Seguindo cos roteiros sobre as entradas do
blog, propoñemos un novo que nos leva dende a parroquia de Ortoño, ata a que
fora capital dos estados dun dos dominios máis extensos e poderosos na Maía: o
condado de Altamira.
Partiremos do lugar de Castrigo, pertencente a
Ortoño, para adentrarnos na parroquia veciña de Brión, a través do seu lugar de
Lamiño. En tempos as propiedades de Castrigo e Lamiño ían xuntas. Seguiremos
subindo por Brans de Abaixo e Gondar ata chegar a Pedrouzos onde se atopa a
capela de Santa Minia. Seguiremos subindo por Boimil e Quintáns ata chegar a
igrexa parroquial de Brión, e de alí seguiremos subindo ata Boaventura e a
Torre. Como se pode ver, este é un viaxe de ascenso. Na Torre atópanse os
vestixios da que foi fortaleza de Altamira, e centro neurálxico de aquel
estado. En realidade co paso do tempo foi deixando protagonismo ó pazo de
Trasouteiro que era onde estaba a administración condal.
Despois da Torre atravesaremos as fronteiras
parroquiais entre Brión e Trasmonte, ó norte para chegar a Leboráns onde se
atopa o pazo de ese nome. De alí iremos cara o leste a Portanxil e voltaremos
entrar en Brión por Aguiar e baixaremos de novo cara Castrigo.
Soamente son dez kilómetros.
Xa coñecemos a Torre de Altamira, pero indo en coche. Será interesante vela a pe! Graciñas polo roteiro, anótoo para o próximo fin de semana!
ResponderEliminar