Ademais do censo de 1708 existe documentación privada na parroquia de Ortoño que fala de un coto descoñecido que tamén apareceu nesta fonte. Este é o coto de Somoza.
Practicamente del non se coñece nada. Non é mencionado no catastro do Marques da Ensenada, nin nas eleccións de procuradores e rexementos da xurisdición no s. XVII. Tampouco o menciona Río Barja, no seu traballo de Cartografía xurisdicional de Galicia, e moito menos Clodio González, na súa monografía sobre Brión. Sen embargo, apareceu entre os papeis privados de un veciño de Ortoño, os dos repartimenos de impostos das xurisdicións de Altamira e Maía.
Ata agora poderíase pensar que este coto estaba composto polos lugares pertencentes a xurisdición da Maía das dúas parroquias de Bastavales, sen embargo o censo descartouno, xa que nel, aqueles veciños aparecen consignados dentro destas e non no couto.
Vista do val da Maía dende a horta da rectoral da parroquia de Santa María dos Ánxeles. Foto: http://farm4.staticflickr.com/3198/3049301504_b31e86abbd.jpg |
Sen embargo os enquisadores do s. XVIII tampouco son moi explícitos. Para aquela xente, non había dubida das divisións, e por tanto moitas veces non se plasmaban nos documentos porque era para eles unha redundancia.
O couto de Somoza, o censo dispono claramente dentro da parroquia de Santa María dos Ánxeles, sen dicir que lugares o conforman. Hai que ter en conta que Os Ánxeles é censado en dúas xurisdicións, xa que había lugares de Altamira e lugares da Maía, como en Ortoño, e incluso lugares partidos como eran Alqueidon e Guitiande, que estaban partidos entre ambas divisións administrativas e de señorío.
Quédanos por tanto comprobar que lugares antigos non son aparentemente mencionados para dar co dichoso couto. Estes lugares son Outeiro, Estrar e Gontade, dos que non hai dubida de seren antigos. É agora fácil supoñer que o couto de Somoza se estendese por estes lugares, sempre que non aparezan novas que o contradigan.
Si isto fose así, trataríase de un couto estraño, xa que parece obvio que debería ter unha continuidade territorial, e sen embargo Outeiro esta separado de Estrar por Vilanova que pertencía a Altamira, e Gontade xa queda máis lonxe cara o oeste.
Se coñecer a súa ubicación foi e é moi complicado, moito máis saber a súa xénese na historia.
Os lugares no Censo de 1708:
Os Anxeles en Altamira:
Rial, Vilanova, Souto, Piñeiro, Lago, 2 casas de Guitiande, Sanin, Guisande, Cavanas, Buyo, parte de Alqueidon
Os Anxeles na Maía:
Baliño(Bastavales), Reboredo(Pequeno, de San Salvador; Grande de San Xulian), Gondin, Perros, Cavo, o resto de Guitiande, Adoufe, Alqueidon, Soyglesia, Gandara(San salvador), Gonsende.
Nomenclator:
Adoufe, Alqueidon, Anxeles, Buio, Cabanas, O Cabo, Estrar, Gontade, Gosende Guisande, Guitiande, Gundin, Lago, Outeiro, Perros, Piñeiro, O Rial, Sanín, Soigrexa, Souto, O Tremo, Vilanova
(O Tremo é un lugar máis moderno, xa que parece que pertencia ó Cabo e a Guitiande)
O coto de Somoza sería entón Outeiro, Estrar e Gontade (¿?) E sería un coto da Maía.
Abraiante o traballo que fas no teu blog. Noraboa. Só unha precisión sobre a foto que pos: non é sacada dende a aldea de Piñeiro, senón dende a horta da casa reitoral. Unha aperta
ResponderEliminar