Parroquia de San Xulián de Bastavales
Esta é sen dubida unha das parroquias máis grandes da Maía, se non a máis grande. Os seus lugares eran practicamente todos da xurisdicción de Altamira, a excepción de Reboredo Grande, Valiño e Saime.
Mostramos tamén a suma das cartografías das parroquias de Bríon, Os Ánxeles, San Salvador e Bastavales, para ir vendo como se articulaban as dúas xurisdiccións.
Bastavales na idade media quizais estivese divida, xa que podería ter como anexo unha posible parroquia constituída por O Rubial e Saime, sendo o seu centro de culto a desaparecida capela de Santa Cecilia, ubicada no monte de Rubial.
Bastavales destaca durante séculos na Maía pola súa poboación e a súa riqueza agropecuaria. A súa igrexa parroquial é a de meirande calidade arquitectónica das que forman ambas xurisdiccións, e ten a particularidade de estar orientada cara o leste, en contra da norma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario