Unha das nosas arelas é atopar e definilos
límites parroquiais de Ortoño, así como os dos lugares que o forman. Deste
xeito vimos como ó longo da historia, o coñecemento destes estivo en grande
medida preservado na tradición oral e viva da xente, sendo escasos os
documentos que os definían.
Polo momento non atopamos para a parroquia de
Ortoño unha descrición pormenorizada de ata onde chega. Si atopamos novas da
demarcación dos seus lugares a través dos documentos de foro que emitían os
dominios que había. E semella que era o lugar e a súa extensión mellor definida
o que se empregaba como unidade na articulación do territorio, pois é constante
a definición da parroquia ó enumerar os lugares que a forman.
Este feito atopámolo no denominado “Arreglo
parroquial” de entre 1854 e 1864 dado no arcebispado de Santiago. A situación
da Igrexa a mediados do s. XIX mudara moito dende comezos do século. A
abolición dos señoríos e as antigas xurisdición, a creación dos concellos e os
partidos xudiciais, deixara obsoletas moitas das estruturas que vertebraban o
territorio. Así as parroquias por mor dos dominios que posuían o territorio
arrastraban límites e demarcacións impostas por intereses herdados destes.
Posteriormente a 1850, en que se firma un concordato entre España e o Vaticano,
empézanse a separar e ter máis en consideración os aspectos espirituais e de
comunidade parroquial, respecto os intereses territoriais que rexían
anteriormente. Así había multitude de casos en que as parroquias tiñan formas
estrañas, habendo aldeas moi alonxadas da igrexa parroquial, e sen embargo
paradoxicamente cerca da outra igrexa da parroquia veciña. Aquel arranxo
parroquial da década dos 50-60 do s. XIX intentou facer unha redistribución da
poboación con respecto os centros de culto, de xeito que se aliviasen os
inconvintes de esta alonxados.
Aínda que a idea era boa, e que se fixo
partindo de toma de datos previas realización de enquisas, o tal “Arreglo
parroquial” non veu a gustar moito no animo de moitos feligreses. Así, en
moitas parroquias que se propoñían un cambio, sobre todo unha perda de unha
aldea a favor da parroquia veciña, comezaba unha serie de protestas e
apelacións ó arcebispo rebatendo as razóns do cambio. En outros casos desestimáronse
os cambios, sen semellar ter sido postos en coñecemento dos feligreses, e
outras veces prosperaron.
Na Maía mudaron límites, como en Cobas e nos
Ánxeles, pero en Ortoño as súas fronteiras centenarias permaneceron inalteradas
por este cambio, pero por moi pouco. No proceso, antes de nada, fixéronse
averiguacións de distancias, e tamén se lle pediu a opinión dos párrocos, pois
supoñiase que estes tiñan un bo coñecemento do terreo. Isto é o que nos di o
párroco dos Ánxeles da súa parroquia:
“Angeles, Santa María y San Salvador de
Bastavales de provisión en concurso; dista un cuarto de legua las iglesias y
compone el curato 1510 almas en la extensión de media legua y hay ademas en un
extremo de la principal junto a los baños del Tremo la capilla de la Guadalupe.
Propone este cura que se le agregen los
lugares de Carballido, Castrigo, Pedregal y Casaliño pertenecientes a Ortoño,
de cuya yglesia distan mucho, y se hallan incomunicados por la interposición de
un río...”
Non debeu comunicar o cura dos Ánxeles o seu
parecer ó de Ortoño, porque este non debía saber nada, para cando se escribe a
reseña a Ortoño:
Ortoño, San Juan
Parroquia de 1200 almas, urbana de entrada
y de presentación del conde de Altamira. Segregamos de ella y unimos a la de
los Angeles algunas aldeas cuya comunicación con la parroquia de Ortoño es
interumpida por un río. Ascribimos dos sacerdotes y establecemos un coadjutor
con 2000 reales. Señalamos al párroco 5500 reales de dotación y 1000 para el
culto.
A verdade e que esta nova non debeu facerse
publica. Tan pronto como a debeu saber o cura de Ortoño desestimouse o
proxecto. Xa que posteriormente a parte “Segregamos de ella y unimos a la de
los Angeles algunas aldeas cuya comunicación con la parroquia de Ortoño es
interumpida por un río.”, foi tachado.
Ortoño, o cabo, quedou intacta, a pesar do
cura dos Ánxeles. Ós Ánxeles tentáronlle tamén segregar Gundín e Cabanelas a
favor da parroquia de Boullón, pero neste caso foron os veciños os que non
quixeron. Sen embargo suprimiuse o anexo do Divino Salvador de Bastavales dividíndoa
entre os Ánxeles e San Xulián de Bastavales. Os Ánxeles fíxose máis grande,
pero o seu cura perdeu o Anexo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario