¿Quen o pasar pola estrada que vai a Sisalde non se preguntou a historia desta cruz?
A cruz da Revolteada no lugar de Sisalde
Hai xa moito tempo, quizais entre o século XIX e XX foi cando sucederon os feitos que deron lugar a esta cruz.
Na resaca dunhas festas parroquiais, non se sabe si nas patronais, nas da Virxe do Carme, ou nas de San Roque, que tamén se celebraba ou nas novas de Santa Filomena, houbo un altercado entre borrachos.
Debeu ser xa de madrugada pero quizais estivese provocado polas revalidades entre feligreses de outras parroquias, xa que por aquel entón ese tipo de conflitos era moi frecuente. O caso é que como resultado da pelexa un home de Bastavales resultou acoitelado e morto. Non se coñece ben o lugar dos feitos pero, debeu ser entre a igrexa e a fonte do Marco, nas Cortes, porque no nerviosismo que seguiu os feitos e o efecto da borracheira dos presentes decidiron botalo o cubo do muíño das Cortes.
De feito o morto parou alí. Pero cando empezaba a clarear o novo día, e en parte írense despexando, tiveron medo e sacárono do cubo do muíño e tentaron levalo cara a súa casa arrastro. Non chegaron moi lonxe, xa que a escasos metros de cruzalos limites entre As Cortes e Sisalde deixaron o cadáver alí.
Non se garda memoria dos autores do crime, nin que foi deles. Quizais fosen procesados ou fuxisen emigrando a América como se facía en aquel entón.
No lugar puxeron unha cruz, que hai anos tirou un coche nun acidente. Así permaneceu durante algún tempo ata que os veciños de Sisalde volveron a erguela.
Tratase de unha simple cruz de pedra moi desgastada, tendo o brazo superior máis pequeno que os horizontais. Semella que tiña unha sección octogonal pero foi perdendo as arestas. Estaba sobre un pedestal tamén de pedra, pero hoxe fíxoselle outro de cemento sobre aquel para amañala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario