Santo Tome de Ames e San Estevo de Covas.
Continuando ca cartografía das antigas xurisdiccións na Maía, reparamos hoxe en estas dúas parroquias que dende antigo foron sempre da xurisdicción da Maía.
Conforman a parroquia de Ames os seguintes lugares:
Aguapesada, Barouta, Carreira, Castelo, Castiñeiro de Lobo, Cruxeiras, Lamas, Oca, Outeiro, Padrón, Pedras, Pedrouzos, Pegariños, Pousada, Proupín, Quintáns, Seares de abaixo, Seares de arriba, e Vilar.
Covas esta formada por: Capeáns, Caroubáns, Covas, A Igrexa, Lombao, Loureiros, Monte e Ventosa.
Esta parte da Maía linda polo leste con Villestro que era da xurisdicción do Xiro da Rocha, e por tanto do señorío dos arcebispos, e polo norte con Tapia que anque no eclesiástico é anexo de Ames, antigamente xa pertencía a xurisdicción de Dubra, señorío do Conde de Grajal e marqués de Montaos. As feligresias que ten polo oeste que son Lens e Transmonte pertencían a Altamira. Ó sur está Ortoño do que xa imos tratando con máis detenemento o seu reparto entre Altamira e Maía.
A historia de estas terras tamén é moi dilatada. Ames e Covas son a parte máis septentrional da antiga terra da Maia, lugar de asentamento do pobo dos amaeos, como no lo trasmiteu Plinio. Cabe resaltar, entre outras moitas cousa, a batalla que se dou en 1471 nas inmediacións de Pousada entre as tropas do arcebispo e a dos nobres galegos entre os que se contaba o conde de Altamira, victoria que caeu na parte destes e que dou un grande impulso os Moscoso cara o seu condado de Altamira.
Coincide tamén a súa situación co cambio de conca hidrográfica, xa que entre Ames e Tapia as augas dos regatos e fontes unhas van dar ó Tambre e outras discorreran máis lonxe ata dar a través do río dos Pazos, e o río Sar no río Ulla. Sábese que co tempo o río dos Pazos que nace no linde de Ames e Tapia acabara erosionando o terreo ata chegar a toparse co Tambre, o que provocará que este cambie o seu curso a través do dos Pazos e o Sar ata xuntarse co Ulla en Pontecesures.
Pero esto será dentro de miles de anos e nos non o veremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario