Cuadraxésima fundación.
14 de novembro de 1740
Alberta de Lamiño, veciña do lugar de Lapido, había
pouco que lle morrera o seu home Pedro Teiga. Este deixaralle os bens que tiña
en Laraño, parroquia de onde seguramente procedía, a súa irmán María Teiga pola
pensión de unha misa de fundación a San Pedro, ou na súa oitava.
O certo é que aínda que súa irmán María puido
levar os bens de seu irmán en Laraño, quen comezou a paga foi a súa cuñada
Alberta. Posteriormente entre 1773 e 1791 pagou Agustín de Tembra, veciño
seguramente de Lapido, a onde aínda hoxe chegou o tal apelido.
O derradeiro cumpridor desta fundación foi
Baltasar Lorenzo, que pagou ata 1827.
No hay comentarios:
Publicar un comentario