Rexurdido
de novo o interese polos orixes familiares de Rosalía de Castro, logo do
recente descubrimento da primeira nova escrita sobre a paternidade da
escritora, creemos interesante achegarnos co motivo do 175 aniversario do seu
nacemento unha vez máis a escritora e a
súa vinculación con Ortoño.
É ben
coñecida a ascendencia de Rosalía, a certa e a suposta. Esta última vinculada a
Ortoño. Moitos non teñen dubida algunha da suposta, pero existen problemas, xa
que non existen probas documentais.
Durante
o s. XIX intentouse silenciar as orixes da escritora, pero a raíz da carta de Luís
Tobío, douse por descuberta e aceptada a paternidade de Rosalía. E con esta tamén
a tradición de que Rosalía permanecese en Ortoño ó lado dos seus parentes
paternos parte da súa infancia. Esta revelación feita en 1923, tempo en que
parece que todas estas cousas se tiñan esquecido, parece que en vida da
escritora era vox populi entre os seus contemporáneos e veciños de Padrón,
segundo nolo conta Álvarez de Ojeda no seu último traballo.
Algúns
autores defenderon que a hipótese da paternidade do cura Viojo, surxira dos
sobriños deste, ós cales coñecedores de aquelas historias que corrían por Padrón
e Santiago, atribuíronlle a paternidade ó seu tío sen ser real. Esta teoría sustentaríase,
sobre todo, en que non era tan raro na fidalguía da época bautizar fillos concibidos
fora do matrimonio con pais incógnitos e logo lexitimalos. Foi o que lle pasou
a prima de Rosalía, e o seu propio marido, pero o real é que Rosalía quedou sen
lexitimar. O rumor da paternidade do cura, intencionado ou non, si el non fora
o pai, poderíase entender convinte, pois en certo modo servía como un tabú para
escurecer e silenciar este tipo de sucesos.
Podería haber probas de
algo así. Quizais si ou quizais non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario