As parroquias de Trasmonte, Agrón e Léns
Estas tres parroquias situadas estratexicamente entre a Ponte Maceira, a fortaleza de Altamira e nas vías que levaban tanto a Compostela como ós dominios dos Moscoso o norte do Tambre, eran señorío dos condes de Altamira e parte da súa xurisdición.
A fertilidade destes lugares e a súa posición estratéxica nos camiños fixo que desde os tempos medievais as xentes poderosas se fixaran nelas ben para establecer señoríos ben para obter as rendas dos foros labregos e levando oficios ou dotando capelanías e festas relixiosas nas parroquias. As noticias medievais falan da presenza dos Reino, dos Leis, dos Mariño ou dos Ardeleiros en estas parroquias. Son pequenas liñaxes que levaban foros, sobre todo do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, e posuían terras nas que traballaban os labregos ou caseiros. Algúns, como os Mariño, acabaron mudándose a outras zonas onde o seu señorío era máis importante; outros, como os Caamaño, chegaron no século XVI e con posterioridade. Soia ter vínculos familiares antigos cos Moscoso, o que ós levaba a obteren empregos públicos na administración do condado. As torres de Altamira, que están en Brión, pero pegadas a confuencia das parroquias de Trasmonte e Agrón nas proximidades de Calo foi como se dixo a capital do condado, e nela uníase a súa funcionalidade militar e simbólica.
Dicir tamén que dende un punto de vista xeográfico, estas parroquias xa non están ca conca do Ulla sen do Tambre, indo os seu regatos a parar a este gran río. Son terras que xa miran ó norte as antigas xurisdicións de Barcala, tamén do condado de Altamira, e os contos de Lañas e Nantón, do señorío dos Arcebispos de Santiago, e da Soberana orden de San Xoán de Malta, respectivamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario