1940-1951
Na entrada de “Párrocos IV”, faciamos un pequeno
resume dos curas que foran de Ortoño no século XX. Así puidemos aportar as fotografías
de D. José Sanmartín Coto, a do seu sobriño D. José Sanmartín Chao, D. Juan
Bueno Bueno e D. Manuel Campos Varela. Catro dos 37 párrocos, rectores e
vicerrectores dos que temos novas dende o século XVI.
Hoxe damos a coñecer a fotografía de D. José
Landeira Mouro. Sucedeu a D. José Sanmartin Chao cara 1940 e estivo en Ortoño
toda a década dos cuarenta. O seu segundo apelido supoñiamos que era Moure
confundidos pola súa particular caligrafía. A súa foto foi aportada amablemente
por D José Feáns.
D. José Landeira Mouro |
No hay comentarios:
Publicar un comentario