Velaquí se presenta a fonte da rectoral de Ortoño. Está situada na eira da rectoral baixo un pallete, de xeito que permanece ó enxoito.
Carece de calquer adorno ou motivo arquitectónico, e non ten inscrición polo que non se pode saber cando se construeu, pero de todos os xeitos o máis probable e que date do século XVIII.
Corte esquemantico de unha mina de agua
Esta fonte e algunha máis están nutridas por augas que nacen en minas. E é que as prospeccións para extraer auga non se limitaron no pasado a escavar pozos ou canalizar fontes, senón que ademais empregouse o método de facer galerías horizontais para encontrar e explotar este recurso natural.
Esta practica desenvolveuse principalmente nos s. XVIII e XIX, e estaba asociada a casas importantes que buscaban satisfacer as súas demandas de auga sobre todo relacionadas ca rega do millo, cereal vido de América que tivo o seu auxe en ese período.
A vantaxe de facer unha galería era que se podía empezar no terreo de un pero chegar e profundizar no dos veciños. Pero sobre todo permitía internarse profundamente por debaixo da capa freática do subsolo encontrando un bo caudal para todo o ano, de xeito que fluiria soa sen ter que extraela a caldeiros, como nun pozo.
Na nosa parroquia aló menos existen dúas, unha en Carballido e outra no Santo
Entrada a unha mina de agua na parroquia de Santa María de Transmonte
No hay comentarios:
Publicar un comentario