Esta parroquia, que é a lindante con Ortoño polo leste, pertencía toda ela ó condado de Altamira e a xurisdicción do mesmo nome excepto unhas determinadas partes.
O norte os veciños de Quistiláns e o Barreiro estaban domiciliados na xurisdicción do Xiro da Rocha, que ó igual que a da Maía era do señorío dos Arcebispos de Santiago, e coincidía tamén co nome do arciprestazgo. Tema este dos arciprestazgos que será tratado no futuro xa que son máis antigos que as xurisdiccións e aportan datos moi interesantes previos a estas.
A outra excepción sobre a parroquia de Bugallido, era que nos lugares de Eirapedriña e Framán, anque fosen de Altamira, existían dende antigo a xurisdicción da Maía unicamente no solar, e intramuros, de cinco casas. Estas eran en 1752 as de Andrés Abelleira, Alonso Martínez, Andrés Martínez o mozo e a de Juan Martínez, estas no lugar de Eirapedriña, e por último a casa de Andrés Martinez o vello no lugar de Framán.
Esto supoñía na practica que a efectos fiscais e civiles estes veciños estaban baixo o señorío do Arcebispo, que por outro lado era máis vantaxoso economicamente. En canto a efectos criminais, dependía se os presuntos delitos se cometesen fora das súas casas ou dentro, xa que entón serían vistos polo xuíz de Altamira ou da Maía respectivamente.
Sen dubida o reparto e extensión das xurisdiccións antigas en Bugallido, deixa de releve a gran arbitrariedade fiscal e xudicial do antigo réxime en un lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario