viernes, 25 de diciembre de 2009

Festa na rectoral


Velaquí mostramos unha fotografía que enviara Miguel Rodríguez-Vila, sobre a familia Paramés García-Barros.
Desta volta trataríase de algunha comida na rectoral dada polo párroco por motivo de algunha festa na parroquia. A foto tirouse na eira da casa, véndose claramente ó fondo e arriba a galería que naquel entón non estaba cerrada.
En canto as persoas que aparecen nela soamente se coñecen con certeza ás tres xa mencionadas en outras fotografías. Trátase de José María Paramés García-Barros, á esquerda do sacerdote. O terceiro pola dereita é Carlos, o irmán do anterior, e o do centro, con corbata, é o primo dos anteriores, Daniel García García-Barros.
Do sacerdote non temos certeza pero podería ser D. José Sanmartin Chao, sobriño do anterior párroco D. José Sanmartin Coto.
Sobre a datación da instantánea poderíamos dicir que sería de principios da década dos 30, xa na república, a tenor da indumentaria do señor que esta detrás de Daniel García, que podería ser a dos carabineiros, tendo en conta sobre todo a ausencia de algún membro da benemérita.
As demais son xentes da parroquia, invitados do párroco, e tamén a xente que vivía na rectoral con el.



No hay comentarios:

Publicar un comentario