Este é o reparto de unha obra de teatro feita na parroquia ala polos anos 50 do pasado século.
Trataríase de algunha escena do evanxelio referida a Virxe María, e foi representada pola mocidade da parroquia. Os sacerdotes son tío e sobriño, o máis alto é o párroco daquel entón D. Juan Bueno Bueno, e o máis baixo seu tío D Carlos Bueno García.
O lugar é entre a porta principal da igrexa parroquial e a esquina da casa rectoral, aínda se poden apreciar as sepulturas que tiña o adro antes de construír o actual cemiterio parroquial
Algunhas persoas, hoxe con bastantes máis anos en riba, pódense recoñecer en esta fotografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario