se enfrontou. O relevante para a memoria colectiva era que acabaron a pedradas, aínda que os que comenzaron a contala historia coñecían todos os detalles, pero omitíronos por ser para eles obvios. O sabido e obvio para os vellos non o é para nos.

Puidera ser unha escaramuza do tempo da guerra da independencia, ou das guerras carlistas. Sen embargo, nos libros sacramentais, non hai rastro de morte violenta algunha por mor de sucesos coma aqueles. Deste modo quédanos aínda a dubida sobre a batalla da Éstrella.

lunes, 19 de septiembre de 2011

Libro de fundación XXVII

Vixésimo sétima fundación
9 de maio de 1688.


Como era habitual despois de varios anos, os beneficiarios dunha herdanza acordábanse de facer cumprir os desexos do defunto. Cara 1677 morrera Juan Vidal de Sisalde, seguramente solteiro ou viúvo sen fillos, deixándolle a herdanza a seu irmán Benito, da mesma veciñanza e casado con Dominga de Roxido. Este deixara en testamento dúas misas de fundación das que seu irmán encargase de cumprir a partir de 1688.

Esta debeu ser, sen dubida, unha familia importante no lugar nos s. XVII e XVIII. Sabemos que os apelidos antigos de Sisalde foron o mesmo tirado do topónimo e Roxido. Os Vidal moi logo emparentan con estes e establécense nesta aldea, mantendo relacións de parentesco con outras familias importantes, xa non só da parroquia, senón tamén da bisbarra. Así cara 1701, Juan Vidal de Sisalde, fillo de Benito Vidal e Dominga Freire, casa con Jacinta d’España, filla D. Agustín de España e Ruanova e María Vidal, de San Salvador de Bastavales. Ou sexa do outro lado do río Sar. Estas xentes pertencen a ascendencia materna do primeiro marques de Leis, e tiñan moitos foros e arrendos en Bertamiráns, Lapido e outros lugares dos Ánxeles e Bastavales.



En particular, sobre estes Vidal de Sisalde, soamente coñecemos os datos dos pagadores entre 1688 e 1832, co lapsus acostumado de medio século XVIII. Aínda así, mostran unha importante información para o rastrexo de esta rama familiar, tendo en conta que o fío de unión destas persoas ademais de familiar é a obriga de pagar a hipoteca das misas.

O final da serie documenta data de 1832. Daquela, o párroco de entón fai unha chamada advertindo que a fundación deixouse de pagar e que a súa pensión anual era de dous reais.

sábado, 10 de septiembre de 2011

A igrexa parroquial cara 1850.

Retornamos en setembro con un tema xa tratado: a historia arquitectónica da igrexa de Ortoño.


Voltamos a este tema, debido o descubrimento de un novo documento que bota máis luz sobre a evolución do conxunto parroquial. Este tratase do primeiro debuxo a escala da pranta da igrexa que se atopa, e data de mediados do século XIX. É máis grande, se cabe, o descubrimento, debido a disposición das distintas partes arquitectónicas no conxunto con respecto a actualidade.

A igrexa tiña un cruceiro máis grande, semellante o da igrexa de Bugallido. A torre do campanario, era a mesma que a que hoxe se conserva, e que se acabou de construír cara 1719. Sen embargo, dende o s. XVIII, a torre amenazaba ruína. Quizais os efectos de algún raio durante unha tronada, ou as secuelas do terremoto de Lisboa de 1755. Esta situación, e o longo retraso na súa reparación levaron a tapiar a porta principal da igrexa, e suplila con dúas grandes laterais, enfrontadas, a media distancia entre a lateral e a principal.

A casa da fabrica, non estaba onde hoxe se ergue. Estaba situada entre a igrexa e a reitoral, xusto na esquina da igrexa onde esta a escaleira do campanario. Deste xeito unía a tribuna e o piso alto da reitoral a través de dúas portas en sendos muros.
Poucos anos despois, o párroco de entón comezou unha serie de custosas obras que lle deron a disposición actual a todos estes elementos. Descubrir esta situación do s. XIX abre un camiño para entender outras noticias atopadas no arquivo respecto ó XVIII. De xeito que agora entendese mellor o discorrer das distintas actuacións que se levaron a cabo na nova igrexa de Ortoño construída nos primeiros anos do 1700.

viernes, 26 de agosto de 2011

Apéndice documental X

1587. Traspaso y presentación de primeira voz que fixo Marquesa de Pedragal, viúva de Alberte de Sanmartiño a Juan Vidal e Mencía de Sanmartiño, seu xenro e filla do foro do lugar de Pedragal e herdades de Bertamiráns.


En el lugar de Guldris felegresia de san Fins de Brion a veinte y siete dias del mes de Henero, del año De mil y quinientos y ochenta y siete años en presencia, e por ante mi escrivano e testigos, de yuso escritos parecieron presentes De la una parte Marquesa De Pedregal, viuda que finco de Alberte de sant Martiño defunto, vecina de la felegresia de san Juan Dartoño, y de la otra Juan Vidal su hierno vezino de la dha felegresia de san Juan Dartoño y dijeron, la dha Marquesa De Pedregal que por quanto ella y el dho Alberte de Sant Martiño, avian adquirido de foro del conde Daltamira, el lugar de Pedragal enteramente, con mas las heredades de Bertamirans, por renta canon y pension cada un año de cinco cargas y media de Zenteno y mas una marrana, o un ducado por ella y mas dos carros de palla triga, y dos cabritos y dos gallinas, pago en Santiago o Padron y en donde se mandar llebar segun que todo ello mas larga mente se contiene en la escritura de aforamiento, que pasara p(r) ante Jacome Fernandez, escrivano factor Del Conde Daltamira, a que dijo que se refereia que pasara en la horta Daltamira al primero dia Del mes de Junio De mil e quinientos y sesenta y quatro años, y que ella por fin e muerte del dho Alberte de sant Martiño, subcediera en el nombramiento del dho foro, conforme a una clausula Del, y que ella al presente hera vieja, y viuda, y que no podia labrar, granjear el dho Lugar y heredades de Bertamirans, segun que estaba obligada, y para que el dho lugar fuese en mejor, y valiese mas, y la renta y canone, que del se paga, al Conde y sus factores en su nombre este mas seguro para todo tiempo segun que se contiene en la dha escritura con la qual ella se confirmaba, y porque el dho Juan Vidal su hierno, casado con Mencia de Sant Martiño su hija della, y del dho Alberte de santt Martiño hera hombre honrrado y buen labrador en quien concorrian, las cualidades que de derecho se requerian, para lo en esta carta contenido que ella dende agora para todo tiempo De siempre jamas durante los dias de su vida Della, nombrava, y nombro por usoefrutuario del dho Lugar y heredades de Bertamirans y de todo lo contenido y declarado en la dha escritura de foro ansi casas, casares, heredades, arboles, e plantados molinos, todo tanto quanto a ello es anexo e perteneciente, a montes y a fontes para quel dho Juan Vidal y su muger por todos los dias dela vida dela dha Marquesa De Pedragal, lleven gozen, uso fruten el dho lugar en ttodo y como se contiene, por el dho foro para si mesmo, pagando como abinyan de pagar todo el canone, Renta pen(on) servicios, renta qualquiera manera y calidad, que se paga del dho Lugar y heredades, todo a los terminos e tiempo que se contiene en la dha escritura de foro e partes y en donde se deva pagar y de todo le quitar a paz y salvo yndene y a sus vienes y demas dello que dende agora para entonzes y quando Dios fuere servido de la llebar Desta presente Vida, que ella dende agora para entonzes, nombrava y nombro por voz y forero del dho Lugar y heredades que es la primera voz, del dho foro al dho Juan Vidal para que subceda en todo ello, y lo lleve y sea tal forero, por todos los dias de su vida y segun y de la manera que en la dha escritura de foro se contiene, lo qual ha de ser, lueg al tiempo del falescimiento de ella, y dende alli en adelante para todo tiempo, segun y de la manera que de suso se contiene, y declara en la escritura y foro del dho lugar, en todo ello, segun e como se contiene en la dha escritura, sin que dello falte cosa alguna, y para que pague, al conde la dha Renta del dho Lugar porque ella dende agora ansilo queria, y hera su voluntad, y lo nombrava y nombro por tal boz e forero del dho Lugar, y heredades, y para lo entar e labrar, y poser dende agora como e uso e frutuario dijo que dende agora le dava y dio poder en forma segun de derecho en tal caso se requeria y de derecho hera necesario, y que ella avia fecho en el dho Lugar mucho prefetos y mejoramientos por razon que el dho Juan Vidal los avia de llebar y gozar se los avia de pagar y por ellos todos enteramente todos quantos estan al pres(te) fechos en el dho Lugar y heredades del ansi de casas, como de heredades, coltivadas muros, valos, cerraduras, de qualquiera calidad y condizion, que sean y estanban fechos en el dho lugar, que ella y el dho Albert de sant Martiño, como antes e despues se hiziesen e fueran fechos en el dho Lugar por los quales todos, le ha de dar e pagar, treinta y ocho Ducados pagos todos llanamente, y con estas maneras y condiziones, le hacia, e hizo y otorgaba esta escritura, en su favor. Presente el dho Juan Vidal, que dijo que dende agora acetaba, y aceto tomava y rescivio en si el dho lugar y heredades, y todo segun de suso ba declarado con las maneras y condiziones de suso contenidas, y que ansi mesmo pagara la dha Renta, canone y pension que se paga del dho Lugar enteramente y heredades y todo y como se contiene en la dha escritura de foro, y a los Terminos y plazos en ella contenidos, y que en todo quitara, a paz y a salbo yndene a la dha Marquesa De Pedragal y sus Vienes, a todo tiempo, e para luego, que ella se falecer ser tal voz y forero del dho Lugar y heredades, segun que se contiene en este nombramiento, y para cumplir, guardar, las condiziones del dho foro enteramente luego tomaba y tomo los dhos perfectos, de suso declarados en el dho precio y quantia, y luego dio e pago a la dha Marquesa de Pedregal; los dhos treinta y ocho ducados, veinte en reales y moneda que sumo e valio la dha quantia, y los demas a complimiento en una tasa de plata, que dijo sumaba y valia, la dha quantia, y mas un copeta de plata que todo ello dio e pago a la dha Marquesa de Pedragal la qual lo rescivio y llevo en su poder de que yo escrivano doy fee, la qual dha Marquesa de Pedragal, dijo que por la dha quantia, hacia gracia, benta, zesion e traspasazion al dho Juan Vidal, y su muger hijos herederos de todos los dhos perfectos del dho lugar para todo tiempo que durare los titulos del dho foro y lugar y para todo tiempo dijo y confeso que no valian mas, y si valiesen, de la tal Demasia, dijo que hacia e hizo gracia donacion, cesion perfecta al dho Juan Vidal, y su muger, y en razon de ello, renunzio la ley del hordenamiento Real, que abla en razon de las ventas, y compras, en mas o menos del justo y mitad de precio, y dende oy dho dia, para en todo tiempo, se aparto, quito e demovio e desapodero, de todo e qualquiera derecho que hubiese e tubiese a los dhos Vienes y prefetos y lugar y lo puso todo, y cedio util Dominio y en qualquiera manera que ella lo havia, e tubiese a todo ello lo qual cedio e traspaso, en el dho Juan Vidal y su muger, y herederos, y dende agora se constituio por su Ynquilina precaria posedora, y en la forma que de derecho mejor lugar aya para su firmeza hera necesario, e para lo cumplir e no lo rebocar ni hacer otro nombramiento en tiempo alguno y en su termino ni de otra manera se obligo, con su persona y vienes muebles e raizes avidos e por aver, y que si lo tentase hazer que no fuese valedero sino este, que al presente hazia, y otorgaba, que queria valga y se compliese en todo e por toto segun que de suso se conti(e) y el dho Juan Vidal, que ansi lo aceto, e rescivio dijo que se obligava, e obligo con su persona y vienes muebles e raizes, avidos e por aver de pagar la dha Renta del dho Lugar, y de todo ello quitar a paz y salvo a la dha Marquesa de Pedragal y cada uno dellos, que no lo cumplir, e pagar pague al otro las costas, y gastos y menoscabos y esto en todo guarde y se cumpla esta carta enteramente e para lo cumplir guardar y mantener, cada una de las dhas partes por lo que le toca, y de suso se obliga dijeron que davan y dieron todo su poder complido a todas e qualesquiera, Jueces, e justicias seglares del Rey nuestro Señor e renunziaron su fuero y jurisdicion y domizilio y la ley Sit Combenerit jurisdizionem honium judizium, y las demas de que se poderian aprovechar, para que se lo hagan pagar, e guardar en todo e por todo como si contra cada uno Dellos fuese dado por sentencia difinitiba de su Juez competente e por ellos, consentida e pasada en cosa juzgada, cerca dello, renuncia(on) todas Leis, e la que dice que general renunziacion de leis fecha no val, y la dah Marquesa de Pedragal renunzio las leis de los emperadores Sinatus Consulto, Veliano, e todo auxilio de Leys de su favor de que se poderia aprvechar en qualquier tiempo, y entrambas partes lo otorgaron, ante mi escrivano e testigos e porque no savian firmar, rogaron a Juan de Son, que por ellos lo firmase de su nombre estando presentes por testigos el dho Juan de Son vecino de san Thome Dayames, y Alonso Vidal, vecino de la felegresia de san Fins de Brion Fran(co) Martinez, vecino de la dha felegresia que ansi mismo firmo por los otorgantes y de su ruego y otros, e io escrivano doy fee que conozco a los ottorgantes que son los mismo, como testigo y arruego de las partes lo firmo de mi nombre Juan de Son: Fracisco Martinez, Paso ante mi Sevastian de Coyro escrivano: El qual traslado saque del tanto que ante mi paso y queda en mi ofizio por registro a que me refiero y como escrivano del Rey Nuestro Señor, y del juzago De la Mahia lo firmo e signo = en testimonio de verdad, sevastian de coyro ess(no)=

viernes, 19 de agosto de 2011

Vias de comunicación III

As tabernas.

A etimoloxía desta verba ven do latín, no que taberna, tiña un senso máis amplo, xa que significaba tenda de calquera cousa. Nas linguas romances como as da península veu a ser sinónimo de establecemento onde se vende e consumen bebidas alcohólicas, sobre todo viño. Hoxe tabernas hai moitas. Con distintos nomes, pero que corresponden o mesmo establecemento. A súa ubicación é importante para que teña éxito, xa que debe estar preto de onde pase a xente.


E precisamente esta calidade da taberna, é a que a nos resulta útil para definir mellor os vellos camiños. Hoxe en día proliferan os bares e cafeterías, herdeiros das vellas tabernas, en areas densamente poboadas, como as vilas e as cidades. Sen embargo no pasado, quitando a cidade de Santiago, e outras vilas, as tabernas eran escasas e debían posicionarse en determinados lugares para de este xeito atraer ó maior número de persoas, sobre todo ó termos comprobado que non eran negocios moi boiantes.
Foto: http://www.oronoz.com/album/show-midres.php?referencia=070104.jpg

A mellor ubicación era o pe dun camiño. Mellor canto máis transitado fose, e mellor aínda si se dispoñía nun cruce con outro ou outros camiños.

Nas historias das gavillas vimos como existían tabernas no Espiño e na Escravitude, na parroquia de Santa María de Cruces. Soamente estas dúas xa describían o camiño de Santiago a Padrón. Do mesmo xeito outras fóronse posicionando o longo dos distintos camiños, o cal nos deixaron a través da documentación, pistas para seguilos.

Xa en 1830 encontramos a taberna do Santo en Ortoño, cando falabamos do asalto que sufrira por parte dun grupo de bandoleiros. Esa, ou outra, é mencionada case 80 anos antes no catastro do Marques da Ensenada, soamente co nome de Vistalegre. Este topónimo, hoxe perdido, referíase a parte do Santo, que esta no alto do cruce, xa que dende alí hai unha boa vista do val. A mediados do s. XVIII tiña Ortoño, ademais desta taberna, a da Condomiña e a de Cantalarrana.

A da Condomiña estaba rexentada por D. Manuel Suárez, marido de Dª Ygnacia Bermúdez, matrimonio que non tivo descendencia pero si afillados na casa do Castro de Ortoño. Eran descendentes dos González da Condomiña do s. XVI e XVII, dos que xa temos falado no libro de fundacións. Posiblemente fose o seu o mellor establecemento, xa que estaba o carón do camiño real de Santiago a Noia, e tamén preto dunha ramificación deste cara o sur, cara as Cortes, Sisalde, Chave, que despois seguía cara Ribasar e Padrón, e que tiña paso obrigado pola ponte da Condomiña cara o Norte do val.

A de Cantalarrana era rexentada por Jacinta de Ortas, veciña da parroquia de Ortoño, que en 1751 contraera matrimonio con Manuel Antonio Brandoñas, un santiagués que chegou a ser escriban de número da xurisdición da Maía. Os pais deste eran Roque Brandoñas, oriúndo de Viceso, e Mariana Coinago natural de San Salvador de Soutomaior xa no bispado de Tui. Descoñecendo as súas orixes, parece que foi unha familia que logrou ascenso social e económico no seu tempo. A súa taberna, estaba a saída do camiño real en dirección a Bastavales, outra ruta que tamén tiña como destino a vila de Padrón.

Da do Santo ou Vistalegre, sabemos que era rexentada en 1752 por Antonia Díaz, aínda que no s. XIX o apelido do taberneiro mudara en Fernández.

Estas tres tabernas, describen pola súa ubicación, o antigo camiño real a Noia.

Había outras tabernas que continuaban, o que semellaba unha vía ben transitada. Ó entrar nos Ánxeles xa había outra no Tremo, e de alí o camiño continuaba cara os Alqueidóns, pasando pola fonte de San Antonio. Neste lugar había outra e outra tamén no Carregal, na mesma parroquia.

Por Bastavales, seguindo a vía que partiría de Cantalarrana, e a que se unirían outros camiños, había dúas tabernas, a de Babenzo e outra en un paraxe chamado Vento, do que non temos hoxe novas.



lunes, 8 de agosto de 2011

Libro de fundacións XXVI

Vixésimo sesta fundación.



16 de xaneiro de 1689.


Ante Marcos de Quinteiro e Villar, notario apostólico de Santiago, en xaneiro de 1689, comparecen Gregorio Cajuso e a súa muller Jacinta Codesa. Desta forma ante escritura publica comprométense a mandar dicir unha misa por “Pedro de Gronzo Coxo e Salter”, tío da Jacinta e veciño que fora da cidade de Santiago. O tal Pedro deixaraa no seu testamento feito ante Andrés Camiño e Agra. A misa rezada, que tiña que ser dita por San Xoán con unha limosna de tres reais, estaba hipotecada sobre a terceira parte do lugar de Casaliño, entre o Pedregal e Bertamiráns. Estes bens eran os que seguramente lle deixaba a súa sobriña.

Sen embargo o único Gregorio Cajuso ou Caxuso que puidemos atopar na parroquia de Ortoño era un veciño de Carballido, do que a lo menos sabemos que estivo casado con unha tal María de Gronso. Quizais Jacinta fose a segunda muller, e gardase algunha relación ca primeira a través de este tío residente en Santiago, vendo como compartían o apelido Gronso. Non atopamos a liña dereita, ou liñas, que unian este apelido cos outros pagadores do s. XVIII e XIX, pero sen dubida tiveron que existir.

Esta é unha fundación na que participan no seu cumprimento xentes dos lugares do Sisto, Casal, Pedregal e Carballido. Atopamos entre eles os apelidos Caxuso, Gronso, Vidal, Codeso, Garaban e outros, con un marcado orixe toponímico na comarca, sobre todo cara as parroquias da marxe dereita do río Sar. É moi certo que estes lugares da parroquia de Ortoño, tiveron moi boas relacións cas xentes dos Ánxeles, véndose multitude de matrimonios durante varios séculos.

jueves, 4 de agosto de 2011

As telleiras I

Hai xa anos que se deixou, na Maía, a extracción de barro para a fabricación de materiais de construcción, sobre todo tella. Sen embargo aínda quedan na paisaxe algunhas das antigas, e non tan antigas telleiras coma testemuñas dunha actividade xa moi antiga. Mesmo na toponimia quedaron as súas sinais, como por exemplo, a Telleira, novo núcleo de poboación no lugar de Chave de Carballo, na brionesa parroquia de Bastavales; o a Telleira en Bertamiráns que lle dou nome a piscina municipal. A historia xeolóxica da Maía, conta con estratos do terciario e cuaternario. No amplo val existen grandes xacementos de arxila que xa dende antigo se empregaron na fabricación de ladrillos e tegulas na época romana. Existen evidencias no lugar do Rial, na parroquia dos Ánxeles de restos de unha industria cerámica. O carón do que semella un manancial natural atópanse varias covas circulares, e o redor delas aparecen anacos de tegulas e ladrillos feitos con fragmentos de outras unidades esnaquizadas e mesturadas con novo barro. Técnica estas ben coñecidas do romanos.
Antigo forno de cocer tella.

A pesar de non haber máis datos, nin materiais nin escritos, é moi posible que esta industria, a da fabricación de obxectos cerámicos, sexan para a construcción coma para outros usos, seguise dende aquela época ata as primeiras novas escritas sobre esta actividade.

Así no catastro do Marques da Ensenada, xa aparece en 1752 un forno de cocer tella na parroquia de Ortoño, quizais en Bertamiráns, que era propiedade de Domingo Vilanova. De esta industria o propietario facía anualmente case 2000 reais de beneficio, máis do que cobraban xuntos os dous xuíces e os dous notarios das xurisdiccións da Maía e Altamira.

Telleiras hóuboas ademais de en Bertamiráns en Sisalde, na Telleira, en Chave e en outras partes. Sobre todo atopábanse nas inmediacións do río Sar, onde os xacementos arxilosos se encontran máis achegados a superficie.