domingo, 21 de marzo de 2010

A posible pedra Formosa da Punxeira

As noticias que imos recompilando para formar a historia soen ser fragmentos illados que nos van chegando e cos que temos que traballar. Esto virase máis certo canto máis lonxe no tempo se desenvolveron os acontecementos.

Lavadorio do lugar de Punxeiras de Arriba

No lugar das Punxeiras de Arriba, o lado do lavadoiro restaurado da aldea, permanece dende antigo unha pedra con unha abertura semicircular a modo de porta de acceso a fonte ou rego de auga que nutre o lavadoiro. Esta é unha pedra moi vella, a vista da súa patina, na que na súa parte superior se conservan pequenas cavidades a modo de cazoletas, con un posible uso relixioso antigo. Esta pedra é moi semellante, salvando as distancias, as pedras fermosas asociadas a cultura castrexa do noroeste peninsular, como as da citania de Briteiros en Portugal.

Pedra Formosa de Briteiros

Estas pedras están asociadas a balnearios ou termas da época castrexa e incluso tamén durante a romanización. A pedra formaba parte de un conxunto de estancias cubertas con lousas onde se tomaban baños de vapor botando auga sobre pedras quentadas no lume previamente. A pequena apertura estaba pensada para que non se perdera moito calor. As pedras formosas soían recibir este nome por estar moi adornadas con motivos xeométricos, como a de Briteiros, en Guimaraes. Hai tamén quen afirma que estes conxuntos termais tiñan tamén algunha función relixiosa asociada a practicas de iniciación nos moi estendidos cultos antigos ós espíritos das augas
Esta outra que nos ocupa, a da Punxeira, ben podería ter sido unha peza de este tipo asociada a estas crenzas, e sen dubida asociada a poboación castrexa do Castro, a escasos 500 metros do lugar.





Posible pedra formosa da Punxeira


Hoxe en día a practica totalidade das cousas que chegaron a nos son os restos dos restos que quedaban xa na idade media, e que ante o descoñecemento foron reutilizados da mellor forma que se puido. Esta pedra, seguramente, puido estar en outro emprazamento, e ser despois utilizada para gardar a entrada a unha fonte, como se explicou en esta entrada, e incluso outras seren repicadas para ser a porta de un forno, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario