Retomamos a historia dos párrocos de Ortoño, precisamente co primeiro do que temos novas. Deste cura de Ortoño xa non tiñamos coñecemento del a través do arquivo parroquial. Por estes libros coñeciamos ó seu sucesor D. Antonio Gómez de Parapar. De Diego coñeciámolo seu nome e primeiro apelido a través da visita que fixo Geronimo Del Hoyo, e que despois consignou nas súas Memorias del Arzobispado de Santiago. Agora sabemos por outros documentos que se trataba de Diego Díaz de Guitian, un dos membros desta familia que se estableceu na Maía procedente posiblemente de terras lucenses. Como vimos cando tratamos os párrocos do século XVII, D. Diego tivo un sobriño segundo cura que ocupou o seu beneficio durante un breve período de tempo. Este que se chamaba Pedro Díaz de Guitian era fillo de Benito, que fora meriño e xustiza na xurisdición de Altamira e o morrerlle a muller fora ordeado de cura chegando a ser reitor de San Fins de Brión. Como se pode ver Diego foi o primeiro de unha familia ben posicionada na comarca que dotou de párrocos os s. XVI e XVII.
Bartolomé Juan Leonardo de Argensola (Barbastro (Huesca), 26 de agosto de 1562 - Zaragoza, 4 de febrero de 1631) foi un poeta e historiador español do Siglo de Oro. Tamén, ó igual que o noso protagonista, foi un sacerdote do s. XVI. http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/Bartolom%C3%A9_Leonardo_de_Argensola_%28detalle_grabado_1770%29.jpg/185px-Bartolom%C3%A9_Leonardo_de_Argensola_%28detalle_grabado_1770%29.jpg |
Ademais coñecemos agora de Diego a súa faceta económica que xa nos apuntara Geronimo del Hoyo. Sabemos que xa era párroco de Ortoño cara 1584, porque en ese ano fai unha obrigación de pagar a Juan Rodríguez de Tasende 139 ducados polo tempo en que fora ecónomo dos froitos de San Vicente de Boqueixón, seguramente porque tiña algunha parte da súa sincura. Parece que tiña tamén outras inversións e dereitos por outras partes. Por Del Hoyo sabemos que tiña unha sincura en terra de Soneira, e ó parecer tamén en San Martiño de Liñaio en Barcala. Tiña tamén rendas no coto de Riomol, no actual concello de Castroverde en Lugo, xa que en 1591 dáballe poder a un irmán para poder ir a cobralas.
Ó ter moitos intereses mundanos estaba exposto a ter que defendelos, cousa que non o debeu amedrentar xa que non tivo reparos en meterse en xuízos e preitos, ata chegar incluso a Real Audiencia do Reino.
Pero o máis interesante dos seus preitos foi aquel que o enfrontou co párroco de Bugallido, o bachiller Jácome Louzao. Parece que D. Diego, o párroco de Ortoño dun xeito ou de outro conseguira os dereitos da parroquia de Bugallido, e pretendía unila a de Ortoño. Cousa que non dou prosperado. Si este proxecto do primeiro reitor de Ortoño coñecido fose adiante quizais hoxe San Pedro de Bugallido fose o anexo de Ortoño. Quizais se frustrase todo ó ser Ortoño un beneficio de presentación do conde de Altamira, e Bugallido do Cabildo de Santiago.
Diego Díaz de Guitian foi o cura de Ortoño ata a primeira década do s. XVII sucedéndoo no beneficio o mencionado Antonio Gómez de Parapar, cousa xa sabida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario