martes, 8 de diciembre de 2009

Os notarios da xurisdicción da Maía I

Hoxe coma no antigo réxime a profesión de notario, ou escríbano como se chamaba entón, soia ser moi ben remunerada e por tanto estes pertencían a unha clase social acomodada. Existía ademais un gran corporativismo entre os que a exercían xa que o acceso a profesión era practicamente imposible para aqueles que non pertencesen a familias de escribáns.
No caso da xurisdicción da Maía, parella a de Altamira dende o s. XVI, o oficio de escriban era unha concesión do señor, en este caso o arcebispo a unha determinada persoa, que ó longo do tempo a pasaría por herdanza os seus descendentes.
Para ser escriban da xurisdicción antes había que ser escriban real, e para eso había que entrar de aprendiz no oficio de un que estivese xa asentado. Os proxenitores ou titores do mozo facían un contrato co notario estipulando os honorarios anuais que percibiría o notario en concepto de aprendizaxe. Pasados varios anos o aprendiz pasaba a oficial de pluma, sendo el o que escribía a maior parte das escrituras, firmándoas o notario. Despois de ter probado a valía, pedíase ó Consello de Castilla, máximo órgano de goberno do estado no antigo réxime, titulo de escríbano real, e para o cal aportábase determinadas probas como ascendencia, pericia e sobre todo a necesidade de máis notarios. Obtido o visto bo obtíñase o título despois de pagar as taxas, que soían ser de 200 ducados. Deste xeito accedíase ó oficio de escriban e podíase exercer en calquera lugar. Pero o certo é que moitos escribáns emigraban cara terras onde a densidade de poboación fose considerable, xa que do contrario non había moito traballo sobre todo si xa había outros notarios.


Un xeito de prosperar aínda máis na profesión era acadar ser escriban de unha xurisdicción, coto, Cabildo ou concello. Deste xeito ademais do traballo que un puidera ter tamén levaría as escrituras e asentos xudiciais da súa xurisdicción, sexan preitos civís e criminais, titorías de menores, inventarios xudiciais post mortem, etc. Era difícil acabar de escriban de unha xurisdicción xa que había que ter moitos contactos, pertencer a determinadas familias, e sobre todo que o posto quedase vacante.


Sinaturas de tres escribáns en un documento de información para acceder o grao de escribano Real de Su Magestad.
Ano 1786

No hay comentarios:

Publicar un comentario