martes, 15 de febrero de 2011

O libro de fundacións XI

Decimo primeira fundación. 1715

Ante o escriban Juan Turreira, veciño de Bertamiráns, e seguramente tamén interesado no asunto, faise unha escritura o 11 de xuño de 1715. Nela comparecen Juan Dorta de Lapido, casado con María Turreira, xunto con Elena Turreira, que se supón irmán da anterior e casada con Domingo do Casal. Ambas declaran ser netas de Lucia González, muller que fora de Benito Gregorio, e que deixara unha misa por San Xoán ou no seu octavario sobre os seus bens das Punxeiras.

Mediante aquel acto comprometíanse, como herdeiros do fundador a facerlle as misas. Seguramente o notario Juan Turreira era tamén irmán de María e Elena. Como vimos na decima fundación deberían pertencer a unha familia de fidalgos asentados na Condomiña, os González da Condomiña. Por outro lado, o apelido Turreira, que tamén é frecuente en outros lugares, en este caso, semella ter moito que ver cas casas da Tarroeira. Turreira estaría moi relacionado con Torreira, que fai referencia a unha torre, e Tarroeira tamén podería derivar de Torreira, ou sexa “Eira da torre”. Un paralelo atopase na parroquia de Bugallido con Eirapedriña: eira empedrada.

Nos documentos o apelido tense posto como Torreira, e sobre a Tarroeira, que era un monte das Punxeiras no s. XVIII, tamén se ten posto de varias formas incluída Torreira.

Non coñecemos os nomes dos pais de Juan, María e Elena, pero seguramente deberon estar moi vinculados a Condomiña e tamén o Castro de Ortoño. Juan, como se ve na arbore xenealóxica, casou con Jacinta de España, pertencente a familia dos España de San Salvador de Bastavales, fidalgos emparentados antes cos González da Condomiña. Todas estas noticias lévanos a dislumbrar a unha parte antiga dos antepasados da familia dos Martínez Viojo da casa do Castro.

Practicamente en todo o s. XVIII non temos novas de quen continuou a labor compromentida nesta escritura, a de pagar a misa de Benito Gregorio. Sen embargo, e como curiosidade, o derradeiro pagador, xa no século seguinte foino Joseph Álvarez, que foi un dos tataravós de Maximino Castiñeiras, o denominado poeta da Maía.



No hay comentarios:

Publicar un comentario