lunes, 11 de enero de 2010

As xurisdiccións antigas na Maía II

Parroquia de San Fins de Brión.

Esta é a parroquia capital dos estados do conde de Altamira. En ela estaba a fortaleza de Altamira, unha das mellores de Galicia no seu tempo, e onde se atopan os pazos de Trasouteiro e Guldrís, verdadeiros centros de governo e administración do condado.



Todos os lugares de Brión eran da xurisdicción de Altamira, excepto un, o coto de Liñares, que era señorío dos arcebispos e estaba baixo a administración da xurisdicción da Maía.



A vinculación a Brión dos Moscoso xa é moi antiga, pois tiñan residencia nela moito antes de chamarse condes e construír o seu estado a base de facerlle a guerra os arcebispos composteláns.
Altamira, albergou un castro e logo unha fortificación medieval que derivaron os irmandiños. Os Moscoso que na baixa idade media, eran cabaleiros de confianza da Igrexa, poderían manter residencia no pazo de Guldris. Ó finalizar o s. XV e obtido o condado dispoñían de unha boa fortaleza en Altamira onde viviron durante o s. XVI. No XVII pasaron o pazo de Trasouteiro, que era menos incomodo. Pero en realidade quen usaba estes pazos eran os administradores, xa que a maior parte do tempo os condes residian fora de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario