Tamén a Igrexa fixo as súas averiguacións ó longo do tempo. O arquivo parroquial, como xa temos visto, conten datos para a historia demográfica da parroquia. Estes son as listas de cofrades de San Antonio de Padua e San Roque, os cales datan de finais do s. XVII.
Sen embargo, esta é unha fonte que se pode considerar parcial. Os cofrades están obrigados a unhas certas tasas anuais que quizais foran privativas para todos os veciños. De xeito que o extracto máis humilde poida que non se consigne. Sen embargo no Arquivo Histórico Universitario conservase un padrón de veciños de todo o arcebispado de Santiago feito en 1708. Este tipo de padróns que se facían periodicamente, eran averiguacións promovidas por motivos fiscais. Hai que ter en conta que en aqueles tempos discorría a Guerra de Sucesión Española, un conflito a escala Europea e de larga duración, no que se ía moito gasto do estado.
A averiguación mandada facer polo gobernador do Reino de Galicia, facíase por xurisdicións e parroquias. Deste forma Ortoño foi censada en dúas xurisdicións, en Altamira e na Maía.
No caso da Maía engadíronselle a Ortoño as dúas casas que pertencían a esta xurisdición no lugar de Eirapedriña da parroquia veciña de Bugallido. Sen embargo omítese a do lugar de Framán que tamén pertencía a Maía.
Mariscal Villars liderando la carga francesa durante la batalla de Denain. Bataille de Denain de Jean Alaux (1839) En 1708 varios veciños de Ortoño, servían ó Rey en Castela e outros lugares, na denominada Guerra de Sucesión, como nos indica o censo de 1708. |
O padrón soamente da os nomes dos veciños, ou sexa dos cabeza de familia de cada casa ou fogo. Dos demais membros da unidade familiar, menciónaos sen dicir os seus nomes. Fala de cal é a ocupación de cada familia e en canto se tasa a súa renda. Empregase como medida desta, a cantidade de terra que labra. Porque en Ortoño, en principio non se consignan máis que labradores. Non se fala de ningún fidalgo, xa que si os hai teñen a súa residencia fora da parroquia. A terra, por tanto, era a ocupación maioritaria de todos os veciños, é máis, era a razón da súa veciñanza, pero aínda así hai outras ocupacións das que se supón que non aportan moito a renda familiar.
Iremos mostrando pouco a pouco estes novos, aínda que vellos, datos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario