As parroquias de Boullón, Viceso e Óns.
Este é o mapa das parroquias de San Miguel de Boullón, Santa María de Viceso e o seu anexo Santa María de Óns. Todas elas eran da xurisdición da Maía, excepto o couto de Salaño, situado dentro da parroquia de Óns.
Os coutos eran lugares pechados e ben definidos que, por regra xeral, pertencían a un so dominio e onde exercía o seu señorío. O couto de Salaño, composto polas actuais aldeas de Salaño Grande e Salaño pequeno era do señorío do conde de Altamira, quen nomeaba xuíz e escriban, que neste caso viñan a selos mesmos que os da xurisdición de Altamira.
O resto de estas parroquias, como dixemos eran da xurisdición da Maía e por tanto do señorío dos arcebispos. Toda a parte leste de este territorio, e a oeste da parroquia de Boullón, está formada por un monte que permanece deserto de núcleos de poboación algunha e que dende antigo vense coñecendo por Rañalonga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario