A ponte de Lapido
Anque pareza unha paradoxa hoxe traemos a este blog a ponte de Lapido. Referímonos sen dubida a ponte de pedra que haberá un par de anos se ergueu no lugar onde había outra que se deixou levar durante moitos anos polas cheas.
Reconstrucción moderna da antiga ponte de Lapido
Hoxe a xente nova xa non recorda que a ponte que cruza ó Sar pola estrada que une O Porto e Maguxe e que pasa por Lapido é unha obra relativamente nova. Tal ponte fíxose despois da concentración parcelaria para endereitar os camiños e evitar o centro da aldea de Lapido e a Barreira.
Por tanto, hai máis de trinta anos, non existía máis ponte que aquela que estaba o lado dos muíños de Lapido. Era unha ponte semellante a de Vidaloiso, da que falamos en esta entrada.
A súa fabrica era de pilares sobre o leito do río e unidos no alto por lousas que formaban a calzada. Ca nova ponte deixouse de reconstruír periodicamente das desfeitas que lle facían as embestidas do río no inverno, e foise esmorecendo no medio do caudal do Sar.
Hoxe disfrutamos do paso de outra ponte que esta no seu lugar, feita con pedra serrada, e que quere semellarse a aquela outra que se deixou desfacer, sen reparar tan sequera nos seus materiais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario