domingo, 28 de marzo de 2010

A visita


Anque o arcebispado mandaba periodicamente os visitadores as parroquias, en realidade a visita pastoral era propia dos arcebispos como pastores da diocese e, en outro tempo, tamén señores xurisdicionais.


Esta fotografía que, mostramos hoxe aquí, corresponde a unha visita do arcebispo D. Tomas Muñiz Pablos, de orixe andaluza e predecesor do cardeal Quiroga Palacios. Estamos por tanto ala polos anos corenta do século pasado. Hai que facer notar os detalles e fixarnos por exemplo na persoa do arcebispo para comprender algunhas cousas que co concilio Vaticano II cambiaron na Igrexa. Este cóbrese con bonete adornado de verde, color propio de bispos e arcebispos, trae tamén capa e sobre todo emprega bastón. O bastón era efectivamente o bastón de mando, símbolo de ser el a máxima autoridade na diocese e pertencerlle en propiedade.
Acompáñano 10 párrocos de aquel entón con outras persoas relevantes, unha muller e un garda civil que está ó fondo.

O lugar non é Ortoño, xa que no muro da esquerda hai un contraforte que a igrexa de Ortoño non ten. Sen embargo detrás da vexetación que o grupo ten a súas costas ábrese con profundidade un amplo paisaxe.


¿en que adro foi feita esta foto hai 70 anos? ¿Alguen coñece a algún dos presentes?

No hay comentarios:

Publicar un comentario