Novas sobre a fundación da capela da Virxe
Peregrina, en Bertamiráns.
Velaquí un novo descubrimento sobre a capela
da Peregrina, que bota un pouco máis de luz sobre as súas orixes.
Sabiamos que os fundadores desta, e do hoxe
denominado pazo da Peregrina, non eran si non outros que D. Benito Piñeiro e
Lago e a súa dona D. Cayetana Fernández Cordero, natural da cidade de
Pontevedra de onde veu esta devoción.
Cara 1801 morre Benito e a súa dona viúva
escribe ó arcebispo de entón, D. Rafael Muzquiz Aldunate, co animo de que lle
manteña o culto na súa capela. Esta é a petición:
Excelentismo e Yllustrisimo Señor Arzobispo
de esta Diocesis de Santiago.
Excelentisimo Sr.
Dª María Cayetana Fernández Cordero viuda
de D. Benito Piñeyro y Lago, vecina de la parroquia de San Juan de Ortoño, con
la debida beneración a Vuestra Excelencia expone que el Exmo. Sr. D. F. Sevastian
Malvar, concedio el que pudiese celebrarse en una capilla que tiene en su casa
de Bertamiráns distante cerca de media legua de la rectoral de la dicha de
Ortoño, y separada por un río que en tiempos de invierno se toma el puente
frecuentemente impidiendo toda comunicación por cuyos motivos la consintieron
gustosos el Sr. cura párroco que fue en aquel entonces y el actual pensando
aquel en hacer un anexo en este sitio para el debido socorro espiritual de que
carecen en invierno una gran parte de sus feligreses, por la citada causa, por
tanto y en atención citan relevantes motivos y no ser la exponente de un
natural robusto para sufrir en lo demas del año los soles y las lluvias
rendidamente suplica y espera de celo y bondad de Vuestra Excelencia se sirva
ratificar la expresada licencia, para poder decir misa en dicha capilla en lo
que recivira m. d. de V. Excª.
Su mas atenta servidora María Cayetana
Fernández Cordero.
Efectivamente, en 1790, D. Benito Piñeiro doa
catro ferrados de renda á Igrexa e pide que se consagre a capela, ca advocación
de Nuestra Señora del Refugio, e se diga misa nela. É neste ano cando parece
rematarse tanto a casa da granxa da Peregrina como a capela. O arcebispo Malvar
dálle facultade o cura párroco para inspecionar a capela, consagrala e dicir
nela una soa misa, e todo esto sen menoscabo do dereito parroquial. Naquel
tempo o cura párroco non era si non D. Simón Antonio de Lago, o tío de D. Benito
e por tanto familia del. Tanto é así, que esta familia compostelán pasaba
grandes tempadas residindo co seu tío na reitoral de Ortoño. D. Benito
mesmamente estudara para cura co animo de suceder a seu tío en Ortoño, pero co
tempo acabou casando.
Esta familia tentou en máis ocasións aumentar
as licencias sobre a súa capela. Así en 1793 conseguen que se puidera expoñer o
Santísimo Sacramento despois de unha misa solemne, e repetilo ó seguinte ano.
En 1797 morre o seu protector, o párroco de
Ortoño, e dous anos despois o seu sucesor D. Vicente Duran e Varela, mantén unha posición
conservadora respecto a esta capela. Da licenza a calquera cura para que diga
misa nela os días festivos, pero só para que asistan a ela o propietario, a súa
familia, e os seus invitados. Os demais feligreses quedáballes prohibido
asistir, xa que non podían faltar á parroquial.
No mesmo ano da morte de Benito, este pide
permiso para expoñer na súa capela unha reliquia que ten de San Simón apóstolo,
do que posúe certificación dun cardeal de Roma. Ese permiso concedéselle en uns
determinados días festivos, pero non sabemos se durante un ano ou máis tempo.
Sen embargo, a carta que
lle manda Dª Cayeta
No hay comentarios:
Publicar un comentario