De todos é coñecido que as parroquias non son todas iguais e que de sempre tíñanse diferenciado pola súa poboación a súa economía e tamén pola súa situación.
Esta diferencia tamén era tida en conta polos prelados para encomendarlles uns párrocos ou outros, e as mesmas parroquias chegaron a se conformar en un sistema que xerarquizaba ós seus párrocos.
Arceprestazgo da Maía antes de 1981, o cal non pertencian nin Ortoño nin Bugallido |
Así dende o século XIX, cando a desamortización despoxou a Igrexa dos seus cuantiosos bens e beneficios as parroquias foron catalogadas dependendo da súa importancia. Habías de entrada, que soian ser pequenas parroquias con poucos feligreses, e por tanto con un templo pequeno e un igrexario proporcional. Á estas estaban destinados os sacerdotes recen ordenados, onde debían empezar a súa tarefa de pastores de almas. Se a súa labor era fructífera, como reza o evanxelio, podíanselle encomendar unha parroquia de ascenso. Estas eran por tanto parroquias máis grandes con máis veciños, e con máis bens e tamén máis traballo para administralos. E por último, existian en este catalogo as parroquias de término, que soian ser parroquias urbanas, ou as enclavadas en vilas, nas que era preciso ter máis de un sacerdote para atender a unha comunidade xa bastante grande. Dentro das parroquias de término habías de 2ª clase e de 1ª, facendo unha distinción entre as que formaban este grupo.
Así a carreira de un sacerdote tiña a posibilidade de ir medrando a medida que era ascendido na responsabilidade de parroquias de maior categoría.
Hoxe en día ca crise de vocacións e o despoboamento de moitas parroquias do interior, esta clasificación xa caeu en desuso. Sen embargo temos a clasificación das parroquias da bisbarra tirada da Guía da diocese de 1965, na que aínda Ortoño e Bugallido pertencían o arceprestazgo do Xiro da Rocha.
Así daquela, é de feito aínda hoxe Ortoño estaba catalogada como parroquia de entrada, ó igual que Boullón ou Covas. A veciña de Bugallido xa era considera de ascenso tendo moito menos territorio e veciños, ó igual que parroquias como Ames, Os Ánxeles, Bastabales etc. Sen embargo Ortoño tiña o dereito de ter coadxutor, como varias de aquelas, ou sexa un segundo cura que axudase ó párroco, xa que a súa poboación era a maior de todo a bisbarra, xa que superaba en 1965 a de Bastavales en 400 veciños.
A parroquia de término máis achegada no ámbito da comarca era a de Negreira, que ó era de segunda, e sen embargo ela e o seu anexo de Logrosa a penas tiñan máis da metade da poboación de Ortoño.
Arceprestazgo da Maía despois da súa remodelación en 1981 |
Outra característica que diferenciaba unhas de outras era en quen recaia o dereito de prover párroco. Dende antigo na Maía ese dereito estaba repartido entre a Igrexa e o Conde de Altamira. Así as feligresias que caian na xurisdicción de Altamira soian ser providas polo conde e as da Maía polo arcebispo ou polo Cabildo de Santiago. Sen embargo co paso do tempo e os profundos cambios do s. XIX e XX esta situación mudou, sendo hoxe en día o provisor o pastor da diocese. Pero en 1965 aínda pervivian vellos dereitos. Así Ortoño xa era provida polo ordinario, pero Bugallido tiña que selo polo Cabildo metropolitano de Santiago, ó igual que Villestro, Viceso e Óns. Soamente quedaba unha parroquia que era provida pola dignidade arzobispal que era Viduido, e outra polo conde de Altamira que era Calo.
Como vimos, Ortoño era unha parroquia de entrada que co paso do tempo foi medrando e adquirindo máis veciños e dereitos que a levan hoxe a poder ser considerada como unha de aquelas de termino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario