sábado, 25 de agosto de 2012

Un antigo lugar: Ribas de mar.




Xa en algunha ocasión falouse de este lugar tan enigmático, do que non se dou topado a súa ubicación.
Como outros nomes de lugares este indica cercanía. Así os topónimos coma Ribadulla, Ribadumia, Ribadeo, Ribasar, falan dun lugar achegado o cauce de un río. No caso de Ribas de mar, dísenos que estamos ó carón de algo tan xenérico e pouco especifico coma o mar. E sen embargo, non se atopan por ningún lugar da costa ningún topónimo coma este.
Del tiñamos novas polo xa sabido libro primeiro da cofradía de San Antonio e San Roque, que fora fundada ala polo ano de 1696. Daquela aparecen os primeiros cofrades agrupados polos lugares da parroquia onde moraban. Descubríase que non aparecía ningún veciño de Castrigo nin do Instrumento, pero si o tal Ribas de Mar. Este dato fíxonos sospeitar que o Instrumento podía ser Ribas de Mar, xa que esta a carón do río Sar, ou sexa da auga.
O Instrumento, desvelouse como un asentamento dentro do lugar de Lapido, que correspondía a unha concordia dos veciños do lugar plasmada por escrito, ou sexa nun instrumento.
Aquel acordo debeuse dar na segunda metade do século XVII. Pero parece ser que hai novas que falan de Ribas de Mar xa primeiros do XVI. Máis concretamente, descubríronse documentos que falan dun lugar con ese nome na veciña parroquia de Santa María dos Ánxeles. Fora de Ortoño ou dos Ánxeles, preguntámonos a que se lle podía chamar mar nestas dúas parroquias da Maía.
Mar propiamente non, pero un mar intermitente si. O curso do río Sar ó chegar a ponte da Condomiña, torce ó sur cara Padrón e ata adentrarse ben na parroquia de Bastavales, discorre por unhas agras completamente chans con unha mínima pendente. Cando chove moito o río tende a desbordarse e anegar as agras ocasionando o que na bisbarra se lle chaman as cheas. Deste xeito as agras quedan cheas de auga parecéndose a un mar, onde moitas especies de aves migratorias recalan no inverno. É posible que este sexa o mar de Ribas de Mar.

http://www.terrasdesantiago.com/img/noticias/20100105/tiep7f03272532_327141.jpg

Deste xeito o lugar dos Ánxeles que máis achegado esta, e que moitas veces sufre estas mesmas inundacións é o Rial. Poida que o Rial fose o interesante Ribas de Mar, pero aínda así queda a hipótese de que tivera outro emprazamento e co tempo se deshabitara e esquencera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario