miércoles, 28 de abril de 2010

As pontes antigas sobre o Sar II

A Ponte de Vidaloiso

Xusto un pouco despois de ter saído o río Sar da parroquia de Ortoño, topase con esta ponte, xa na parroquia maiense de San Xiao de Bastavales, entre os lugares de Vidaloiso ó oeste e Chave de Carballo ó leste. Tratase de unha ponte non de arcos senón de pilastras que despois se unían para facela transitable con grandes lousas. Hoxe non conserva as lousas, xa que se lle fixo hai anos unha placa de formigón e púxose unha varada por ambos lados.



A Ponte de Vidaloiso

A obra das pilastras non semella ser moi antiga, porque este tipo de pontes son as veces asolagadas nas cheas do río e sofren moitos danos periodicamente.
Arriba da ponte podemos ver a madre dos muíños de Chave, que ven sendo unha presa de pedra que embalsa a auga para conducila despois cara a canle dos muíños.
Por alí tamén anda cerca o limite da parroquia de Ortoño ca de Bastavales, no que os documentos antigos lle chamaban Porto Carreiro, pois sobre o río había un paso formado de pedras postas en liña polas que se pasaba de un lado a outro. Hai bastantes indicios nos documentos antigos que fan pensar que a antiga división do lugar de Sisalde e por tanto da parroquia de Ortoño en esta paraxe non coincide ca actual división municipal.





No hay comentarios:

Publicar un comentario