A cofradía da Divina Peregrina de Bertamiráns,
parroquia de San Xoán de Ortoño.
A orixe de esta devoción naceu no seo dos misioneiros
franciscanos, “os peregrinos de Cristo”. No século XVII, os membros de esta
orden víronse inducidos polos escritos de Sor María Agreda, monxa
concepcionista franciscana, e encontraron nas peregrinacións da Virxe María, un
estimulo ó seu labor.
Esta influencia foi particularmente grande nas misións
franciscanas en América, que tiveron a súa orixe no colexio–seminario
franciscano de misións de Sahagún, en terras leonesas. Alí dende finais do s.
XVII empezouse a venerar unha imaxe de extraordinaria beleza, e de factura
sevillana do taller de “La Roldana”, chegada a Sahagún en 1688. En Sahagún déuselle
o titulo de Divina Peregrina, Nuestra Señora del Refugio.
No
último cuarto do s. XVIII, establécense no lugar de Bertamiráns, parroquia de
Ortoño, o matrimonio formado por D. Benito Piñeiro e Lago e a súa dona Dª
Cayetana Fernández Cordero que foron os fundadores da denominada Casa da Granxa
da Peregrina. D. Benito era sobriño do párroco de Ortoño, D. Simón Antonio de
Lago, e neto de D. Antonio de Lago e Ben, o que fora tesoureiro xeral dos
estados do conde de Altamira no Reino de Galicia. Dona Cayetana, a súa vez, era
natural da cidade de Pontevedra, de onde procedía a nova devoción a Virxe
Peregrina. De esta forma cara o final da década dos 80 do s. XVIII, erixiuse
por parte do párroco D. Simón Antonio de Lago, na propiedade dos seus sobriños,
una capela privada dedicada á Virxe na súa advocación de Nuestra Señora la
Divina Peregrina.
Cara
os primeiros anos do s. XIX morre D Benito sen descendencia e en 1807 volve casar
D Cayetana con D.
José Francisco Vendrell Pedralbes y Estapez del Mas, médico nacido en Barcelona en 1776, e asentado
en Santiago dende 1804 como catedrático de Medicina.
Dona Cayetana e o
seu segundo marido non tiveron descendencia. Fixeran testamento no que deixaban
os seus bens a D. Manuel García Barros e a súa dona D.
Francisca Rigueiro, sobriña
da defunta Dª Cayetana, e tamén a Academia de
Medicina de Barcelona. O Dr Pedralves tiña restaurado a capela e pedira licenza
para poder dicir misa nela, sendo aceptada o 29 de xullo de 1861.
Herdaron a este
matrimonio unha filla chamada Cayetana García-Barros Regueiro que casou con D.
José Ulloa Pimentel, gobernador que foi da provincia de Pontevedra, morrendo
tamén sen descendencia. Estes deixáronlle os seus bens de Bertamiráns ca capela
da Peregrina a súa sobriña neta Dª Jabiera García-Barros Pena, que casou con
Domingo Parames González, natural de Ponteareas. En vida de este matrimonio,
foi cando a imaxe da Virxe comezou a gozar de un lucro de oitenta días de
indulxencia para cantos, diante dela, rezasen tres Ave Marías por privilexio
outorgado por S. E. Mons. Arístides Rinaldini, Nuncio Apostólico da Súa
Santidade en España, en data de 11 de marzo de 1900.
Ó falecemento de D. Domingo
e Dª Jabiera, herdaron a Granxa e a Capela segundo a súa vontade os fillos da
sua filla Dolores Paramés García-Barros e José Togores Rodríguez: José Luis,
Elena, Dolores, María Pilar e María Rosa Togores Paramés; os fillos de Carlos
Paramés García-Barros e Teresa Montenegro Cabezas: María Teresa e Carlos Paramés
Montenegro, e a tía de estes: María Paramés García-Barros. Con Elena Togores
Paramés casou o xeneral da Armada D. José Luis Azcarraga Bustamante, que foi a
persoa máis coñecida de esta familia.
A mediados do século XX, en torno a
mencionada capela e o culto que nela se dispensaba á Virxe, sobre todo para os
veciños do lugar de Bertamiráns da parroquia de San Xoán de Ortoño, foi nacendo
un pequeno movemento de devotos que, habida conta do servizo que aquela capela
lles ofrecía para a práctica da súa relixión e o exercicio da súa piedade, e ca
tutela, por parte de Don José Luís, e por outra
do Párroco Don Juan Bueno Bueno, solicitaron ó Arcebispado de Santiago, a tenor
dos canons 680 e 689 do Codex Iuris Canonici de 1917, a erección canónica
da cofradía “Da Divina Peregrina”, sendo erixida como tal o 18 de decembro de
1962, polo Cardeal Quiroga Palacios. Igualmente o Reglamento de dita cofradía
foi aprobado en esta data. O 25 de xullo de 1994, a Asemblea Xeral
modificou algúns aspectos puntuais do mesmo.
Posteriormente, dúas causas
provocaron a necesidade de construír una nova capela: por un lado o constante
crecemento poboacional da parroquia; especialmente no lugar de Bertamiráns, na última
década do s. XX e a venta da Casa da Granxa da Peregrina. Constatouse a
necesidade de construír unha nova capela que puidese acoller a maior número de
fieis. Ca axuda de moitas persoas e o mecenazgo do Concello de Ames conseguiuse
o terreo e levantouse a actual Capela de Nosa Sra. A Divina Peregrina ó lado da
rehabilitada casa da Granxa do mesmo nome. O arquitecto foi D. Carlos Pérez Pérez
e foi consagrada ó culto por S. Excia. Rvdma. D. Julián Barrio Barrio o 26 de
xullo de 1997.
Para saber máis:
Historia do Culto a Virxe Peregrina en Bertamiráns I
Para saber máis:
No hay comentarios:
Publicar un comentario