Todos os fillos de Gregorio e Dª María Gómez, casaron salvo o máis novo Marcos, que anos despois da morte de seus pais, e de ter deixado os libros tentou viaxar a Nova España como xa se dixo.
Seu fillo Diego, que debía ser o máis vello, casou na casa con Magdalena de Guisande, filla de Domingo de Guisande o vello e Lucia de Framil, veciños de Brión, sendo os seus descendentes os moradores de Castrigo ata a actualidade. Súa irmá María casou con un irmán de Magdalena, Pedro de Guisande, establecéndose en Brión. Outras dúas irmás tamén se casaron con outros dous irmáns: Francisca e Cecilia de Castrigo casaron en 1668 con Joseph Gómez Barreyro e seu irmán Domingos, respectivamente, da Casa de Salaño das Cortes. Quizais por este matrimonio e influencia da súa familia política Joseph chegou a ser rexedor da xurisdicción de Altamira. Seu irmán estableceuse en Castrigo.
Outra irmá, Isabel de Castrigo, casa con Juan Vidal, veciño de Bugallido, establecéndose en esa parroquia.
Sen embargo, o irmán que mellor casorio tivo foi Antonio. Don Antonio de Castrigo Sanmamed Gómez Hortiz Pardiñas Villardefrancos, que é como se fai chamar en unha averiguación de limpeza de sangue de un sobriño seu, tiña deixado a casa paterna e establecerase en Santiago co oficio de prateiro de prata e ouro.
En realidade casou dúas veces, a primeira o 1 de agosto de 1672 con unha veciña de Brión, Dª Ana Romero de Moscoso, filla do capitán D. Juan Thome López de Prado e de Dª Juana Romero de Moscoso e Soutomaior. Esta Dª Juana podería ser descentente da Casa de Muíño, no partido de Muros, xentes que tiñan entre os seus ascendentes ós Moscoso, na época en que eran señores de Altamira, antes de chamarse condes. A dote a este matrimonio fíxolla o avó da noiva, que era o licenciado don Martín Romero de Moscoso e Soutomaior, clérigo de Brión.
Deste primeiro matrimonio tivo dous fillos xemelgos e unha filla. Un foi D. Jacinto de Castrigo Romero Moscoso de Soutomaior, rector que chegou a ser de Santo Tome de Ames. O outro chamouse Joseph e casou en San Martín de Liñaio con Dª Francisca Faxardo de Puga, filla dos señores do pazo de Reiboo, D Gregorio Faxardo de Reino e Dª Ana Sánchez de Ardeleiros, esta procedente do pazo de Lens. Este matrimonio tivo unha filla que casou en San Xoán de Barcala.
Este Joseph de Castrigo quedou viuvo ós poucos anos de casar, e decide meterse cura, conseguindo ser párroco de San Adrián de Vilariño, parroquia que recolle de mans do rector saínte que era D. Juan Gómez Barreiro, irmán de seu tío político das Cortes, e de mesmo nome.
Seu pai D. Antonio de Castrigo, casa en segundas nupcias con Dª María Núñez Varela, filla de Jacobo Núñez de Castro e de Isabel García Varela, veciños todos de San Miguel de Cora. Tiveron por filla a Dª Rosa Ignacia Núñez de Castrigo y Sanmamed, que pasados os anos casaría co avogado da Real audiencia o doutor D. Ignacio Pereira e Moscoso.
Antonio ó deixar Castrigo, non deixou os bens que recibira en herdanza de seu pai Gregorio, senón que llos aforou a seu irmán máis vello, a Diego. Este foro pasa a familia Pereira ata o mediados do s. XIX en que despois de varios preitos tiveron que ceder os bens ós que os traballaban o comprobarse que en realidade non eran seus. Xa no preito co conde o seu apoderado despoxará os Pereira de aquelas rendas, pero amañáronse para seguilas cobrando un século máis.

No hay comentarios:
Publicar un comentario