lunes, 4 de enero de 2010

As xurisdiccións antigas na Maía I

Parroquia de Santa María dos Ánxeles.



Como xa se dixo, a bisbarra e val da Maía estaba dividido en dúas principais xurisdiccións: a da Maía e a de Altamira. A máis antiga era a da Maía pero a nova de Altamira no s. XVI reduciuna considerablemente. A primeira era señorío dos arcebispos de Santiago e a segunda dos condes de Altamira, señores que representaban dous estados enfrontados durante os s. XV e parte do XVI.
Presentamos agora, de unha forma aproximada a extensión das xurisdiccións, nas parroquias limítrofes, para acadar despois a cartografía conxunta que permita visualizar o reparto do poder no val da Maía no antigo réxime. Porque anque este tema fora xa estudiado por outros autores, en modo algún foi tratado detidamente, como se mostrara en este blog.

Comezamos pola veciña parroquia de Santa María dos Ánxeles, que foi moi ben descrita no catastro do marques da Ensenada a la polo 1752. O reparto dos seus lugares antigos por xurisdiccións é o seguinte:

Maía

Adoufe, Guitiande, O Cabo, Outeiro, Estrar, Perros, Soyglesia, Gonsende, Gontade de arriba, Gontade de abaixo, Gundin, e a metade de Alqueidon.

Altamira

Buio, Cabanas, Guisande, Lago, Piñeiro, O Rial, Sanín, Souto, Vilanova e a outra metade de Alqueidon.


Os Ánxeles era unha das parroquias que se sitúa no centro de ambas xurisdiccións. Por eso non é de estrañar a súa importancia como centro administrativo e tamén, na medida das posibilidades da época, como centro político da bisbarra. Como se verá o lugar de Alqueidón, ou Alqueidones, era un centro da administración de xustiza e da fe publica na Maía. Así mesmo o lugar da igrexa dos Ánxeles era a onde concorrían todos os anos os vasallos do conde de Altamira a elixir procurador xeral e rexedores da xurisdicción.
Non sabemos si era a xurisdicción da Maía a que estaba dividida pola de Altamira ou era ó revés, xa que descoñecemos si a través do lugar de Alqueidóns permanecía unida a antiga xurisdicción ou era a de Altamira a que tiña continuidade. Este será unha das cuestión máis interesantes a estudiar polas repercusión que tiña daquela, e a división dos Ánxeles xuridicamente é moi interesante para dilucidalo.



Decir tamén, que en realidade o nome de esta parroquia era antigamente Santa María de Perros, e parece que a igrexa parroquial estaba nese lugar. No s. XV D. Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago, cambioulle o nome e posteriormente tamén se mudou o solar da igrexa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario